Celta

Certos grupos étnicos da Idade de Ferro e da Idade Media en Europa foran denominados celtas (latín Celtae ou Galligrego Κέλτοι Keltoi ou Γαλάται Galatai) desde a antigüidade. O nome procede probabelmente das raíces indoeuropeas *kel-1 'protruir, alto' e *g[h]al- 'poder' e vén significando 'os poderosos, sublimes, fortes'.[1]

Eran pobos da Idade de Ferro en Europa que falaban linguas célticas e tiñan semellanzas culturais[2]. Porén, o relacionamento entre os factores étnicos, lingüísticos e culturais no mundo celta permanece incerto e controvertido.[3] A dispersión xeográfica exacta dos antigos celtas tamén é contestada; en particular, a maneira en que os habitantes da Idade de Ferro de Britania e de Irlanda deben ser considerados como celtas tornouse unha materia de controversia.[2][3][4][5]

A historia da Europa precéltica é moi incerta. De acordo cunha teoría, a raíz común das linguas célticas, unha lingua coñecida coma protocelta, aparece nun período tardío da Idade de Ferro na Europa central, que floreceu ao redor de 1200 a. C. Amais, de acordo a unha teoría proposta no século XIX, as primeiras persoas en adoptar as características coñecidas coma celtas era xente da Idade de Ferro pertencente á cultura Hallstatt (c. 800-450 a. C.), chamada así por unha tumba atopada en Hallstatt, Austria. Esta área é ás veces chamada a "Casa celta". Durante o período La Tène (c. 450 a. C. até a conquista romana) esta cultura celta expandiuse por unha difusión de migración ás Illas Británicas (celtas insulares), Francia e os Países Baixos (galos), Bohemia, Polonia e a maioría de Europa central, a Península Ibérica (celtiberos, celtici, lusitanos e gallaeci) e o norte de I

As primeiras lembranzas da lingua celta foron inscricións lepónticas que pertencen ao comezo do século VI a. C. As linguas celtas continentais atestíguanse case exclusivamente a través de inscricións e topónimos. As linguas celtas insulares atestíguanse empezando o século IV d. C. a través das inscricións Ogham, aínda que claramente empezáronse a falar moito antes. A tradición literaria celta comeza cos textos do irlandés antigo que datan do século VIII.

A súa chegada á península Ibérica estaría cerca de 1200 a. C.

Celts in Europe
Distribución dos pobos celtas:
     Territorio central Hallstatt, no s. VI a.C.      Máxima expansión celta, no s. III a.C.      Área Lusitana de Iberia, onde a presenza celta non é segura      As seis "nacións celtas" que retiveron as linguas celtas na idade moderna      Áreas onde as linguas celtas teñen presenza actualmente

Definición

A expresión celta remonta a escritos de Heródoto[6] e outros autores gregos dos séculos VI e V a. C., en que son chamadas Keltoi tribos desde as fontes do Danubio até a rexión de Massilia (Marsella). Os escritores gregos e romanos coñecían soamente unha parte das tribos hoxe consideradas celtas. Transferiron o termo Celtas a outras tribos e pobos percibidos por eles como relacionados.

Dependendo do campo de estudo ou do punto de vista, celta designa, por tanto, unha comunidade lingüística en Europa Central e Occidental (definición lingüística), ou un conxunto de asentamentos con cultura material semellante (definición arqueolóxica), ou tribos cos mesmos costumes e crenzas (definición etnolóxica). Alén diso, para algúns son celtas simplemente os pobos considerados como tale polos gregos e romanos.

A cuestión é dificultada polo feito de non existiren practicamente evidencias escritas das culturas celtas do período previo á romanización das súas áreas de asentamento. Polo tanto, os coñecementos sobre as primeiras culturas celtas son obtidos principalmente a partir do estudo dos descubrimentos arqueolóxicos e de relatorios de cronistas gregos e romanos.

Para os lingüistas, os celtas son sobre todo os falantes de linguas celtas prehistóricas. Birkhan postula: Celta é quen fala celta.[7] Do mesmo modo Rockel: Polo tanto, os celtas son os falantes dunha lingua celta.[8] As linguas celtas forman un grupo lingüístico indoeuropeo propio.

