Central térmica de Meirama

A central térmica de Meirama é unha central térmica de produción de enerxía eléctrica situada no concello de Cerceda. Pertence ao grupo Gas Natural Fenosa e ten unha capacidade instalada de arredor de cincocentos megavatios (563 MW segundo as últimas informacións da empresa).

A central construíuse aproveitando uns xacementos de lignito xa practicamente esgotados. Este lignito de moi mala calidade, baixo poder calorífico e moitos residuos, entre eles materias sólidas que desgastaban os muíños por atrito e xofre que provocaba moita contaminación, foi sendo paulatinamente substituído por hulla de Wyoming.

A central produce enerxía queimando carbón para producir vapor que fai xirar tres turbinas.

Central Térmica Meirama
Central térmica de Meirama

Situación

Está situada na parroquia de Meirama, no concello de Cerceda, no límite cos concellos de Ordes e Carral. As instalacións, situadas a 412 m sobre o nivel do mar, ocupan unha extensión de 42 ha. A elección do emprazamento foi levada a cabo pola proximidade do xacemento de lignito pardo que serviu inicialmente de combustible da central.

Maquinaria

A central conta cun xerador de vapor (fabricado por Balcke - Dürr e Babcock & Wilcox Española), un circuíto de refrixeración, e un turboalternador (construído por Brown Boveri e La Maquinista Terrestre y Marítima de Barcelona), cunha capacidade de xeración de até 563 MW. A súa construción levouse a cabo entre 1976 e 1980, sendo o seu primeiro acople á rede en outubro de 1980. Desde a data de arranque xerou unha media de 2 941 000 Mwh por ano, acadando unha produción máxima no ano 2000 con 3 724 507 Mwh.

Na actualidade na central leváronse a cabo unha serie de reformas para utilizar, ademais do lignito pardo, combustibles coma a hulla bituminosa e hulla subbituminosa.

Edificio principal

Consiste nunha nave metálica de 79,9 de longo e 44,5 m de ancho. Na planta baixa están situadas as turbobombas de auga de alimentación, bombas de condensado, compresores, cabinas de 10 KV, condensador e o equipo de purificación de condensado. Na primeira planta están o tanque de almacenamento de condensado, as bombas de baleiro, o sistema de excitación e regulación de tensión do alternador, o centro de control de motores, a sala de cadros de distribución e a sala de baterías. Sobre esta planta hai unha serie de plataformas con diversos equipos auxiliares, quentadores e válvulas.

Na segunda planta está o turboalternador, os armarios de barras, a sala de control e a sala electrónica. Dispón dunha ponte-guindastre Thomas de 150 toneladas e luz entre eixos de carriles de 32,5 m. A terceira planta inclúe o equipo de ar acondicionado e o laboratorio químico.

Nas zonas anexas ao edificio principal están os tres transformadores monofásicos de saída de máquina Westinghouse 19/220 kV de 227 000 kVA cada un, o transformador auxiliar Westinghouse 19/10 – 6,6 kV de 75 000 kVA, e o trasformador de arranque Westinghouse 220/10 – 6,6 kV de 75 000 kVA.

Zona de caldeira

Entre o edificio principal e a caldeira vai instalada unha torre para os ascensores, que serve á súa vez como apoio para as tubaxes que unen a caldeira coa turbina.

Desde o parque de almacenamento aliméntanse mediante cintas 8 moegas de lignito dispostas a ambos os dous lados da caldeira en dous grupos de 4.

Na parte oeste, paralelamente ás moegas de lignito, está situado un edificio con 2 moegas de hulla na parte alta e 2 muíños de hulla na parte baixa. Entre a caldeira e a cheminea están situados os ventiladores e o precipitador electrostático.

Caldeira

A caldeira é de circulación forzada, tipo Benson, sen caldeirín, de paredes acuotubulares, fogar equilibrado e requecemento intermedio. Está colgada do teito a través de ancoraxes soporte e xogos de resortes de disco, e desde alí a través de columnas ao fundamento, podéndose dilatar libremente cara a abaixo.

Está construída en forma de torre, coas paredes da cámara de combustión constituídas por tubos en espiral, até chegar á zona en que se sitúan os sobrequecedores e requecedores, onde os tubos se fan verticais.

