Centola

A centola,[2] (Maja squinado, ás veces grafado Maia squinado), é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros e familia dos máxidos.[3]

É un cangrexo migratorio de gran tamaño que habita nas costas do Atlántico oriental e no mar Mediterráneo.

O seu cacho está cuberto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir até 20 cm de diámetro.

Trátase dun dos mariscos máis apreciados gastronomicamente. A dicir de Cunqueiro, a centola é o máis exquisito dos froitos do mar, e dá varios sabores diferentes.[4]

Centola
Maja squinado
Centola femia na Estação Litoral da Aguda Vila Nova de Gaia, Portugal

Centola femia na Estação Litoral da Aguda
Vila Nova de Gaia, Portugal
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Brachyura
Familia: Majidae
Xénero: Maja
Especie: M. squinado
Nome binomial
Maja squinado
(Herbst, 1788)[1]
Sinonimia

Taxonomía

Ao longo do tempo a centola recibiu diversas denominacións científicas, como Aranea crustata, segundo Cornide ou Maia cornuta, segundo Valladares. Entre os sinónimos que se citan frecuentemente na bibliografía están:[1]

  • Cancer cornutus Fabricius, 1787
  • Cancer squinado Herbst, 1788
  • Maja gigantea Baudouin, 1906
  • Maia squinado Pesta, 1918

A especie foi definida por primeira vez en 1788 polo naturalista alemán Johann Friedrich Wilhelm Herbst, que a designou co nome de Cancer squinado. Posteriormente foi reclasificada dentro de xénero Maja, fundado por Lamarck en 1801.

Na actualidade o termo admitido pola comunidade científica é o de Maja squinado.[1] Durante moito tempo discutiuse se os individuos que habitan no Mediterráneo eran da mesma especie que os do Atlántico, ou estes pertencían a outra especie diferente. De feito, as poboacións das centolas mediterráneas e atlánticas foron consideradas conxuntamente baixo o nome de Maja squinado até 1998, data na que se suxeriu separalas en base a criterios morfolóxicos e biométricos, separando os individuos atlánticos na especie Maja brachydactyla, que propuxera Heinrich Balss en 1922.[5][6]

Un estudo xenético recente (2008) realizado polos investigadores da universidade de Vigo Graciela Sotelo, Paloma Moráne e David Posada, no que tiveron en conta tres das catro especies de centolas do Mediterráneo e o Atlántico nororiental (só non se considerou Maja goltziana), confirmou este punto de vista: cada un dos tres grupos taxonómicos forman parte dun grupo monofilético e, aínda que a variabilidade dentro da suposta especie segue a ser extremadamente baixa, as diferenzas xenéticas entre as especies son grandes, da mesma magnitude das observadas xeralmente entre outras especies de crustáceos.[7]

Con todo, na actualidade segue utilizándose o nome de Maja squinado como denominación oficial desta especie.[8]

Outra realidade é que a centola do Mediterráneo pode considerarse practicamente extinguida, o que xustifica as campañas de repoboación que se están realizando por parte dos organismos oficiais.[9]

Outras especies de centolas presentes en augas españolas son as seguintes:

  • Maja crispata Risso, 1827 (antes M. verrucosa H. Milne Edwards, 1834).
  • Maja goltziana d'Oliveira, 1888.

A primeira delas, e aínda que non hai rexistros para Galicia, figura no inventario de González Gurriarán e Méndez, xa que "aínda que na distribución xeral desta especie cítase normalmente como circunscrita á área comprendida entre as costas de Portugal e as illas do Cabo Verde, o mesmo que no Mediterráneo, hai un rexistro para o norte de España (Asturias) de Llera e Ortea,[10] citada como Maja verrucosa".[11] Polo que moi ben podería ser que frecuentase tamén as augas galegas.

Un dato adicional é que Ríos Panisse a recolle en diversas localidades costeiras galegas, onde lle dan, entre outros, os nomes de bruño, centola peluda, pateiro, patexo, peluda e rabuda,[12] algúns deles compartidos, como se expón máis adiante, coa súa parente M. squinado.

Esta especie é bastante máis pequena (de aí algúns dos nomes comúns cos da verdadeira centola), e de escaso interese comercial.

Posíbeis etimoloxías do nome científico

Segundo Jorge Víctor Sueiro, o nome xenérico, Maja ou Maia derivaría de Maia, personaxe da mitoloxía grega (en grego antigo Μαία) que era a maior das Pléiades, as sete fillas de Atlas e Pleione, chamadas ás veces deusas das montañas, por naceren no monte Cilene, na Arcadia. Segundo conta a mitoloxía, Maia era a maior, e a máis fermosa e tímida e, segundo se di no himno homérico a Hermes, Maia enxendrou a este de Zeus, nunha cova do monte Cilene.

