Central hidroeléctrica

Unha central hidroeléctrica é aquela que se utiliza para a xeración de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da enerxía potencial da auga represada nun encoro situado a nivel máis alto que a central.

A auga é conducida mediante unha tubaxe de descarga á sala de máquinas da central, onde mediante enormes turbinas hidráulicas se produce a xeración de enerxía eléctrica.

Krasnoyarsk hydroelectric station
Central hidroeléctrica

Características

As dúas características principais dunha central hidroeléctrica, desde o punto de vista da súa capacidade de xeración de electricidade, son:

  • A potencia, que é función do desnivel existente entre o nivel medio do encoro e o nivel medio das augas debaixo da central, e do caudal máximo, ademais das características da turbina e do xerador.
  • A enerxía garantida, nun lapso de tempo determinado, xeralmente un ano, que está en función do volume útil do encoro e da potencia instalada.

A potencia dunha central pode variar desde uns poucos MW (megavatios) ata miles. Cando é menor de 10 MW se consideran minicentrais. En Paraguai e Brasil atópase a maior central hidroeléctrica do mundo, o encoro de Itaipú que ten unha potencia instalada de 14.000 MW en 20 turbinas de 700 MW cada unha.

Tipos

Desde o punto de vista da súa concepción arquitectónica, as centrais poden ser clasificadas en:

  • Centrais ao aire libre, ao pé da presa, ou relativamente afastadas desta, e conectadas por medio dun encanamento en presión
  • Centrais en caverna, xeralmente conectadas ao encoro por medio de túneles, encanamentos en presión, ou pola combinación de ambas formas.

Desde o punto de vista de como utilizan a auga para a xeración, pódense clasificar en:

  • Centrais a fío de auga, tamén denominadas centrais de auga fluinte ou de pasada. Utilizan parte do fluxo dun río para xerar enerxía eléctrica. Operan en forma continua porque non teñen capacidade para almacenar auga, non dispoñen de encoro. Turbinan a auga dispoñible no momento, limitada á capacidade instalada. Nestes casos as turbinas poden ser de eixe vertical, cando o río ten unha pendente forte, ou horizontal cando a pendente do río é baixa.
  • Centrais axustadas a un ou máis encoros. É o tipo máis frecuente de central hidroeléctrica. Utilizan un encoro para reservar auga e ir graduando a auga que pasa pola turbina. É posible xerar enerxía durante todo o ano se se dispón de reservas suficientes. Requiren un investimento maior.
  • Centrais mareomotrices. Utilizan o fluxo e refluxo das mareas. Poden ser ventaxosas en zonas costeiras onde a amplitude da marea é ampla, e as condicións morfolóxicas da costa permiten a construción dunha presa que corta a entrada e saída da marea nunha baía. Xérase enerxía tanto no momento do enchido como no momento do baleirado da baía.
  • Centrais mareomotrices mergulladas. Utilizan a enerxía das correntes submarinas. En 2002, en Gran Bretaña, implantouse a primeira destas centrais a nivel experimental.
  • Centrais que aproveitan o movemento das ondas. Este tipo de central é obxecto de investigación desde a década dos 80. A inicios de agosto de 1995, o "Ocean Swell Powered Renewable Energy (OSPREY)" implantou a primeira central que utiliza a enerxía das ondas no norte de Escocia. A potencia desta central é de 2 MW. Lamentablemente foi destruída un mes máis tarde por un temporal.

Modalidade de xeración

A modalidade con que se opera unha central hidroeléctrica pode variar ao longo da súa vida útil. As centrais poden operar en réxime de:

  • xeración de enerxía de base
  • xeración de enerxía en períodos de punta. Estas á súa vez pódense dividir en:
    • centrais tradicionais; ou,
    • centrais reversibles ou de bombeo.

A demanda de enerxía eléctrica dunha cidade, rexión, ou país, ten unha variación ao longo do día. Esta variación é función de moitos factores, entre os que se destacan:

  • tipos de industrias existentes na zona, e quendas que estas realizan na súa produción;
  • tipo de cociña doméstica que se utiliza con máis frecuencia;
  • tipo de quentador de auga que se utiliza;
  • a estación do ano;
  • a hora do día en que se considera a demanda.

A xeración de enerxía eléctrica debe seguir a curva de demanda, así, a medida que aumenta a potencia demandada deberá incrementarse o caudal turbinado, ou iniciar a xeración con unidades adicionais, na mesma central, e ata iniciando a xeración en centrais reservadas para estes períodos.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Manuale dell'Ingegnere. Edición 81. Editado por Ulrico Hoepli, Milán, 1987. ISBN 88-203-1430-4
  • Handbook of Applied Hydraulics. Biblioteca do Congreso, Catalog Card Number 67-25809.
  • Engenharia de Recursos Hídricos. Ray K.Linsley & Joseph B. Franzini. Editora da Universidade de Sao Paulo e Editora McGraw-Hill do Brasil, Ltda. 1978.
  • Handbook of Applied Hydrology. A Compendium of Water-resources Tecnology. Ven Te Chow, Ph.D., editor en xefe. Editora McGraw-Hill Book Company. ISBN 07-010774-2. 1964.
  • Hidráulica de los Canales Abiertos. Ven Te Chow. Editorial Diana, México, 1983. ISBN 968-13-1327-5
Berta Quintremán

Berta Quintremán Calpán, nada en Alto Biobío, Rexión de Biobío, o 20 de xullo de 1937, é unha activista mapuche de orixe pehuenche.

Quintremán comezou a gañar respaldo e notoriedade nacional na década do noventa xunto á súa irmá, Nicolasa Quintremán, na causa por evitar a construción da Central hidroeléctrica Ralco na comuna de Alto Biobío. Os seus esforzos valéronlle algúns recoñecementos e ser figura principal de dous documentais.

