Centro Ecuestre de Antela

O Centro Ecuestre de Antela abrangue unha serie de instalacións, dependentes da Deputación Provincial de Ourense, situadas no concello de Sandiás, no antigo predio da lagoa de Antela.

Coordenadas: 42°06′05″N 07°43′00″O / 42.10139, -7.71667

Hantela
Carreira no hipódromo, coa Torre da Pena da Portela ao fondo.
Hantelac
Chegada de Moonlight e Parade Ground.
Carreiras de cabalos no Hipódromo de Antela
Seguemento das carreiras por parte da xente.

Características

Estas instalacións están centradas no fomento da cría cabalar (programa de cría integrado), da formación relacionada co mundo do cabalo (non só os xinetes, senón tamén a profesionais como técnicos en manexo, ferradores, albardeiros etc.).

Estas instalacións contan cunha pista de velocidade (sendo coñecida baixo a denominación de Hipódromo de Antela), de 1.400 metros de longo por 20 de ancho, bancada para público e cun picadeiro de dimensións olímpicas. Nela realízanse xornadas de carreiras, nas que se comprobou o seu excelente comportamento. Por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España.

Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro é o adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia.

Carreiras en 2018

O programa de carreiras que se celebrarán no hipódromo de Antela inclue 5 datas:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galería de imaxes de Sandiás

Galería de imaxes do concello de Sandiás na provincia de Ourense.

Hipódromo

O hipódromo (do grego ιππος ,hippos= "cabalo", e δρομος, dromos = "estrada") é un recinto pechado destinado ás carreiras de cabalos.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Xosé Cid Menor

Xosé Cid Menor, nado en Santa Cruz da Rabeda (San Cibrao das Viñas) o 4 de agosto de 1946, é un escultor galego.

Cabalos en Galicia
Centros:
Competicións:
Rapa das bestas:
Outros artigos:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.