E así di que:

Porén, o nome italiano máis frecuente deste animal é grancevola (coas variantes granceola e granseola),[14] aínda que Zingarelli dá maia como sinónimo de grancevola, pero faina derivar do grego μαια mâia "nai", "naiciña" (voz infantil).[15]

O nome específico squinado deriva, segundo Le Foll, do nome provenzal do crustáceo («squinado», «esquinade», «esquinado» ou «esquinadoun»), rexistrado por Rondelet xa en 1554.[16]

Nomes vulgares

Nomes populares galegos

En Galicia coexisten numerosas denominacións populares, ademais das máis comúns centola e centolo (o uso dun ou doutro nome non se corresponde realmente co sexo do animal, senón que obedece máis ben a denominacións locais, sendo a forma feminina a máis usual).

araña, boinoca (Franco Grande),[17] cachola (Sarmiento), cáncamo/cáncaro (o macho), cancro, cangrexa, cangrexa de altura, centoia, cintolo, sentola, sintola, noca, noco.

Crespo Pozo recolleu no Morrazo a forma congrio (que non dá ningunha outra fonte) e meya (que tamén abonan Valladares e Carré). Esta última forma recóllena probablemente de Sarmiento, pero o certo é que este xa advertira o seu erro inicial: “Crin era o 'pagurus', e éo, non a 'maea' e que é o boy” (Catálogo de Voces y Frases Gallegas). Tamén Eladio Rodríguez salvou no seu dicionario o erro de identificación: “Algúns equivocaron o paguro ou CENTOLA coa meya, que segundo di Cornide[18] é o noso BOI ou NOCA”.[19]

Para os exemplares pequenos, de pesos inferiores a 600-750 g, tamén hai denominacións propias:

broo, brou, bruno, bruño, buño, felpuda, felpudo, pateiro, rañado.

O nome de bruño aplícase nalgún porto a outra especie semellante, a antecitada Maja crispata, de menor tamaño, aínda que é máis común aplicalo ás centolas verdadeiras pequenas (fundamentalmente, na ría de Vigo). Canto a pateiro e patexo adoita utilizarse máis ben para designar unha especie de cangrexo bastante máis pequeno que a centola.

Cando se trata de designar exemplares baleiros, de pouca comida e baixa calidade, normalmente como consecuencia da desova ou da muda, existen as denominacións de:

caldeira (Carré), caxó (Eladio Rodríguez), farol (Crespo Pozo, Eladio Rodríguez), fole (Valladares, Cuveiro, Eladio Rodríguez, Filgueira), foleira.

Ríos Panisse, no máis amplo repertorio de nomes vulgares das especies mariñas de Galicia, recolle, entre outros (a lista non é exahustiva), os seguintes:[20]

araña, cahola, cáncamo, cáncaro, cancro, cancrio (o macho), cangrexa, cangrexa de altura, centola, centolo, cintolo, noco.

E para os individuos de pequeno tamaño:

brou, brumo, bruño, burgo, carracha, carrapateira, carrapeto, cascudo, felpudo, ladlla, pateiro, pato, pato de area, peludo, rabuda, rañorte, rañoto.

Etimoloxía

Semella que a orixe da palabra galega centola vén do celta kintuollos, o principal e grande, derivado de kĭntu-, primeiro, e ollos, grande, por ser unha das especis máis grandes e poderosas de cangrexo.[21]

A etimoloxía de centola segundo Sarmiento

O Padre Sarmiento fai vir o nome de centola de capita > captola > cantola > santola > centola.[22]

Sarmiento describe así a centola e a orixe do seu nome:

Nomes populares noutros idiomas

  • Alemán: Spinnenkrebs, Große Seespinne.
  • Asturiano: centollu.
  • Castelán: centollo, centolla, centolla europea, cámbara (Cantabria), cangrejo velludo (Canarias), santorra (Canarias).
  • Catalán: cabra (á femia), cabra de mar, cranca, boc (ao macho).
  • Éuscaro: txangurru, txangurro.
  • Finés: hämähäkkirapu.
  • Francés: araignée, araignée de mer, crabe-araignée.
  • Grego moderno: καβουρομάνα (kaburomana).
  • Inglés: spider crab, European spider crab, spiny spider crab, spinous spider crab.
  • Italiano: grancevola, granceola, granseola, maia, rango di mare.
  • Neerlandés: spinkrab, grote spinkrab, gewone spinkrab, gaber, Europese spinkrab.
  • Nouormand:[23] pihangne, crabbe dé paret, paencllos, haelin, houvelin.
  • Portugués: santola.
  • Sueco: pindelkrabba.

Descrición

Anatomía externa

Spidercrab
Vista ventral do cacho baleiro dunha centola.
Maja squinado femia e macho 2
Centola (Maja squinado). Á esquerda, un exemplar femia; á dereita, un macho.
Maja squinado
Centola francesa.

