Cemiterio de Pereiró

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Coordenadas: 42°12′31.64″N 8°44′0.72″O / 42.2087889, -8.7335333

La Cruz Roja de Vigo a los soldados repatriados de Cuba y Filipinas que fallecieron en esta ciudad 1898
A Cruz Vermella de Vigo aos soldados repatriados de Cuba e Filipinas, 1898. A Vigo chegaron 153 deles mortos.

Historia

A historia do cemiterio vai parella á prosperidade de finais do século XIX da cidade de Vigo. A poboación aumentou, e os defuntos tamén. Ó quedar insuficientes os dous cemiterios que había daquela (Picacho e Santiago), a Corporación Municipal deu inicio a un cemiterio novo e máis hixiénico no ano 1889. Optouse polo lugar de Pereiró. Gastando 38.604 pesetas nas expropiacións de 121 terreos e 100.000 na construción, fíxose un camposanto de 62.500 m², rodeado dum muro de pedra de tres metros e medio de altura, con dous grandes paseos centrais e oito corredores, dividido en 16 cadrados para panteóns, sepulturas ordinarias, foxa común e cemiterio civil, con arboredo separándoos.[1] José Elduayen foi o seu principal impulsor e quen financiou a capela, adicada á Virxe das Dores, onde están inhumados o propio Elduayen, que finou no mesmo ano da inauguración, e a súa familia.

Fusilamentos de 1936

Pereiró, Vigo
Tumba ós asasinados durante a Guerra Civil.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 27 de agosto, foron fusilados no cemiterio o alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde do Concello de Lavadores, José Antela, Ramón González Brunet, Ubaldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez, Apolinar Torres e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.[2][3]

Persoeiros inhumados [1]

Arte funeraria

No cemiterio hai varias obras do escultor Francisco Asorey González.

Galería de imaxes

Familias Glez. de Haz e Quiroga.
Familias Glez. de Haz e Quiroga. 
Familia de Tomás Mirambell Maristany.
Familia de Tomás Mirambell Maristany. 
Familia de Marcelino Barreras Casellas.
Familia de Marcelino Barreras Casellas. 
Familia de Francisco Solleiro.
Familia de Francisco Solleiro. 

Notas

  1. 1,0 1,1 Otero Rodríguez, Isaac Ángel (11/11/2013). "Historia y arte funerario del Cementerio de Pereiró de Vigo".
  2. «"Lo más selecto" de Vigo en 1936», El País, 28 de agosto de 2008.
  3. Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007
  4. Foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 a Pereiró: Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril
  5. Os restos foron trasladados do Pereiro de Aguiar a Pereiró o 9 de agosto de 1932.
  6. 6,0 6,1 Galicia, Traslado de restos, ABC, 7 de novembro de 1924 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Blanco, Lino (18/3/2018). "Pereiró, un cementerio com mucha historia". Faro de Vigo (en castelán). p. 12.

Ligazóns externas

Antonio Sanjurjo Badía

Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume herdado do pai de Habilidades, nado en Sada en 1837 e finado en Vigo o 8 de xaneiro de 1922, foi un inventor galego.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Concepción Arenal

María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.

Eduardo Iglesias Añino

Eduardo Iglesias Añino, nado en Teis o 14 de outubro de 1850 e finado en Vigo o 18 de xuño de 1916, foi un avogado e político galego.

Emilio Martínez Garrido

Emilio Martínez Garrido, nado en Lavadores o 17 de decembro de 1886 e fusilado no cemiterio de Pereiró de Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un industrial e alcalde de Vigo.

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Francisco Otero Guldrís

Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2019, foi un avogado e xornalista galego.

Manuel Gómez Román

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.

Manuel Lustres Rivas

José Manuel Antonio Lustres Rivas, nado en Ribeira o 14 de xaneiro de 1888 e asasinado en Redondela o 10 de novembro de 1936, foi un xornalista e escritor galego.

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Norberto Velázquez Moreno

Norberto Velázquez Moreno, nado o 6 de xuño de 1768 en Ortigosa de Cameros, A Rioxa, e finado o 12 de outubro de 1852 en Vigo, foi un empresario e comerciante rioxano afincado en Galicia.

Pereiró, Matamá, Vigo

Pereiró é un lugar pertencente a parroquia de Matamá no Concello de Vigo. Conta cunha poboación de 60 habitantes e é alí onde se atopa situado o principal cemiterio da cidade, o Cemiterio de Pereiró.

Wenceslao Requejo Pérez

Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947, foi un profesor galego, membro fundador da RAG.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Xosé Gil Gil

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.