Cemiterio

"Camposanto" redirixe aquí. Para outros usos véxase: camposanto (homónimos).
Cemiterio de Rioaveso
Cemiterio en Cospeito, Lugo.

Un cemiterio[1] ou camposanto[2] é un lugar onde se depositan os cadáveres, os restos mortais dunha persoa defunta.

Características

As necrópoles existiron desde hai ben tempo. Xa durante o megalitismo construíronse dolmens para deixar os corpos das persoas falecidas.

O proceso de inhumación varía segundo a cultura do lugar. Os corpos poden introducirse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente ser envoltos en teas. Á vez, ben poden ser sepultados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos ou outro tipo de sepulturas. Tamén é común a cremación cos corpos e o depósito das cinzas no cemiterio.

Usualmente, os cemiterios son comunitarios, atopándose no recinto as tumbas dos membros da comunidade, sen chegar a ser tumbas colectivas, pois cada defunto ten o seu propio espazo determinado aínda que, por decisión familiar, tamén poden enterrarse varios familiares no mesmo lugar.

A palabra cemiterio procede do termo grego koimetérion ("dormitorio"), pois segundo o cristianismo, os corpos dormen até o día da resurrección. No caso dos cemiterios católicos, tamén son coñecidos co nome de camposantos. Esta denominación comezou a usarse en Pisa, onde se soterrou con terra traída de Xerusalén o cemiterio construído no século XIII dentro da cidade.[Cómpre referencia]

É un lugar por tradición asociado a numerosas lendas e mitos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de cemiterios de Galicia.
Cemiterio004402

Graba, Silleda

Nenaflores

Nena nun cemiterio

Vilariño, Vilariño, Teo, Galiza 09

Cemiterio en Teo, Galiza

Fotos Galicia II 046

Mariña luguesa

CemiterioGraba

Vista dun cemiterio en Graba, Silleda.

Monumento no cemiterio da Estrada, Galicia (Spain)

Panteón nun cemiterio na Estrada.

Cruces do cemiterio, Galiza

Cruces nun cemiterio en Outeiro de Rei

Noia Cemiterio 2

Cemiterio en Noia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cemiterio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camposanto.

Véxase tamén

Outros artigos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.