Trátase dun crustáceo braquiúro, co corpo dividido, por tanto, en cefalotórax e abdome, estando este recollido baixo o cefalotórax. O corpo está protexido por unha casca (tamén chamada cacho ou casco) de forma basicamente triangular apuntado cara a adiante (con dúas fortes espiñas no extremo anterior) e arredondado por detrás, recuberto en toda a súa superficie por numerosos picos ou tubérculos espiñentos e abundante peluxe ríxido, de curtas sedas rematadas en gancho. Sobre estas espiñas e sedas fíxanse algas, esponxas, poliquetos e outros organismos mariños, cos que se camufla no medio mimetizándose co fondo no que vive. Normalmente, a casca é máis longa que ancha, pero segundo vai aumentando o tamaño invértese esta proporción, sendo nos de gran tamaño máis ancha que longa.

No ángulo anterior, rostro, posúen dous pares de pequenas antenas e un par de ollos pedunculados, así como os apéndices bucais, estes na cara inferior.

Como corresponde á orde dos decápodos, posúe cinco pares de patas duras, longas e relativamente delgadas, tamén cubertas da mesma peluxe, rematadas en uñas ou pugas, excepto o primeiro par de patas —chamadas quelas ou quelípedos— máis desenvolvidas e rematadas en pinzas, longas e débiles, máis fortes no macho que na femia.

O abdome está reducido e pregado cara a adiante baixo o cefalotórax. A súa forma é distinta en ambos os sexos (dimorfismo sexual) o que permite diferencialos facilmente, xa que nas femias é avultado e ancho, para recoller e protexer as ovas; se o levantamos, veremos un par de apéndices abdominais (pleópodos) por segmento, excepto no último. No macho, o abdome é máis deprimido e estreito, e de menor tamaño, e só mostra dous pares de apéndices abdominais, modificados para cumprir funcións de órganos copuladores.

O tamaño que pode alcanzar a centola é moi variable, ata os 30 cm de lonxitude e os 4 kg de peso, se ben o habitual é que non cheguen a superar os 20 cm, cuns pesos medios de 1,2 a 1,5 kg. Coa sobreexplotación á que é sometida a especie, os tamaños dos exemplares no mercado son cada ano menores.[11][24]

Diferenzas coa centola francesa

No mercado coexisten exemplares procedentes das rías galegas xunto a outros procedentes de fóra de Galicia, principalmente do Canal da Mancha (Francia), de Inglaterra e de Escocia; todas estas reciben a denominación común de centolas francesas.

Aínda pertencendo á mesma especie existen diferenzas de calidade (e prezo) entre a centola de orixe galega e as centolas foráneas, sendo estas últimas menos apreciadas polos consumidores. A principal diferenza entre a centola autóctona e a foránea é a presenza constante de restos de algas sobre as espiñas do cacho, mentres que na centola foránea non as hai ou son moi escasas. Ademais, aquela presenta unha cor parda ou verdosa, máis escura cá centola foránea, que é dunha cor vermella máis pálida, máis clara.

Outras diferenzas a ter en conta son a maior lonxitude das patas na variedade galega que nas foráneas, coas unllas máis afiadas; as espiñas do cacho, máis abundantes e afiadas, e a maior abundancia de veludo. Na centola foránea, a casca adoita ser máis convexa que na galega.

Anatomía interna

Na parte anterior, baixo as espiñas frontais, localízanse os ganglios cerebrais, de pequeno tamaño, e un estómago globoso. Aos lados deste está o hepatopáncreas, de forma variable, cor amarela-alaranxada e gran tamaño, ocupando a maior parte da masa visceral. Sobre o hepatopáncreas vense as gónadas: ovarios (grandes, de cor laranxa ou vermella) ou testículos (máis pequenos e de cor branca). Os ovarios son chamados popularmente corales.

As branquias localízanse na parte posterior do cacho, como formacións plumosas agrisadas.

Bioloxía

Maja squinado swimming
Centola nadando.

Hábitat e distribución

Vive preto da costa en fondos rochosos ou areosos que estean poboados de algas. Necesita, polo tanto, fondos nos que poida chegar a luz solar, circunstancia que se dá na franxa infralitoral, ata profundidades duns 50 m, aínda que se atopan exemplares tamén aos 100 m.[11][24]

A centola é un cangrexo de hábitos migratorios,[25] distribuído en augas do Atlántico oriental, desde as illas Británicas[26] ata Namibia[27] e Suráfrica,[28] incluíndo as das illas Azores,[27] Madeira, Canarias[26] e Cabo Verde,[27] e no mar Mediterráneo.[29][30][31][32]

En Galicia é moi común en toda a plataforma costeira e dentro das rías.[11]

Adoita realizar as migracións no outono, coñecéndose exemplares marcados que chegaron a percorrer distancias de ata 160 km en oito meses.

Alimentación

Aliméntase de gran variedade de organismos mariños en función da época do ano e das dispoñibilidades de alimento na zona en que vivan, polo que se consideran omnívoras. Comen sobre todo algas e moluscos en inverno, e equinodermos (ourizos, estrelamares e cogombros) ou outros crustáceos no verán.[33]

Son depredadas por outros animais mariños, como o polbo ou o lumbrigante.