Bárcena de Pie de Concha

Bárcena de Pie de Concha é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), localizado no Val de Iguña. Limita polo sur con Pesquera, Santiurde de Reinosa e San Miguel de Aguayo, polo norte e leste con Molledo e polo oeste con Hermandad de Campoo de Suso e Los Tojos.

Canle de San Lourenzo

Na súa acepción máis ampla, a Canle de San Lourenzo (en inglés: Saint Lawrence Seaway, en francés: voie maritime du Saint-Laurent) é un curso de auga profundo, de 3.700 km de lonxitude, un sistema de canles que permite aos buques procedentes do Océano Atlántico alcanzar a cabeza dos Grandes Lagos de América do Norte ata o lago Superior. Pero segundo a lei, esténdese só desde Montreal ao lago Erie, incluíndo a canle Welland que permite salvar as cataratas do Niágara.

Encoro da Fervenza

O encoro da Fervenza é un pantano artificial creado en 1966 no río Xallas (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. A súa capacidade é de 103 hm³ e ocupa unha superficie de 1.250 hectáreas. A presa, cunha altura de 27 m e unha lonxitude de 127 metros, érguese sobre os lindes que separan os concellos de Dumbría e Mazaricos, toma o seu nome dun dos dous pequenos montes que forman a gorxa onde se asentan os seus cimentos: o Castelo da Fervenza (na parroquia de Olveira).

Encoro de Belesar

O encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.

A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.

Encoro do Eume

O encoro do Eume é o máis grande dos dous que ten o río Eume. Áchase no seu curso medio ocupando unha superficie de 450 hectáreas dos concellos da Capela, As Pontes e Monfero. Ten unha lonxitude aproximada de 15 quilómetros e un volume de 123 hectómetros cúbicos.

A empresa concesionaria da explotación da central hidroeléctrica asociada ao encoro é a compañía ENDESA.

Entrecruces, Carballo

San Xens de Entrecruces é unha parroquia situada ao sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2011 tiña 863 habitantes (441 mulleres e 422 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 968 habitantes.

Entrecruces é unha parroquia que está dividida en dúas partes: Entrecruces da Alta e Entrecruces da Baixa. Estes nomes foron postos polos propios veciños da parroquia, fixándose na posición xeográfica de cada parte.

Esta parroquia posúe unha igrexa na cal se organizan enterros, cabos de ano e misas cada domingo. Tamén dispón dun cemiterio, que coidan os veciños, alternándose cada vez que teñen que limpar os panteóns ou cortar a herba do camposanto. Esta repartición da limpeza tamén o levan a cabo cando teñen que limpar a igrexa ou o xardín que a rodea

A parroquia ten sona pola fervenza do salto da Férveda, situada no río Outón, duns 50 metros de altura. Está rodeada de vexetación, e preto das ruínas dunha antiga central hidroeléctrica (a primeira central que lle proporcionou electricidade ao concello de Carballo) e de muíños restaurados.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Fervenza do Belelle

A fervenza do Belelle é unha das grandes fervenzas de Galiza, no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da parroquia do Roxal.

Galería de imaxes de San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

San Xurxo de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade.

Irkutsk

Irkutsk, en ruso Иркутск, é unha cidade de Rusia, capital do óblast homónimo.

Naraío, San Sadurniño

Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

Nova Athos

Nova Athos (en xeorxiano: ახალი ათონი, Akhali Atoni; en Abkhazo: Афон Ҿыц, Afon Ch'yts; en Grego: Νέος Άθως, Neos Athos) é unha cidade no distrito de Gudauta, Abkhazia. Está sitúada a 22 km da capital do país, Sukhumi, na costa do Mar Negro. A cidade tamén tivo outros nomes no pasado: Nikopol, Acheisos, Anakopia, Nikopia, Nikofia, Nikopsis, Absara e Psyrtskha. A Cova de Nova Athos é unha das principais atraccións de Abkhazia.

Presa El Salto

O conxunto arquitectónico denominado Presa El Salto situada no termo municipal de El Carpio (Provincia de Córdoba, España) está formado por unha presa e unha central hidroeléctrica coa comunicación entre ambas.Sitúase no km 3,3 da estrada de Pedro Abad-Adamuz (CO-412), no río Guadalquivir. No deseño de estilo neomudéxar colaborou o arquitecto Casto Fernández Shaw, cos enxeñeiros Carlos Mendoza e Antonio del Águila. A súa construción, realizouse entre os anos 1918 e 1922 pola enxeñaría madrileña Mengemor.

Conta cun importante valor social para a poboación da localidade, xa que contribuíu ó desenvolvemento e expansión económica da zona desde a súa construción entre os anos 1918 e 1922.

Río Amarelo

O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto da Terra. Mide 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.

Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.

Río Douro

O río Douro (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).

Río Grande de Xuvia

O Grande de Xuvia, ou simplemente Xuvia e ás veces incorrectamente como Xubia, é un río galego na provincia da Coruña, que forma a ría de Ferrol.

Río Lee

O río Lee (en irlandés An Laoi) é un río de Irlanda que flúe polo condado de Cork.

Nace nas montañas Shehy, ten uns noventa quilómetros de lonxitude e atravesa os encoros de Carrigadrohid e Inniscarra, xa que nel hai construída unha central hidroeléctrica. Máis adiante, atravesa a cidade de Cork, na que se divide e forma unha insua sobre a que está asentado o centro da vila. Finalmente, desemboca no mar Céltico. O río permite a pesca de salmóns en oito quilómetros do seu curso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.