Celtiberos

O termo celtiberos[1] acostuma usarse para as tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como os idiomas que estes grupos falaban, aínda que en realidade o termo celtibero se refire unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica, existindo outros con outros nomes (vetóns, vacceos, lusitanos, carpetanos etc.). Este pobo celtibero habitaba no oeste da Cordilleira Ibérica[2]. Os romanos considerábanos unha mestura de celtas e iberos[3], diferenciándose así dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Hoxe sábese que os celtiberos foron un pobo de lingua e cultura celta.

Mapa-celtiberos
Os pobos celtiberos:
     Arévacos      Pelendones      Berones      Belos      Tittos      Lobetanos      Lusones

Historia

Noroeste Hispania
Nordeste de Iberia.

As primeiras referencias escritas sobre os mesmos débense a xeógrafos e historiadores grecolatinos (Estrabón, Tito Livio, Plinio e outros), aínda que o seu estudo, que arrinca do século XV, non adquire rango científico ata os inicios do século XX (marqués de Cerralbo, Schulten, Taracena, Caro Baroja etc.), cobrando renovado impulso nos últimos anos (Wenceslas Kruta). Pese a este excepcional acervo literario, aínda hoxe se discuten aspectos fundamentais para a súa definición: os confíns do seu solar, a súa verdadeira personalidade ou a súa propia xenealoxía.

Con este termo adoita facerse referencia ás tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como aos idiomas que estes grupos falaban, aínda que, realmente, o termo celtibero refírese unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica existindo outros con outros nomes (vetóns, vacceos, lusitanos, carpetanos etc.). Este pobo celtibero, que habitaba na Cordilleira Ibérica e á que os romanos consideraban unha mestura de celtas e iberos, diferenciábase dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Pero esta idea de que os celtiberos son o resultado da unión dos celtas e os iberos é un erro que xa se deu en época romana. Hoxe sabemos que os celtiberos son un pobo de cultura celta, que recibe influencias dos iberos pola súa proximidade, pero en ningún caso son o resultado dunha mestizaxe entre ambas culturas.

A xulgar polo rexistro arqueolóxico, os celtas chegaron á Península Ibérica no século XIII a.C. coa grande expansión dos pobos da Cultura dos Campos de Urnas, ocupando entón a rexión nordeste. No século VII a.C., durante a Cultura de Hallstatt expándense por amplas zonas da meseta e Portugal, chegando algúns grupos a Galicia. Con todo, trala fundación grega de Massallia (actual Marsella na Francia), os iberos volven ocupar, o val medio do Ebro e o nordeste peninsular aos celtas, dando pé a novos establecementos gregos (Empúries). Os celtas da Península quedaron así desconectados dos seus parentes continentais, de maneira que nin a cultura celta de La Tène nin o fenómeno relixioso do druidismo lles chegarían nunca[Cómpre referencia]. A cultura celta na Península Ibérica chegará ao seu final coa conquista romana, á que moitas tribos célticas se opuxeron.

Pobos celtiberos

Os autores antigos son moi concisos nas súas referencias a todas estas xentes. Os beróns, do mesmo xeito que os vascóns só son nomeados, e moi parcamente, nas guerras sertorianas.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celtibero.
  2. Os romanos chamábanlles Idoubeda
  3. Marcial no século I d. C., así os consideraba nun dos seus epigramas, "¿por que me chamas irmán a min, que descendo de celtas e de iberos e son cidadán do Teixo?". Ver: Epigramas de Marco Valerio

Véxase tamén

Bibliografía

  • Burillo Mozota, Francisco (2007). Los celtíberos - Etnias y estados (edición actualizada ed.). Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-949-7.
  • Golasworthhy, Adrian (2002). Las guerras púnicas. Madrid: editorial Ariel. ISBN 8433466503
  • Lorrio, Alberto J. (1997). Los Celtíberos. Murcia: Universidad Complutense de Madrid, ISBN 84-7908-335-2

Outros artigos

Ligazóns externas

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Celta

Certos grupos étnicos da Idade de Ferro e da Idade Media en Europa foran denominados celtas (latín Celtae ou Galli, grego Κέλτοι Keltoi ou Γαλάται Galatai) desde a antigüidade. O nome procede probabelmente das raíces indoeuropeas *kel-1 'protruir, alto' e *g[h]al- 'poder' e vén significando 'os poderosos, sublimes, fortes'.Eran pobos da Idade de Ferro en Europa que falaban linguas célticas e tiñan semellanzas culturais. Porén, o relacionamento entre os factores étnicos, lingüísticos e culturais no mundo celta permanece incerto e controvertido. A dispersión xeográfica exacta dos antigos celtas tamén é contestada; en particular, a maneira en que os habitantes da Idade de Ferro de Britania e de Irlanda deben ser considerados como celtas tornouse unha materia de controversia.A historia da Europa precéltica é moi incerta. De acordo cunha teoría, a raíz común das linguas célticas, unha lingua coñecida coma protocelta, aparece nun período tardío da Idade de Ferro na Europa central, que floreceu ao redor de 1200 a. C. Amais, de acordo a unha teoría proposta no século XIX, as primeiras persoas en adoptar as características coñecidas coma celtas era xente da Idade de Ferro pertencente á cultura Hallstatt (c. 800-450 a. C.), chamada así por unha tumba atopada en Hallstatt, Austria. Esta área é ás veces chamada a "Casa celta". Durante o período La Tène (c. 450 a. C. até a conquista romana) esta cultura celta expandiuse por unha difusión de migración ás Illas Británicas (celtas insulares), Francia e os Países Baixos (galos), Bohemia, Polonia e a maioría de Europa central, a Península Ibérica (celtiberos, celtici, lusitanos e gallaeci) e o norte de I

As primeiras lembranzas da lingua celta foron inscricións lepónticas que pertencen ao comezo do século VI a. C. As linguas celtas continentais atestíguanse case exclusivamente a través de inscricións e topónimos. As linguas celtas insulares atestíguanse empezando o século IV d. C. a través das inscricións Ogham, aínda que claramente empezáronse a falar moito antes. A tradición literaria celta comeza cos textos do irlandés antigo que datan do século VIII.