Mudas

Como todos os cangrexos, as centolas sofren mudas (tecnicamente, écdises) ao longo da súa vida, cambiando todo o exoesqueleto para poderen medrar. Durante este momento son especialmente vulnerables a calquera depredador, agochándose baixo a lama ou entre as pedras ou algas do fondo do mar, sen saíren ata que a nova casca se endurece. Por esta razón, os romanos considerábanas símbolo da prudencia, da precaución.

Reprodución

Carcinus maenas, zoea larva
Larva zoea dun cangrexo.

A época de reprodución adoita ser no verán, momento no que se concentra en grandes cantidades en augas pouco profundas. A cópula ten lugar aproximándose as superficies ventrais. O macho suxeita á femia coas quelas e introduce os apéndices copuladores nos buratos xenitais da femia, nos que deposita os espermatóforos. Cando no inverno maduran os ovocitos ten lugar realmente a fecundación, liberándose os ovos, que quedan suxeitos polas sedas dos pleópodos da femia. A eclosión tarda uns 3 meses (outros autores falan de 7-8 meses), tempo durante o cal a femia transporta os ovos fecundados baixo o abdome.[24]

As femias poden reproducirse dúas veces no ano, entre o inverno e a primavera cun termo medio duns 150.000 ovos en cada posta.

Tras a eclosión libérase unha primeira larva natatoria (larva zoea), que muda a outra forma reptante (larva megalopa), semellante a un cangrexo pequeno, que experimenta novas mudas periodicamente ata chegar ao estado adulto.

Pesca

A centola péscase de forma artesanal con artes pasivas de enmalle (nasas, miños ou trasmallos), sendo abundante nas costas atlánticas (Galicia, Asturias e País Vasco). Como dixemos, no Mediterráneo pode darse case por extinguida.

Trátase dunha especie de alto interese comercial, alcanzando prezos altos no mercado, polo que sofre unha sobreexplotación que debe ser evitada. En Galicia, a pesca da centola só pode facerse en determinadas épocas, permanecendo en veda boa parte do ano (practicamente todo o segundo semestre do ano). O tamaño mínimo é de 12,5 cm de lonxitude, medida desde o bordo posterior do cacho ata as dúas prolongacións frontais (ata o ápice do rostro). Está prohibida a captura de femias ovadas.

Boa parte dos exemplares que se poñen á venda nos nosos mercados procede de importacións procedentes de Francia e do Reino Unido. Estas importacións subministran as cetarias instaladas no noso país, onde se manteñen vivas para abastecer o mercado. Estas cetarias non funcionan como lugares de engorde ou cría, senón como simples centros reguladores do mercado, acumulando existencias en épocas de maior produción. Aínda non se ten conseguido a cría en catividade desta especie porque o seu lento crecemento non o fai rendible.

Non existe unha clasificación normalizada no mercado, polo que estas cifras poden variar dunha praza a outra, pero adoita clasificarse en catro categorías, segundo o peso:

  • Centola Extra (máis de 2.000 g/peza).
  • Centola Grande (de 1.500 a 2.000 g/peza).
  • Centola Mediana (de 1.000 a 1.500 g/peza).
  • Centola Pequena (menos de 1.000 g/peza).

Consumo

Cangrejo-rafax
Centolas cocidas. Á dereita pode apreciarse unha co casco case cuberto de arneiróns. No ángulo superior dereito, un lumbrigante e as pinzas dunha nécora.
Carro de centollo
Centola cocida, lista para comer.

A centola é marisco de inverno. A mellor época para comelas é a partir de febreiro, cando están máis en sazón, aínda que a veda se abre antes do Nadal, decisión na que inflúen razóns comerciais.

As formas usuais de comercialización son en vivo ou cocidas ou, con menor frecuencia, conxeladas.

Información nutricional

Datos por 100 g de parte comestible [34]

Destaca tamén polo seu alto contido en zinc (ata 11 veces máis que outros crustáceos, como a nécora) e iodo.

Gastronomía

O método de cociñado máis habitual, e para moitos o máis saboroso, é por simple cocción. A receita é simple: ponse a ferver auga con sal e, ás veces, loureiro (o uso deste último é unha práctica tan común como discutida á hora de cocer o marisco). Cando a auga rompe a ferver bótase a centola, deixándoa cocer de 15 a 20 minutos, segundo o tamaño, contados desde que a auga volve ferver. Despois xa non hai máis que sacala da auga e deixala arrefriar. A carne vaise extraendo cos dedos, cunha brocheta ou coas mesmas uñas das patas, e a masa visceral que queda adherida á cara interior do cacho vai coméndose cunha culler.

A este respecto, o de comer a centola simplemente cocida (e tamén sobre as diferezas coas francesas) o mestre Álvaro Cunqueiro dicía:

E o seu discípulo, Sueiro, opinaba:

Centollo Castro Urdiales
Txangurru presentado no propio cacho.

Outra forma de cociñar a centola, máis propia do País Vasco, é o changurro (txangurro[35]). Consiste en preparar a centola, unha vez cocida, sacando toda a carne e mesturándoa, picada, con cenoria, allo porro, cebola, tomate e allo. Esta mestura vólvese a colocar no cacho e gratínase ao forno.