A arqueoloxía ve trazos culturais comúns nas tribos celtas durante a Idade de Ferro (séculos VIII–I a. C.) desde o norte de España até Bohemia en Europa Central. Hoxe xa non hai dúbidas de que existiu un desenvolvemento continuo, a partir de culturas predecesoras da Idade de Bronce asentadas en Europa Central, en particular da cultura dos Campos de Urnas da Idade de Bronce tardía. Os celtas están relacionados sobre todo coas culturas de Hallstatt e de La Tène. Os nomes desas culturas proceden de dous sitios arqueolóxicos, da necrópole de Hallstatt, unha aldea lacustre localizada preto do lago do mesmo nome, no Salzkammergut austríaco, a sueste de Salzburgo, onde en 1846 Johann Georg Ramsauer descubriu un gran cemiterio prehistórico, e de La Tène, unha aldea na marxe setentrional do Lago de Neuchâtel na Suíza, onde un tesouro de artefactos foi descuberto por Hans Kopp en 1857. Os dados obtidos a partir de ambos sitios arqueolóxicos permitiron unha primeira cronoloxía. Algúns autores utilizan o termo celtas unicamente para o período céltico clásico, que comeza cerca de 650 a. C.

Atestado como seguro é que os celtas nunca conformaron un pobo compacto, muito menos unha nación, que en todo caso se pode falar de numerosos e distintos grupos étnicos con cultura semellante. Tratábase de tribos afíns que tiñan en común aspectos culturais que as diferenciaban dos pobos veciños, o que é descrito por exemplo por romanos como Tácito na Germania ou Xulio César na Guerra Gálica.

Orixe

As linguas celtas forman parte da familia indoeuropea. No 400 a. C. a lingua celta xa estaba dividida en varios grupos, e estendeuse sobre gran parte de Europa occidental, a Península Ibérica, Irlanda e Gran Bretaña.

Algúns estudosos pensan que a cultura dos Campos de Urnas na Europa occidental representa unha orixe para os celtas coma unha póla cultural distinta da familia indoeuropea. Esta cultura foi preeminente en Europa central durante a Idade de Bronce tardía, de c. 1200 a. C. até o 700 a. C, seguindo a cultura Unetice e a cultura dos túmulos. O período dos Campos de Urnas sufriu un incremento demográfico dramático na rexión, probabelmente debido ás innovacións tecnolóxicas e agrícolas. O historiador grego Éforo de Cime en Asia Menor escribía no século IV a. C. que cría que os celtas viñan das illas da desembocadura do Rin e foran "expulsados dos seus fogares polas frecuentes guerras e o levantamento violento do mar".

A propagación do traballo do ferro dirixiuse ao desenvolvemento da cultura de Hallstatt directamente da cultura dos Campos de Urnas (c. 700-500 a. C.). A lingua protocéltica, o derradeiro amtepasado común de todas as linguas celtas, é considerada por esta clase de estudosos que falouse na época serodia da cultura dos Campos de Urnas, a comezos do primeiro milenio a. C. A difusión das linguas celtas na Península Ibérica, Irlanda e Gran Bretaña teríase producido durante a primeira metade do primeiro milenio a. C., os enterramentos en carros máis antigos en Gran Bretaña datan c. 500 a. C. Ao longo dos séculos a lingua desenvolveuse por separado e deu a lingua celtibérica, goidélica e britónica.

Extensión

Determinación arqueolóxica

Do punto de vista arqueolóxico, a máxima dispersión da cultura material dos celtas abarcou desde, no oeste, o sueste da Inglaterra, Francia e o norte de España, até, no leste, o oeste da Hungría, Eslovenia, e o norte de Croacia; desde o norte de Italia no sul até o extremo norte das montañas do centro da Alemaña. Por outro lado, existen achados do período de La Tène por todos os Balcáns até Anatolia (asentamento dos Gálatas, na Turquía actual), que se explican polas migracións celtas acontecidas no IV século a. C.

A inclusión do sueste da Inglaterra no territorio de dispersión da cultura designada como celta do punto de vista arqueolóxico é contestada. Os achados arqueolóxicos locais da Idade de Ferro media e tardía (ca. 600–30 a. C.) presentan propiedades rexionais e locais que difiren de modo significativo dos achados continentais contemporáneos. En Galiza tamén se acharon algunhas fíbulas do período de La Tène, mais non se pode falar dun horizonte cultural celta fechado no sentido da cultura de La Tène.

Ese territorio centroeuropeo de carácter celta, limitaba, no sul, inicialmente aínda coa zona de influencia da cultura etrusca, e no leste e no sueste, coas áreas de influencia grega, tracia e escita. Partes extensas deses territorios foron incorporados mais adiante ao Imperio Romano e á súa cultura. A norte do territorio de influencia celta estaban asentadas tribos xermánicas. Con todas as culturas citadas mantiñan os celtas intensas relacións culturais e económicas.