O ar necesario para a combustión é aspirado da intemperie por dous ventiladores axiais de tiro forzado, cunha capacidade de 460 m³/s, que o impulsan a través de dous prequecedores rexerativos tipo Ljungström, compostos por unha serie de chapas onduladas, cunha superficie de 48 850 m², onde absorben calor dos gases de combustión que abandonan a caldeira cara aos precipitadores electroestáticos.

A auga de alimentación entra na caldeira a través do economizador, situado na zona máis elevada do tiro da caldeira. Baixa desde aquí á parte inferior do fogar e inicia un percorrido ascendente a través dos tubos en espiral que constitúen as paredes do recinto. Nela prodúcese o quecemento á temperatura de evaporación e a evaporación mesma. Posteriormente o vapor vai aos separadores de humidade nos que se produce a separación da mestura auga-vapor para cargas inferiores ao 35 %. De aquí pasa ao sobrequecedor primario situado na zona de convección e ao sobrequecedor final situado na zona de radiación, nos que adquire a temperatura de servizo.

Para controlar esta temperatura utilízanse temperadores situados nas tubaxes de entrada a cada un dos sobrequecedores. O vapor sae do sobrequecedor final á presión e temperatura de servizo cara á turbina, onde expansiona e regresa outra vez á caldeira para elevar novamente a temperatura nos requecedores primario e secundario situados na zona de convección e radiación respectivamente. Entre eles existen temperadores de emerxencia, xa que a temperatura final do vapor requentado é controlada por recirculación de gases. Para vencer as resistencias no percorrido dos fumes, están dispostos, a continuación dos precipitadores, dous ventiladores axiais de tiro inducido.

Os fumes de recirculación para a regulación de temperatura de vapor requentado extraense antes da entrada aos ventiladores de tiro inducido e impúlsanse mediante dous ventiladores radiais á cámara de combustión.

Existe un pequeno calderín (botella de arranque) e dúas bombas de recirculación usadas para cargas inferiores ao 35 %.

Cheminea

Central Térmica Meirama 04

Para asegurar a dispersión dos contaminantes á atmosfera, a central dispón dunha cheminea de 200 m de altura, cun diámetro de 18 m na base e 11 m na coroa. Leva un fuste exterior de formigón e un conduto interior de ladrillo refractario, entre os que se encontra unha zona visitable para a inspección, con iluminación interior e balizamento en cinco niveis, accesibles desde a cámara interior visitable.

Foi construída cunha velocidade elevada de saída de gases para mellorar a sobrelevación do penacho de fumes.

Almacenamento de combustible

A central dispón de diversos habitáculos para os diferentes combustibles:

  • Gasóleo para arranques: Tres tanques subterráneos de 50 000 l e un aéreo de 100 000 l.
  • Fuel-oil para arranques e apoio: Dous tanques de 8000 toneladas cada un.
  • Lignito: Un parque cuberto con capacidade de 260 000 toneladas, propiedade de Limeisa, e 8 moegas de consumo de diario cunha capacidade de 500 toneladas cada unha.
  • Hulla subbituminosa: É acumulada e mesturada co lignito no parque de Limeisa.
  • Hulla Bituminosa: Un parque con capacidade de 200 000 toneladas e 2 moegas de consumo diario cunha capacidade de 650 toneladas cada unha.

Turbina

A turbina, cunha capacidade de produción de 563 MWh, consta de catro cilindros en tándem, un de alta presión de fluxo único, un de media presión de duplo fluxo, e dous de baixa presión de duplo fluxo que evacúan a un condensador.

A entrada de vapor á turbina de alta presión ten 174 bar de presión a 538 °C. O vapor sae da turbina de alta presión a 50 bares e 350 °C, sendo requentado de novo na caldeira a 538 °C antes de entrar na turbina de media presión.

Sistema de auga de circulación

Este sistema é utilizado para condensar o vapor de escape da turbina. Consiste nun circuíto pechado composto dunha torre de refrixeración de tiro natural e dúas bombas que impulsan a auga contida na cántara da torre de enfriamento a través dos tubos do condensador, e retorna á torre para caer en forma de finas gotas á devandita cántara.