Tras a cocción, o cacho adquire unha típica cor vermella de todos os mariscos cocidos, desaparecendo as diferenzas que se indicaron antes entre os exemplares galegos e os foráneos. Aínda así, o consumidor atento pode recoñecer a orixe da centola porque as foráneas presentan unha cor vermella máis clara que as centolas autóctonas. Ademais, o cacho e as patas son máis duros na francesa que na galega e, polo tanto, máis difíciles de romper, sendo a liña de fractura máis limpa. A carne da centola galega é máis branda e faise menos seca que a da francesa, sendo tamén máis saborosa.

Festas gastronómicas

A centola foi o elemento principal da festa do marisco do Grove, se ben tivo que separarse desta hai uns anos para celebrarse independentemente, baixo o nome de "Xornadas da Centola a finais de novembro ou primeiros de decembro, xa aberta a veda.

A centola na cultura popular

Os pescadores aseguran que a centola é quen de predicir a chegada dos temporais, e que un ou dous días antes de que se produzan agóchanse entre as rochas de modo que resulta imposible velas e faise difícil pescalas.

Unha locución utiliza o centolo como referencia:

  • Estar cheo coma un centolo, aplicado ás persoas gordas, pequenas e coloradas.[36]

A centola na toponimia

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Maja squinado (Herbst, 1788) en World Register of Marine Species.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para centola.
  3. J. Iglesias; F. J. Sánchez; C. Moxica; L. Fuentes; J. J. Otero e J. L. Pérez (2002): "Datos preliminares sobre el cultivo de larvas y juveniles de centolla Maja squinado Herbst, 1788 en el Centro Oceanográfico de Vigo del Instituto Español de Oceanografía Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.", Bol. Inst. Esp. Oceanogr. 18 (1-4): 25-30.
  4. Cunqueiro, Álvaro (1973).
  5. Maja brachydactyla Balss, 1922 no WoRMS.
  6. Neumann, V. (1998). "A review of the Maja squinado (Crustacea: Decapoda: Brachyura) species-complex with a key to the eastern Atlantic and Mediterranean species of the genus". Journal of Natural History 32 (10–11): 1667–1684. doi:10.1080/00222939800771191.
  7. Sotelo, G., Morán, P. & Posada, D. (2008): "Genetic identification of the northeastern Atlantic spiny spider crab as Maja brachydactyla Balss, 1922". Journal of Crustacean Biology 28 (1): 76-81. Ler o artigo completo.
  8. "Resolución de 31 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a lista de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España" (BOE nº 87, de 10.04.2014).
  9. Ipac Acuicultura (ed.). "Caracterización de la cría en cautividad y repoblación de especies de interés a través de la acuicultura" (PDF). Consultado o 30 de abril de 2019.
  10. Llera, E. M. e J. A. Ortea (1974): "Nuevas citas de Crustáceos Decápodos para el Norte de España". Asturnatura, 2: 91-101.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 González e Méndez (1985), pp. 194-195.
  12. Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 38.
  13. Sueiro, J.-V. (1981), p. 215.
  14. Trainito, Egidio (2005): Atlante di flora e fauna del Mediterraneo. Milano: Il Castello. ISBN 88-8039-395-2.
  15. Zingarelli, N. (1996). Vocabolario della lingua italiana. Dodicesima edizione. Bologna: Zanichelli. ISBN 88-08-16610-4.
  16. Le Foll (1993).
  17. Franco Grande (1968).
  18. Cornide (1788).
  19. Rodrígez González, E. (1958)
  20. Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 35-37.
  21. http://lema.rae.es/drae/?val=centolla Etimoloxía da palabra centollo no dicionario da Real Academia Española.
  22. Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, Padre Sarmiento, (1745-55)
  23. Idioma falado nas illas Anglonormandas, derivado da langue d'oil.
  24. 24,0 24,1 24,2 Ramonell, R. (1985), pp. 260-261.
  25. E. González–Gurriarán, J. Freire & C. Bernárdez (2002). "Migratory patterns of female spider crabs Maja squinado detected using electronic tags and telemetry". Journal of Crustacean Biology 22 (1): 91–97. doi:10.1651/0278-0372(2002)022[0091:MPOFSC]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2007. Consultado o 30 de decembro de 2012.
  26. 26,0 26,1 Adema, J. P. H. M. (1991): De krabben van Nederland en Belgie (Crustacea, Decapoda, Brachyura). Leyden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-02-8.
  27. 27,0 27,1 27,2 France-Lyse Clottide-Ba, Youssouph Diatta & Capape, C., (1997): "Observations sur huit especes commestibles de crustaces decapodes des eaux senegalaises (Afrique de l'Ouest)". Bol. Mus. Mun. Funchal 49 (282): 171-187.
  28. Emmerson, W. D. (1993): "A comparison between decapod species common to both Mediterranean and southern African waters". Bios (Thessaloniki): 11: 177-191.
  29. Hayward, P. J. e Ryland, J. S. (ed.) (1990): The marine fauna of the British Isles and North-West Europe: 1. Introduction and protozoans to arthropods. Oxford, UK: Clarendon Press. ISBN 0-19-857356-1.
  30. Koukouras, Athanasios (2010): "Check-list of marine species from Greece". Thessaloniki: Aristotle University of Thessaloniki.
  31. L. B. Holthuis & E. Gottlies (1958): "An annotated list of Decapod Crustacea of the Mediterranean Coast of Israel, with an appendix listing the Decapoda of the Eastern Mediterranean". Bulletin of the Research Council of Israel. Haifa, Israel.
  32. Neumann, V. (1998): "A review of the Maja squinado (Crustacea: Decapoda: Brachyura) species-complex with a key to the eastern Atlantic and Mediterranean species of the genus". J. Nat. Hist. 32 (10-11): 1667-1684.
  33. Bernárdez, C., J. Freire & E. González–Gurriarán, (2000). "Feeding of the spider crab Maja squinado in rocky subtidal areas of the Ria de Arousa (north-west Spain)". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 80 (1): 95–102. doi:10.1017/S0025315499001605..
  34. Táboa extraída de alimentos Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en Nutriguia.com.
  35. Crepes de txangurro en Hogarutil.
  36. Mª Victoria Cerviño Ferrín: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.

