Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

La Chacarita Cemetery-Centro Gallego's building
Panteón do Centro Gallego no cemiterio de La Chacarita

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
A derradeira leición do mestre

A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Gallego de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.O 2 de outubro de 2018 o cadro chegou a Galicia por vez primeira co gallo da exposición Castelao maxistral da Cidade da Cultura de Galicia, que foi aberta ó público o 5 de outubro. O cadro estará en exposición en Galicia, xunto con outras 92 pezas de Castelao, até o 3 de marzo de 2019.

Adiós, María

Adiós, María é a única novela de Xohana Torres, publicada por primeira vez en 1971 por Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires.

Alba de Groria

"Alba de Groria" é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 no Centro Gallego de Buenos Aires.

Alberto Vilanova

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Céltiga (revista)

Céltiga foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires, Arxentina, entre 1924 e 1932.

Ediciones Galicia

Ediciones Galicia foi unha editorial galego-arxentina, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Galicia (Buenos Aires)

Galicia é unha revista que comezou a editarse en Buenos Aires en 1913.

Galicia como tarea

Galicia como tarea é un ensaio de Valentín Paz-Andrade, escrito en Vigo entre xuño e xullo de 1957 e marzo e abril de 1958 e publicado en 1959 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

O orixinal titulábase "Galicia en números vivos". Posiblemente o título definitivo llo puxo Luís Seoane, responsable de Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

ONCE

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é unha entidade de Dereito Público de carácter social e democrático sen ánimo de lucro que ten o propósito fundamental de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais de toda España.

Pranto matricial

Pranto matricial é un poemario de Valentín Paz-Andrade, escrito en 1954 e publicado en 1955 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Premio Galicia 1970

O Premio Galicia 1970 foi organizado polo Centro Gallego de Buenos Aires, principal institución galega na Arxentina, implicada en varias tarefas sociais, entre elas a cultural, tentando promover a cultura galega entre os emigrantes galegos. Neste ámbito, o Centro convoca certames en diferentes categorías, como por exemplo o premio de novela Galicia 1970, celebrado unicamente nese ano, cunha intención de consagración da gañadora.

Premio Ánxel Casal

O nome de Premio Ánxel Casal pode referirse a dous certames literarios:

Premio Ángel Casal, promovido polo Centro Gallego de Buenos Aires en 1954.

Premio Literario Ánxel Casal, convocado polo Concello de Santiago de Compostela entre 1996 e 2011;

Premios Ánxel Casal da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores.

Real Coro Toxos e Froles

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Rodolfo Prada

Rodolfo Prada Chamocín, nado nos Peares (A Peroxa) o 28 de agosto de 1892 e morto en Buenos Aires o 3 de novembro de 1980, foi un destacado persoeiro do galeguismo na Arxentina e presidente do Centro Gallego de Buenos Aires.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.