Central térmica das Pontes

A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976. Consta de catro grupos de xeración de enerxía de 350 MW cada un, os cales se agruparon nun só grupo de 1400 MW entre os anos 1976 e 1979.

Orixinalmente deseñada para consumir exclusivamente o lignito local extraído da mina, a central foi adaptada entre os anos 1993 e 1996 para consumir unha mestura de lignito e carbón de importación en proporcións do 50%-50%.

O parque de carbóns da central ocupa unha superficie de 10 Ha, o equivalente a 12 campos de fútbol. A súa capacidade de almaceamento é de 250.000 toneladas.

A cheminea da central ten unha altura de 356 m, cun diámetro na base de 36 m e 18 m no pico, sendo unha infraestrutura única no mundo[Cómpre referencia]. Aparece no Libro Guinness dos Récords como a cheminea de maior volume de todo o mundo, e é a segunda cheminea máis alta de Europa.

A planta de tratamento de efluentes líquidos (Planta T.E.L.) depura a auga procedente da mina, da escombreira, da central e do parque de carbóns. A planta está deseñada para tratar caudais de auga que poden oscilar entre 0,45 e 30 m3/s.

Actualmente[cando?] a central está sufrindo un proceso de adaptación ó maior poder calorífico da hulla debido á fin da extracción do lignito na mina local. Atópase en fase de probas outra central térmica de ciclo combinado que usa o gas coma combustible e produce de 800 MW de potencia entre as súas tres turbinas: dúas de gas e unha de vapor. O vapor que utiliza esta última prodúcese aproveitando a calor dos gases de escape das turbinas de gas.

Coordenadas: 43°26′26″N 7°51′45″O / 43.44056, -7.86250

Térmica das Pontes
Central térmica As Pontes Gª Rodriguez, Galicia (Spain)
Central Térmica das Pontes de García Rodríguez
TipoSociedade Anónima
Fundación1972/76
MatrizEndesa
LocalizaciónAs Pontes de García Rodríguez A Coruña Galicia Galicia
IndustriaEnerxía
Páxina webendesa.es

Datos Técnicos

Xerador de vapor

Central termica endesa 02
Torre de refrixeración da central.
  • Fabricante: Foster Wheeler Corporation
  • Circulación natural, tipo torre
  • Combustión tanxencial
  • Produción de vapor: 1.091 TM/h
  • Presión do calderín: 183 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 540 °C
  • Presión vapor requentado: 40,5 kg/cm²
  • Temperatura vapor requentado: 540 °C

Turbina

  • Fabricante: Mitsubishi Heavy Industries
  • Potencia: 350 MW
  • Velocidade: 3000 r.p.m.
  • Presión vapor sobrequentado: 169 kg/cm²
  • Presión de escape: 0,069 kg/cm²
  • Temperatura vapor sobrequentado: 538 °C
  • Temperatura vapor requentado: 538 °C

Alternador

  • Fabricante: Westinghouse
  • Potencia nominal: 369 MVA
  • Potencia activa nominal: 350 MW
  • Intensidade nominal: 11.836 A
  • Tensión nominal: 18 kV
  • Factor de potencia: 0,95
  • Refrixerado por hidróxeno: 4,22 kg/cm²
  • Excitatriz: tipo brushless

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Central térmica das Pontes
Endesa-Termic

Central Térmica das Pontes

Térmica das Pontes1
Térmica das Pontes2
Central Termica Endesa As Pontes
As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Central térmica

Unha central térmica ou central termoeléctrica é unha instalación empregada para a xeración de enerxía eléctrica a partir da enerxía liberada en forma de calor, normalmente mediante a combustión dalgún combustible fósil como petróleo, gas natural ou carbón. Esta calor é empregado por un ciclo termodinámico convencional para mover un alternador e producir enerxía eléctrica. Doutra banda, tamén existen centrais termoeléctricas que empregan fisión nuclear do uranio para producir electricidade, estas instalacións reciben o nome de centrais nucleares.

Cheminea

Unha cheminea ou fumeira é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de caldeiras, quentadores, estufas, fornos, fogóns ou lareiras á atmosfera. Atópanse en vivendas, locomotoras, factorías, barcos etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Galería de imaxes das Pontes de García Rodríguez

Galería de imaxes do concello das Pontes de García Rodríguez na provincia da Coruña.

Ignacio Echeverría

Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñecido por enfrontarse aos terroristas do Atentado de Londres de xuño de 2017.

Imenosa

Imenosa (Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A.) é unha empresa galega do metal.

Lago das Pontes

O lago das Pontes de García Rodríguez, tamén chamado lago das Pontes é un lago artificial de 865 ha de superficie, situado no concello das Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). O lago creouse a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, da que se tiraba lignito para fornecer a Central térmica das Pontes de García Rodríguez.

O lago artificial creado por Endesa para encher o foxo da mina das Pontes finalizouse en abril de 2012. Ten unhas dimensións de 5 quilómetros de longo e unha profundidade máxima de 206 metros. Para o seu enchido empregáronse as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións.

Lista de centrais térmicas de España

As centrais térmicas en España producen aproximadamente a metade da xeración española de enerxía eléctrica. O seguinte lista contén as centráis termoeléctricas en activo segundo datos de Red Eléctrica Española, a empresa distribuidora de electricidade.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Quecemento global

O quecemento global é un incremento no tempo da temperatura media da atmosfera terrestre e dos océanos. A teoría do quecemento global postula que a temperatura se elevou desde finais do século XIX debido á actividade humana, principalmente polas emisións de dióxido de carbono que incrementaron o efecto invernadoiro. A teoría predí, ademais, que as temperaturas continuarán subindo no futuro se continúan as emisións de gases de efecto invernadoiro.

A denominación "quecemento global" xeralmente implica a actividade humana. Unha denominación máis neutral, cambio climático, utilízase normalmente para designar calquera cambio no clima, sen entrar en discusións sobre a súa causa. En cambio para indicar a existencia de influencia humana, ás veces emprégase o termo cambio climático antropoxénico.

Frecuentemente a discusión céntrase na temperatura, pero o quecemento global ou calquera tipo de cambio climático implican cambios noutras variables: as precipitacións globais e os seus patróns, a cobertura de nubes e todos os demais elementos do noso sistema atmosférico veranse afectados pola diminución da emisión de radiación infravermella cara ó espazo, debido ós cambios nas concentracións de gases de efecto invernadoiro no ambiente.

O corpo multigobernamental e científico encargado da súa análise global é o IPCC (siglas en inglés do Inter-Governmental Panel on Climate Change, o Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático). Unha das súas liñas de acción máis visibles é o Protocolo de Quioto, que promove unha redución de emisións contaminantes (principalmente gases de invernadoiro) por parte dos países industrializados.

Río Eume

O río Eume é un río galego. Nace na xunta dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 m. O nacemento está localizado na parroquia de Montouto, no concello lugués de Abadín, aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da Balsa, no concello veciño de Muras a 880 m. O seu percorrido de 80 km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo esteiro que en marea baixa forma unha illa coñecida como As Croas, de gran valor marisqueiro e ecolóxico. Finalmente desemboca na Ría de Ares, no Golfo Ártabro, entre os concellos coruñeses de Pontedeume e Cabanas dos que é a súa fronteira natural.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.