Véxase tamén

W.gl.Centola

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Cadmio

O cadmio é un elemento químico de número atómico 48 situado no grupo 12 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cd. É un metal pesado, branco azulado, relativamente pouco abundante. É un dos metais máis tóxicos, aínda que podería ser un elemento químico esencial, necesario en moi pequenas cantidades, pero isto non está claro.

Cangrexo

Para a constelación do cangrexo, véxase Cáncer (constelación)

Para a Supernova do Cangrexo, véxase SN 1054.

Chámanse cangrexos ou caranguexos a diversos crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente aos da suborde dos braquiúros.

Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares de patas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciados gastronomicamente, como lagostas, lumbrigantes, centolas ou nécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, o cangrexo violinista, o cangrexo dos coqueiros ou os cangrexos de río.

Caparazón

O caparazón, casca ou carapa é unha cuberta dura e ríxida (casca) que posúen numerosos animais que, entre outras funcións, serve para protexer as partes brandas dos mesmos. Neste sentido, sería sinónimo de exoesqueleto.

É o caso da maioría dos crustáceos e moluscos, nos que é de natureza calcaria, de todos os artrópodos, nos que está constituído por queratina (nos crustáceos reforzada por sales cálcicos) e dos quelonios (tartarugas), nos que é de natureza ósea e córnea.

Crustáceos

Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número).O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes.

Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.

Constitúen un dos grupos zoolóxicos con maior éxito biolóxico, tanto polo número de especies viventes como pola diversidade de hábitats que colonizan; dominan os mares, como os insectos dominan a terra.

A ciencia que estuda os crustáceos coñécese como carcinoloxía.

Cáncaro

Este artigo trata sobre a planta, para o caranguexo ver artigo centola.

O cáncaro ou panqueixo (Primula vulgaris sinónimo P. acaulis )(L.) Hill) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.

Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.

Eucáridos

A dos eucáridos (Eucarida) é unha superorde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos eumalacostráceos, que inclúe case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) e o krill (da orde dos eufausiáceos, principal alimento das baleas). Ademais, tamén comprende os membros da pouco coñecida orde dos anfionidáceos.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Illas Centoleiras

As illas Centoleiras son un arquipélago galego da provincia da Coruña. O total do arquipélago suma algo máis de 9 hectáreas de superficie (sen contar a importante extensión de arrecifes).

Esténdense en prolongada cadea a levante do porto de Aguiño (municipio de Ribeira) e son un total dunha ducia de illas e sobre todo illotes e arrecifes moi perigosos para a navegación. O maior dos illotes é a illa do Carreiro, que conta con 6,5 hectáreas de extensión, a pesar do cal é enteiramente rochoso, como o resto dos illotes. O nome do arquipélago venlle dado por ser unha importante zona de pesca de centola e outros crustáceos, e considérase a estas illas como un dos viveiros naturais da Ría de Arousa (Álvaro Cunqueiro).

Lagosta (crustáceo)

A lagosta común (Palinurus elephas, Fabricius 1787) é un crustáceo macruro (de abdome ben desenvolvido), un dos mariscos máis valorados, tanto en Galicia como no resto do Estado. Tamén se denomina lagosta europea ou lagosta vermella.

Macruros

Os macruros eran os membros dunha antiga subdivisión dos crustáceos decápodos (Macrura), fundada por Milne-Edwards e hoxe sen validez taxonómica, en oposición á outra, a dos braquiúros (Brachyura), esta si válida na actualidade: é unha infraorde da suborde dos pleociemados (Pleocyemata) dos crustáceos.

