Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Coordenadas: 42°20′32.43″N 08°05′20.11″O / 42.3423417, -8.0889194

Cenlle
Escudo de Cenlle
Casa do Concello de Cenlle
Casa do Concello de Cenlle.
Situacion Cenlle
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.140 hab. (2018)
Área29,0 km²
Densidade39,31 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloCenlle
Política (2019[2])
AlcaldeGabriel Alén Castro (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Cenlle
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes70,67%
Na rede
http://www.cenlle.es/
cenlle@iespana.es

Poboación

Censo total (habitantes) 1.235 (2014)
Menores de 15 anos 60 (4.86 %)
Entre 15 e 64 anos 661 (53.52 %)
Maiores de 65 anos 514 (41.62 %)
Evolución da poboación de Cenlle   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.047 5.115 5.334 2.342 1.575 1.396 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Ocupa unha extensión de 29,2 km². Está situado entre o río Avia e o Miño xeograficamente é o reborde dos Chaos de Maside e Santo Amaro, que caen máis bruscamente cara ao Miño que non ao Avia.

O relevo é accidentado, pero carece de elevacións importantes, destacando:

  • Piñeiro (477 m).
  • A Corredoira (489 m).
  • Názara (415 m).
  • Monte de San Breixo, Monte de San Berismo e monte de San Trocado.

Bañan o termo pequenos regos que desembocan nos ríos Avia e Miño (como por exemplo, o regato da Fareixa), que limitan ao municipio polo oeste e polo leste, respectivamente.

Vías de comunicación

As principais vías de comunicación son:

  • Estrada N-120.
  • Autovía A-52.
  • 3 estradas locais. OU-CV-348 (Valdepereira-Maside)
  • A liña de ferrocarril Ourense - Vigo.

Economía

A viticultura, cunha variada gama de especies continúa sendo a actividade agrícola máis estendida, ocupando o 93,47 % das terras labradas, sendo o concello do Ribeiro coa maior porcentaxe de terra cultivada dedicada o cultivo da vide.

Dada a topografía irregular, o cultivo realízase frecuentemente en bancadas, sendo o tamaño das propiedades pequeno.

As variedades cultivadas son as seguintes:

  • Blancas: Albariño, Treixadura, Xerez (Palomino), Caiño Blanco, Catalán Blanco, Godello,Loureiro o Marqués, Torrantes, Albilla....
  • Tintas: Caiño Mouro, Tinta femia, Alicante, Gran negro, Souson o Ferran, Garnacha, Mencia, Catalán Roxo, Folla redonda, Jazquez, Brancellao...

Os viños tintos teñen moita capa e bastante corpo, uns 11 graos de alcohol e característico sabor ácido. Os brancos teñen entre 11 e 12 graos e menor acidez. Todos eles son moi suaves e dixestivos.

Fóra do sector primario apenas existen iniciativas empresariais destacadas, aínda que o moderno Balneario de Laias é un sinal dun posible florecemento de servizos turísticos.

Prehistoria

No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense consérvanse bifaces de cuarcita, con ampla reserva de codia atopados neste concello.

Outro achado nunha carballeira deste termo revelou un acocho de 5 ou 6 machados de talón con aneis. Un deles, de dous aneis e 244x50 mm, foi regalado ao Museo Arqueolóxico de Ourense por Maximino Alvarez, alcalde que foi do Carballiño.

Historia

Piedadeosmo
Piedade do cruceiro de Osmo.

En primeiro lugar cómpre destacar a testemuña do Bispo Hidacio no seu Cronicón, que remata situando o achado no río Miño, a 5 millas de Laias, de catro peixes de ouro por parte duns pescadores, que interpreta coma un mal presaxio.

Cenlle sitúase na histórica Terra de Castela, xa coñecida con este nome dende o século IX.

As primeiras referencias escritas sobre Cenlle remóntanse a un documento do ano 1238, no que o Deán da Catedral de Ourense afora a Abril Eáns varias propiedades, entre as que se atopaba unha seara cerca da Torre (In Cauto de Ceeli), obrigándose a entregar a metade do viño e un terzo do centeo que recollera nesa seara.

Outros documentos recollen relacións forais entre as xentes de Cenlle e, principalmente o Cabido da Catedral de Ourense ou o Mosteiro de San Clodio.

Os tres documentos mais antigos conservados están redactados en latín e datan de 1191, 1238 e 1258 (no que tiña que entregar un terzo de tódolos froitos) e os catro seguintes no tempo en galego nos anos 1286, 1289 e 1421 (nel obrigábase a entregar unha cuarta parte de tódolos froitos e un quinto do viño).

En xullo de 1836 os seus veciños, xunto cos de Regadas acoden na axuda da parroquia de Beade repelendo o ataque das tropas carlistas dirixidas por Guillade e Pobadura.

Patrimonio histórico e artístico

Moitos pazos e igrexas son testemuña da importancia económica do Ribeiro nos séculos pasados. Destacan polo seu estado de conservación:

Igrexas

  • Igrexa de San Miguel de Osmo, de orixe románico e modificacións renacentistas do século XVI. Conserva interesantes pinturas manieristas no seu interior.
  • Igrexa de San Xoán de Sadurnín, de fábrica románica, conserva a fachada principal e numerosos canzorros.
  • Igrexa de Santa Mariña de Esposende, de fábrica románica.
  • Igrexa de Santiago de Trasariz, que conserva unha ara romana.
  • Igrexa de San Lourenzo da Pena, de fábrica Románica con arranxos posteriores, destaca a imaxe románica da Virxe da O.
  • Santuario de San Bieito de Cuñas.
  • Igrexa de Santa María de Cenlle.
  • Igrexa de San Miguel de Vilar de Rei.