A súa chegada á península Ibérica estaría cerca de 1200 a. C.

Endovelico

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus, Endovellicus ou Vaelico, é un dos deuses galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. O seu nome é de orixe celta e significa 'deus moi bo'.

Deus da saúde, protector da terra e da natureza, e vinculado ás forestas, aparece asociado ós animais (de feito, outra proposta respecto á etimoloxía do seu nome é que procede de *uailo, 'lobo', co superlativo *andei-, aínda que tamén se lle fai orixinario de *uell, 'bo'). A consideración de Endovélico como céltico ou lusitano non céltico provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vettons da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. Logo foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron á Esculapio ou a Serapis pola súa vertente sandadora, que segundo o arqueólogo portugués Vasconcellos era unha característica parcial procedente do seu aspecto ctónico (deus do interior da terra, do subterráneo, do Inframundo, do Hades ou infernal). Este aspecto tamén o relaciona coas minas, sobre todo no santuario de Postoloboso, Ávila, xa que o mesmo santuario era un lugar de extracción de ferro. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.

En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal) e nas Minas de Río Tinto (Huelva), debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Idade de Ferro británica

A Idade de Ferro británica é o nome convencional usado na arqueoloxía da illa de Gran Bretaña, para referirse ás fases da Prehistoria e Protohistoria da cultura da Idade de Ferro, excluíndo tradicionalmente a Prehistoria de Irlanda que tivo unha cultura da Idade de Ferro de seu.A Idade de Ferro británica durou teoricamente dende o primeiro uso importante do ferro para facer ferramentas e armas en Gran Bretaña ata a romanización da metade sur da illa. Esta cultura romanizada da chamada Gran Bretaña romana foi a que suplantou á Idade de Ferro británica. A Idade de Ferro irlandesa rematou coa chegada do cristianismo.

As tribos que poboaban a illa pertencían a ampla cultura celta, máis especificamente á chamada cultura celta insular (en contraste coa cultura celta non insular propia dos pobos do continente como os galos e os celtiberos).

As linguas britónicas e goidélicas forman parte do subgrupo celta insular que está dentro das linguas célticas. O termo lingüístico "celta" non ten unha implicación de unidade cultural sostible que conecte a Galia coas Illas Británicas ó longo da Idade de Ferro.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Lingua celtibérica

A lingua celtibera é unha lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de Zaragoza, Teruel, Soria, Burgos e Palencia polos celtiberos.

De entre as linguas célticas continentais, o celtibero está peor documentado có galo, pero mellor có lepóntico e o gálata. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de Botorrita (ver máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes teónimos, antropónimos e topónimos.

Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "celta Q" (coma o goidélico) e non como unha lingua "celta P" (coma o galés). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do indoeuropeo. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.

O celtibero presenta un pronome relativo ios case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas kue “e”, nekue “nin”, ue “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en s, gabiseti (antigo irlandés gabid), robiseti, auseti (comparar co umbro ferest).

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Lusitanos

Os lusitanos eran un dos pobos celtiberos da península ibérica. Durante séculos o estado portugués utilizounos como os antergos máis antigos no novo estado.

Eran un pobo prerromano que habitaba parte do centro do actual Portugal, desde a beira esquerda do Douro até as inmediacións do Algarve. Séguese a dubidar sobre a súa celticidade ou si son un pobo nativo influído por correntes centroeuropeas.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Numancia (celtiberos)

Numancia é o nome dunha desaparecida poboación celtibera situada sobre o Cerro da Moa, en Garray, a sete quilómetros ao norte da actual cidade de Soria. Desde tempo inmemorial, devandito cerro era propiedade da familia Marichalar. Luis de Marichalar, vizconde de Eza doouno ao Estado en 1917.

Pobo portugués

Os portugueses son unha nación e grupo étnico indíxena de Portugal que comparten unha mesma cultura e falan o portugués como lingua principal. A súa relixión predominante é o Cristianismo, principalmente o catolicismo.

Historicamente, a herdanza dos portugueses inclúe os celtas, preceltas, celtiberos e iberos, os lusitanos, galaicos e célticos, os romanos, os visigodos e os suevos. A República Romana conquistou Iberia durante os séculos -II e -I. Como resultado da colonización romana, a lingua local provén do latín vulgar. Por mor da longa historia do Imperio portugués e a colonización de territorio de Asia, África e América, así como pola emigración histórica e recente, pódense atopar comunidades portuguesas en diversas rexións do planeta, e tamén existe unha importante diáspora. Os portugueses foron un axente salientable da era dos descubrimentos, descubrindo numerosas terras descoñecidas polos europeos en América, África, Asia e Oceanía, axudando tamén no proceso de globalización.

Hoxe en día, Portugal amosa unha sociedade multicultural de todo o mundo, pero con especial presenza das antigas colonias da Lusofonía, como os brasileiros, os caboverdianos, angolanos, mozambiqueños, goanos e macaneses.

Viriato

Viriato (180 a.C. - 139 a.C.) foi un dos líderes dos pobos lusitanos, pobos celtiberos, que se enfrontou aos romanos na Península Ibérica. Foi traizoado por un puñado de seguidores por diñeiro. Con todo, despois de morrer Viriato, os seus seguidores foron mortos ou escravizados.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.