A orde dos crustáceos, da clase dos malacostráceos (Malacostraca), "os de cuncha branda" (o nome engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda inmediatamente despois da muda ou écdise, e o resto do tempo é xeralmente dura. Foi creada por Pierre André Latreille (1762-1833) en 1802.

Tradicionalmente dividíase nos dous grupos antecitados, macruros, que comprendía as especies caracterizadas por teren o abdome alongado, ben desenvolvido, rematado nunha peza caudal formada á súa vez por unha central denominada telson e dous urópdos, como o lumbrigante, a lagosta ou a cigala, e braquiúros, que recollía os individuos de abdome curto e a miúdo pregado baixo o cefalotórax, como a centola, o boi ou a nécora.

Tamén noutros tempos os decápodos clasificáronse en dúas subordes chamadas Natantia, ou decápodos nadadores, e Reptantia, ou decápodos marchadores (Boas).

Pero na acualidade divídense noutras dúas subordes, baseadas na morfoloxía das branquias:

Dendrobranchiata Bate, 1888

Pleocyemata Burkenroad, 1963cun xénero incertae sedis, Charassocarcinus Van Straelen, 1925.

Malacostráceos

A dos malacostráceos (Malacostraca) é unha subclase de crustáceos que inclúe a case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) os estomatópodos (como Squilla mantis) e o krill. Así mesmo comprende tamén os grupos dos anfípodos e os isópodos (cochinillas da humidade).

Describíronse máis de 42.000 especies de malacostráceos, case as dúas terceiras partes de todas as especies de crustáceos.A súa taxonomía é obxecto de controversia: existen varias escolas que disputan as categorías dos subgrupos.

Mariscada

Unha mariscada é unha comida constituída fundamentalmente por marisco. É típico da cociña costeira de Galiza. A súa popularidade pode atoparse noutras zonas peninsulares e estranxeiras (especialmente Francia). Aplícase tamén a denominación mariscada a aquelas comidas nas que o prato principal ou central do menú é o marisco (indiferentemente de cal for este), sen que inflúa o tipo de recipiente que se use para tal efecto, nin todo o marisco deba ir nesa bandexa. Quizais os máis comúns sexan a centola, a nécora, o percebe, o lagostino e a cigala.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Nasa

Este artigo trata sobre a arte de pesca; se anda á procura da páxina dedicada á National Aeronautics and Space Administration, vexa NASA.

A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.

As nasas somérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquera tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son a centola, o lumbrigante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.

No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.

Navarino

Navarino, illa chilena pertencente á Provincia da Antártica Chilena na XII Rexión de Magallanes e a Antártida Chilena. Atópase situada ao sur da Illa Grande de Terra do Fogo, separada desta polo canle Beagle. Concentra a maior parte da poboación da Provincia da Antártida Chilena e da comuna de Cabo de Fornos. Os seus principais poboados son Puerto Williams, a capital provincial, Puerto Navarino, ao poñente Caleta Eugenia e Puerto Toro ao oriente da illa, todos situados na ribeira norte da Illa. Un camiño costeiro que bordea a canle de Beagle une ditas localidades. A maioría da súa poboación son mariños e pescadores dedicados á recolección de centola.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

Panchés, San Mamede de Carnota, Carnota

Panchés é unha aldea da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.Segundo datos do IGE do 2009 ten 118 habitantes (51 homes e 67 mulleres). Limita ao norte co lugar da Curra e ao sur co lugar de Caldebarcos.

Rostro (animais)

Este artigo trata de diferentes tipos de estruturas cefálicas de moitos animais. Para o rostro humano ou cara, véxae Face.

O rostro, do latín rostrum, "bico" (das aves), é unha estrutura presente na cabeza de diferentes grupos de animais, adoptando formas diversas e que, en xeral, recordan a forma do bico das aves.

O seu uso nos diferents grupos de animais non indica unha relación filoxenética nin embrionaria destes órganos.

Nos crustáceos, o rostro, tamén denominado rostrum, en latín, na bibliografía carcinolóxica, é a extensión anterior do cefalotórax, xeralmente aguzada, que se proxecta máis alá dos ollos.Nos insectos da orde dos hemípteros, o rostro é o nome que se lle dá ao seu aparello bucal chupador. Tamén se lle pode chamar rostro ao longo fociño dos curculiónidos.Os moluscos gasterópodos teñen un rostro ou probóscide.O bico, nariz ou fociño dos vertebrados tamén pode denominarse rostro ou cara, especialmente no caso dos golfiños e outros cetáceos.

William Elford Leach

William Elford Leach, nado o 2 de febreiro de 1790 en Hoe Gate (Plymouth, Reino Unido) e finado o 26 de agosto de 1836 en Palazzo San Sebastiano (Tortona, Xénova, Italia), foi un zoólogo e biólogo mariño inglés, membro da Royal Society (FRS).