A auga que circula por este sistema extrae a calor do vapor de escape da turbina, condensándoo. Esta calor cedida á auga de circulación é enviada á atmosfera na torre de refrixeración de tiro natural. A auga de circulación é impulsada por bombas de tipo 65 APH, verticais e en etapa única, cunha capacidade de 18 168 m³/h e 1,6 bares de presión de descarga.

A torre de refrixeración está construída cunha lámina hiperbólica de formigón armado de 108 m de altura e 48 m de diámetro na marxe superior, 71,8 m na marxe inferior e 45,5 m na marxe máis estreita, cun espesor da lámina entre 0,7 e 0,15 m. A lámina é soportada por 27 diagonais duplas de apoio de 60/60 cm localizadas nunha cántara de 12 000 m³ de capacidade.

Proxecto Fausto

O Proxecto Fausto aborda a adaptación da caldeira Central Térmica de Meirama para a utilización de hulla importada, cun maior poder calorífico e unha maior calidade ambiental que o lignito pardo, así como a construción dunha liña de ferrocarril para facilitar o transporte do carbón desde o porto da Coruña até a Central.

Coa avaliación e comparación dos impactos ambientais asociados á produción de enerxía entre a situación actual e futura mediante a metodoloxía de Análise de Ciclo de Vida, conseguirase unha diminución dun 50 % na xeración de residuos, dun 20 % da emisións de CO2, do 74 % de SO2, do 50 % de NOx e do 50 % de cinza e escoura. A redución no conxunto das categorías de impacto ambiental será do 45 %[Cómpre referencia].

Peche

A comezos do 2018 rematou de encherse o lago que ocupa o lugar da antiga mina de carbón, xa esgotada.[1] A falta de inversión para a redución da contaminación abocan á central ó peche para xuño de 2020.[2]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Meirama.
Central Térmica Meirama 02

Cheminea e torre da central térmica.

Central Térmica Meirama 03

Cheminea da central térmica.

Incineradora de Sogama

Incineradora de Sogama.

Notas

  1. "El lago de As Encrobas ya rebosa vida". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-10. Consultado o 2019-01-17.
  2. "Adiós a Meirama, un icono industrial de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-16. Consultado o 2019-01-17.
Central térmica

Unha central térmica ou central termoeléctrica é unha instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor, normalmente mediante a combustión dalgún combustible fósil como petróleo, gas natural ou carbón. Esta calor é empregado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. Doutra banda, tamén existen centrais termoeléctricas que empregan fisión nuclear do uranio para producir electricidade, estas instalacións reciben o nome de centrais nucleares.

Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Choiva ácida

A choiva ácida ou chuvia ácida caracterízase por un pH inferior a 4,5 por conter ácidos, orixinados polo xofre proveniente das impurezas da queima dos combustíbeis fósiles e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno, os cales difunden pola atmosfera e reaccionan coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

As choivas normais teñen un pH de aproximadamente 5,6, que é levemente ácido. Esa acidez natural é causada pola disociación do dióxido de carbono na auga, formando o ácido carbónico, segundo a reacción:

Conflito das Encrobas

O conflito das Encrobas foi un conflito social que tivo lugar en 1977, logo de seren expropiadas as terras das Encrobas para a explotación das minas de lignito e para a instalación da central térmica de Meirama.

Galería de imaxes de Cerceda

Galería de imaxes do concello de Cerceda na provincia da Coruña.

Lista de centrais térmicas de España

As centrais térmicas en España producen aproximadamente a metade da xeración española de enerxía eléctrica. O seguinte lista contén as centráis termoeléctricas en activo segundo datos de Red Eléctrica Española, a empresa distribuidora de electricidade.

Meirama, Cerceda

Santo André de Meirama é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Cerceda. Segundo o IGE en 2013 tiña 412 habitantes (206 mulleres e 206 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 502 habitantes.

Nesta parroquia non está situada a central térmica de Meirama (está na parroquia das Encrobas).

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Requeixo, Chantada

Santiago de Requeixo é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. No ano 2011 tiña 166 habitantes km², segundo datos do INE e do IGE, dos que 84 eran homes e 82 eran mulleres.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.