Pazos

Cruceiros

  • Cruceiro de Ánimas e Cruceiro da Procesión de Santa María de Cenlle.
  • Cruceiro de San Miguel de Osmo.
  • Cruceiro de San Lourenzo da Pena.

Petos de ánimas

  • Peto de ánimas de Santa María de Cenlle.

Castros

Outros

  • Explotación aurífera galaico-romano de Laias

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cenlle.
Peto de animas de Cenlle

Peto de ánimas en Cenlle

Capela de NSra do Socorro Osmo

Capela da Virxe do Socorro en Osmo

Cruceiro de Cenlle

Cruceiro de ánimas en Cenlle

Cruceiroosmo

Detalle do Cruceiro de Osmo - Crucificado

Táboa4predelasanmiguel

Táboa da Epifanía da Predela de San Miguel (Igrexa de San Miguel de Osmo)

Fachada da igrexa de Sadurnín Cenlle

Fachada principal da Igrexa de San Xoán de Sadurnín

Názara - Anoitecer

Atardecer en Názara.

Parroquias

Parroquias de Cenlle
As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle.

Lugares de Cenlle

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cenlle vexa: Lugares de Cenlle.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cenlle". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Pérez, Clodio (1998): Sete datas de Cenlle, Santiago de Compostela.
  • González Pérez, Clodio, e Marín Martínez, Xoán Ramón (2008): As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro, (1º premio do VII Concurso de Investigación "Romaría Raigame", 2008), Deputación de Ourense, ISBN 978-84-96503-92-2.
  • González Pérez, Clodio (2015): "Cruceiros do concello de Cenlle (Ourense)", Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, Lugo.
  • González Pérez, Clodio (2015): "A casa reitoral de San Lourenzo da Pena (Cenlle). Restos dunha obra románica do s. XII-XIII", Boletín Avriense, XLV, Ourense.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Barca de Barbantes, Cenlle

Santo Antonio da Barca de Barbantes é unha parroquia do concello de Cenlle situada á beira do río Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 130 habitantes (73 mulleres e 57 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 178 habitantes.

A Pena, Cenlle

San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes. O Curato é de entrada e ten por anexo o de Santa Mariña de Esposende.

Limita coas parroquias de Esposende ao Sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao Norte e a de Bieite ao Oeste.

A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia con estradas cara a Lentille, onde está a Casa Grande de Lentille, Roucos e Cuñas, onde está situado o santuario na honra de San Bieito.

Cenlle, Cenlle

Santa María de Cenlle é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 264 habitantes (137 mulleres e 127 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 339 habitantes. O curato é de entrada e provisión ordinaria.

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Esposende, Cenlle

Santa Mariña de Esposende é unha parroquia do concello de Cenlle na beira esquerda do río Avia. É anexo de San Lourenzo da Pena. Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes (42 mulleres e 36 homes), 41 menos ca en 1999. É limítrofe coa parroquia homónima de Esposende, do concello de Ribadavia.

Estación de Barbantes

Barbantes é unha estación de tren de Adif situada na Barca de Barbantes, no concello de Cenlle, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Eulogio Gómez Franqueira

Eulogio Gómez Franqueira, nado en Cenlle en 1917 e morto en Ourense o 20 de abril de 1988, foi un mestre, empresario e político galego de centro-dereita ourensán.

Laias, Cenlle

Santa Baia de Laias é unha parroquia do concello de Cenlle situada á beira do río Miño, na aba do monte San Trocado e lindando coas parroquias de Razamonde, Eiras, A Barca de Barbantes, e, co río no medio, coas de Puga e Astariz, a uns 16 quilómetros de Ourense.

Segundo o IGE en 2013 tiña 207 habitantes (114 mulleres e 93 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

O curato é de término e o padroado laical.

Lugares de Cenlle

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Cenlle

Manuel García Montero

Manuel García Montero, nado en Cenlle o 23 de maio de 1937, é un mestre e político galego do PPdeG.

Osmo, Cenlle

San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.

Razamonde, Cenlle

Santa María de Razamonde é unha parroquia do concello de Cenlle, a beira do río Miño. Limita con Laias, Vilar de Rei e Trasariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 157 habitantes (80 mulleres e 77 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 212 habitantes. O curato é de entrada e presentación nutual.

Rodrigo Cortés

Rodrigo Cortés Giráldez, nado en Pazos Ermos (Cenlle) o 31 de maio de 1973, é un director, actor, produtor e guionista de cine galego.

Sadurnín, Cenlle

San Xoán de Sadurnín é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense, situada a uns dous quilómetros de Santa María de Cenlle. Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes (47 mulleres e 51 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes. O Curato é de segundo ascenso e provisión ordinaria.

Trasariz, Cenlle

Santiago de Trasariz é unha parroquia do concello de Cenlle na marxe do río Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (42 mulleres e 51 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes. O Curato é de primeiro ascenso e padroádego laical.

Vilar de Cenlle, Begonte, Begonte

Vilar de Cenlle é un lugar da parroquia de Begonte no concello lugués de Begonte na comarca da Terra Chá.

Vilar de Rei, Cenlle

San Miguel de Vilar de Rei é unha parroquia do concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2009 tiña 98 habitantes (50 mulleres e 48 homes), distribuídos en 5 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 132 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.