Sarmiento: descrición e etimoloxía
A la clase de cancros que son los de cuerpo redondo y sin cola; y que representan no una langosta sino una araña, pertencen cinco mariscos cuyos nombres gallegos son: centôla, bois, lubigante, cranguejo y nécora. Esta, que es la de menor cuerpo, es como una redonda caja de tabaco regular; y la centôla tiene el cuerpo capaz de cubrir con su concha toda la cara de un hombre y servirle de máscara o de carátula, y de lo que se aprovechan los muchachos. La centôla es asperísima en su superficie, pero la de los cuatro mariscos restantes es tersa y lisa; y todos cinco, después de cocidos toman el color encarnado.

Es pues la centôla un arañón tan grande en su cuerpo como una cazuela de un palmo de largo, y con las patas y garras correspondientes. Veamos el latín que le debe corresponder. Es ciertísimo que o es el pagurus latino, o el latín maea y maia . Rondelecio supone que la maia es el marisco más corpulento de esta clase, y después coloca el paguro. Según su descripción y pintura, todos dirán que el paguro es la centôla. Pero Bellonio citado de Gesnero, dice que lo que Rondelecio pintó por paguro es la verdadera maea, y añade que a ésta llaman los franceses araña de mar, y que otros llaman granzeola o cancreola. Gesnero resuelve que la araña de mar grande (hay otra pequeñita) a la que los alemanes llaman meerspinnen, es el cancrum marinum rotundum sine cauda; que éste es la maia, a la cual llaman granceola, y los portugueses cangreja vel cangrejola vel centòla ut audio. Los padres Pereyra y Bluteau traen en sus Vocabularios Portugueses la voz santòla y centòla, y le ponen por latín correspondiente, echinus marinus; voz que ni en general ni en particular puede significar la centòla; y se conjetura que ni uno ni otro tuvo presente a Gesnero pues hubieran puesto maea o pagurus por el correspondiente latín. Asentado que el latín de centòla es maea, falta averiguar de que voz latina vendrá la voz centòla, que es mi asunto o tema. Parándose en la terminación, se ofrece que de la voz cancrus, cancer, se originó la voz granceola y la cangrejola no como diminutivos sino como aumentativos de cancrus debiéndose pronunciar larga la O de granceòla y de cangrejòla como cangrejona. Yo pararía en esto a no ser que la T de centòla no se halla ni en cancrus ni en cancer ni en otra voz semejante. Digo pues, mientras no hallo mejor origen, que la voz centòla viene del origen caput y de la inmediata voz capitona como (lo que así es) que la centola todo es cabeza y muy grande. De la voz capito, capitonis para significar un pez de grande cabeza ya usó Catón y otros latinos posteriores. De todo género de cancros ya dijo Julio Escaligero ( Exercit. 218) que todo eran cabeza y en ella todo el cuerpo: " quaedam nihil nisi caput sunt, in quo omnia ut cancri ". La voz caput tiene tantos derivados, y de éstos tantos, que sería preciso para referirlos todos, y en todas las lenguas hijas de la latina, gastar mucho papel. Ya dije que los godos singularizaban los plurales neutros. Así la voz cabeza no viene inmediatamente de caput sino del nominativo de plural capita, y aún hoy, a la italiana usamos de la voz capita, para significar el singular cabeza. No hay letra en caput, capitis , que o sola o combinada, no se mude de diferentes modos en sus derivados, ya en latín, ya en todos sus dialectos vivos. La sílaba CA se mudó en CE y CI, como bi-ceps, sin-ciput. En francés se mudó en CHA y CHE, como chapitre, chef, y chapitel. Y en español, por imitación a CHA y en XE como chapitel, xefe. La sílaba PU y PI se mudaron en BA, en BE, en BI, en BO y en B o U, v. g.: cabal, cabeza, cabildo, cabo; y cabdal, caudal y cabdillo o caudillo. La sílaba TA se mudó en D, en CH y en Z con las vocales correspondientes, v. g.: cabildo, caudal, es-cabechar, cabeza, cabezudo. Al dicho marisco centôla llaman también en Pontevedra cachola, cuyo origen es de capita, cacha y de capitona cachòna, y mudando la N en L cachôla. Por la misma analogía se originaron cacha por testa o cabeza, cachaza, aumentativo y cachapudo adjetivo para significar a un hombre prudente. Finalmente al mismo origen se debe atribuir la voz cachucha que aunque en general significa la cabeza, se toma especialmente por la cabeza curada del cerdo. Y asimismo la voz cacheiro que es un garrote pequeño cuyo extremo es una como cabeza o porra y por la cual se llama también cachiporra. Supuesto lo dicho ya cesará la admiración. Digo que de capitona se dijo captona, captola y después cabtola, caltola, cantoba, cantola, centola. Así cachola y centola que parecen dos nombres del presente marisco sólo son dos transformaciones del solo latín capito, capitonis y del derivado capitone.

A las maeas llaman los venecianos según Rondelecio granciporroni, derivado de cancri paguri. Con esto se podrá componer la variedad que hay entre la maea y el paguro, pues a los dos abraza la centola; y para finalizar, digo con el mismo Rondelecio que el paguro era " prudentiae et consilii simbolum " y que por esto le tenía colgado al cuello la Diana Efesina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.