Centro Social Afundación Vigo

O Centro Social Afundación Vigo (anteriormente Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Vigo e antes Centro Social Caixanova de Vigo) é un edificio multifuncional inaugurado o 23 de xuño de 2003,[1] no que se realizan exposicións ou eventos de entidades tanto públicas coma privadas, así como organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do Centro. O CSC aposta pola asistencia social, o apoio aos sectores produtivos, a difusión da tecnoloxía, a extensión da sociedade do coñecemento, o desenvolvemento económico, a formación, a conservación e protección do ambiente, a cultura e o fomento do emprego.[2]

Centro Social Afundación Vigo
Centro Social Caixanova
Coordenadas42°14′14.56″N 8°43′19.71″O / 42.2373778, -8.7221417Coordenadas: 42°14′14.56″N 8°43′19.71″O / 42.2373778, -8.7221417
PaísFlag of Galicia.svg Galicia, España
CidadeVigo
Inauguración23 de xuño de 2003
Sitio WebCentro Social Afundación Vigo

O edificio

Lateral do Centro Social Caixanova de Vigo
Fachada da rúa Policarpo Sanz.

O Centro Social Afundación atópase na Casa Bárcena ( r/ Policarpo Sanz, 24 e 26, esquina coa r/ Velázquez Moreno, 20), histórico inmoble do centro vigués erixido a finais do século XIX. O edificio, de estilo eclecticista, foi erixido polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez, incursor do movemento modernista en Vigo.

A Casa Bárcena (orixinalmente chamada "Sete casas para particulares")[3] foi construída entre 1879 e 1884 para o Conde de Torrecedeira, Manuel Bárcena Franco, quen pretendía que o edificio fose "a máis grandiosa obra civil da época".[4]

O inmoble consta de dúas fachadas con catro andares e con corpos saíntes no centro. A Casa Barcena está realizada en granito e destaca pola súa rica decoración e ornamentación realizada segundo o gusto da burguesía da época, desexosa de edificios de arquitectura ecléctica que reflectisen o seu poder e prestixio social.

A Casa Bárcena constitúe a primeira grande obra do arquitecto vigués na súa vila natal, tralo seu remate, o arquitecto realizaría algúns dos máis fermosos edificios da cidade que datan desta época.

No ano 1928 o inmoble foi mercado pola Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, entidade que o ocuparía ata 1955. En 1955, co traslado da Caixa, o edificio sería alugado, sendo empregadas algunhas das súas salas para exposicións.

No ano 2003 a entidade bancaria Caixanova rehabilitouno, converténdoo na súa sede social. Coa rehabilitación creouse un xardín interior co fin de proporcionar luminosidade a tódolos andares do inmoble. Na súa construción mesturouse o granito con grandes cristaleiras e pezas escultóricas, ademais do xardín foille engadida unha cuberta superior.

Salas de exposicións

As salas de exposicións da Colección Afundación (de 3.000 m²) acollen, segundo os expertos, a mellor colección de arte galega do mundo. Os fondos da colección ascenden a 4.000 obras, das cales se expoñen 120 delas organizadas nun percorrido de forma didáctica, desde a arte galega do século XIX até os nosos días.

Tres zonas de exposición dedícanse a mostras temporais procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. Tamén se expoñen nestas salas exposicións de divulgación científica ou etnográfica e percorridos artísticos, novidosos ou consagrados, nunha firme aposta pola calidade creativa.

O centro dedica catro espazos a aulas de formación e obradoiros de creatividade.

Naturnova

A exposición Naturnova consta de 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera, O Home e O Medio. Este Centro Interactivo de Educación Medioambiental responde á preocupación polo impacto ambiental e a conservación dos ecosistemas.

Auditorio

O auditorio ten unha capacidade para 360 persoas e está equipado con sistemas de última tecnoloxía. A sala de conferencias ten unha capacidade para 122 persoas. As salas de reunións están dispoñibles para empresas ou entidades que queiran celebrar os seus actos institucionais, cunha capacidade que oscila entre as 10 e as 22 persoas, e están así mesmo equipadas con equipos audiovisuais.

Salón de recepcións

O salón de recepcións ten a finalidade de ser o marco para as recepcións dos eventos que se organicen no centro.

Instituto de Desenvolvemento

O Instituto de Desenvolvemento creouse co obxectivo de potenciar os sectores produtivos galegos e a creación de emprego (www.idcaixanova.com).

Área de Novas Tecnoloxías

A Área de Novas Tecnoloxías foi creada para a formación e o fomento das novas ferramentas tecnolóxicas.

Centro de Iniciativas Sociais

O Centro de Iniciativas Sociais está dedicado á teleasistencia, promoción do voluntariado, inclusión social, desenvolvemento integral da infancia e xuventude, atención ás persoas maiores etc.

Centro de Difusión Tecnolóxica

O Centro de Difusión Tecnolóxica que lles ofrece preparación ás empresas para aproveitar con éxito as continuas innovacións tecnolóxicas, os novos métodos de traballo e os avances nas comunicacións.

Notas

  1. "Los Reyes reúnen a la sociedad gallega en la inauguración del Centro Social Caixanova" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 23/6/03 (en castelán).
  2. Centro Social Novacaixagalicia de Vigo Concello de Vigo.
  3. Casas de Manuel Bárcena (Centro Social Caixanova) Arquitectura y Urbanismo de Vigo.
  4. Jenaro de la Fuente y Domínguez Arquitectura y Urbanismo de Vigo.
Casa (homónimos)

Casa pode referirse a:

Casa, unha construción destinada a vivenda;

Casa circular, a desta forma, característica de civilizacións antigas;

Casa de indianos, a promovida en Galicia por emigrantes en América con éxito;

Casa reitoral, a asignada pola Igrexa ao sacerdote dunha parroquia;

Casa señorial, na que residiu a persoa que lle deu nome a unha liñaxe;

Casa grande, un tipo de casa señorial;

Casa, cada un dos cadros dun taboleiro de xadrez;

Colección Afundación

A Colección Afundación, anteriormente Colección Novacaixagalicia e antes Colección Caixanova, é unha colección artística de Afundación, obra social de Abanca, a mellor colección privada de arte galega.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Jenaro de la Fuente Domínguez

Non confundir con Jenaro de la Fuente Álvarez (1891-1963), o fillo.Jenaro de la Fuente Domínguez, nado en Valladolid o 19 de setembro de 1851 e finado en Vigo o 21 de agosto de 1922, foi un arquitecto de facto e militar español que desenvolveu a súa actividade en Vigo.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.