Probas lingüísticas

Existe evidencia da extensión de linguas celtas desde partes da Península Ibérica a Irlanda no oeste, no suroeste até os Balcáns setentrionais, con un agromo serodio en Anatolia. Polo norte, as montañas do centro da Alemaña constituían o límite aproximado cos xermanos. Ao sur dos Alpes, o mundo celta chega á planicie do Po. As probas para esa interpretación lingüística son:

  • A máxima extensión histórica das tribos celtas fundamentada en fontes antigas, por exemplo a migración de tribos celtas (e tracias) a Anatolia, confirmada por autores gregos e romanos, cf. a carta de Paulo aos Gálatas.
  • Documentos da antigüidade tardía segúndo os cales en Anatolia falabase un dialecto similar ao da rexión de Tréveris.
  • Exemplos de palabras celtas en linguas modernas de Europa Central e Oriental, empréstitos no vasco como iskos (peixe).
  • Reflexos nos nomes de algunhas tribos ou de rexións como Galia, Galiza, Gálatas.
  • Elementos lingüísticos celtas característicos en topónimos terminados en -briga e -durum, coas variacións propias de cada rexión lingüística.
  • Inscricións en pedras, en fragmentos de cerámica, en moedas, en táboas de chumbo en lingua celtibérica, lepóntica e gálica a partir do século VI a. C., ora en escrita propia (por exemplo o alfabeto lepóntico de Lugano) ora en escritas alleas como a ibérica, a etrusca ou mais adiante a latina.

Lingua

As linguas celtas pertencen ao grupo occidental das linguas indoeuropeas. Dentro destas, segundo algúns investigadores, o ramo itálico é o mais próximo ao celta.[9] A lingua celta mae non foi transmitida. Os documentos lingüísticos mais antigos considerados celtas son os da lingua lepóntica do século VI a. C. Alén de inscricións curtas na súa maioría, en materiais duradouros (pedra, chumbo), o calendario lunisolar de Coligny, en lingua gala, permite unha ollada directa nos aspectos non materiais da cultura relixiosa celta e da vida cotiá. As táboas de Botorrita, dos séculos II e I a. C., son documentos mais extensos en lingua celtibera tamén dignos de mención.

As linguas celtas continentais están extintas. O celtibero falado na Península Ibérica, así como o galo e o lepóntico, desapareceron durante a romanización. A lingua gálata de Asia Menor, mal documentada, pervivía aínda na Antigüidade Clásica.

As linguas celtas insulares aínda son faladas hoxe en Gales (galés), en Irlanda (irlandés, desde 1922 primeira lingua oficial xunto ao inglés), en Escocia (escocés-gaélico nas Terras Altas e particularmente nas illas Hébridas) e na Bretaña (bretón, levado ao continente por emigrantes das illas Británicas no século V). O gaélico da illa de Man (manés) extinguiu-se na década de 1970, o córnico xa no século XVIII. Na actualidade existen tentativas para revitalizar ámbalas linguas e torná-las de uso corrente.

Fontes históricas

Os primeiros coñecementos escritos sobre os celtas son de autores gregos e latinos: Heródoto, Xulio César, Diodoro Sículo, Estrabón, Pomponio Mela, Lucano.

Fontes arqueolóxicas

Da primeira época da Idade de Ferro, son sitios arqueolóxicos do Hallstatt (Austria), que nos permiten coñecer os celtas. Logo, na segunda época da Idade de Ferro, son os sitios de La Tène (Suíza).

Disolución da civilización

Nos séculos II e I antes da nosa era, os Celtas foron sometidos sobre o continente á presión conxugada dos pobos xermánicos ao leste, dos Romanos ao sur e ao pulo do imperio dos dácios.

Os enclaves celtas da Francia e da Península Ibérica foron conquistados polos romanos e, en maior ou menor medida, romanizados.

Cultura celta

Celtic ceramic
Cerámica celta

Os celtas eran xente de pel clara e longos cabelos, que acostumaban levar soltos ou anoados en xeito de trenzas. Segundo os Comentarios da Guerra das Galias de Xulio César, eran valentes no combate, traballadores, supersticiosos e moi relixiosos. Tiñan un gran senso da hospitalidade e xamais preguntaban aos seus invitados polo seu nome e de onde procedían até rematar o xantar.

Non practicaban a escrita, e na poesía e na música, os bardos ensinaban a historia dos seus devanceiros e a mitoloxía celta. Vestían saio, pantalóns bombachos e blusas con manga longa dunha la tecida dun xeito moi especial. No armamento usaban espada longa, escudo oblongo dunhas grandes dimensións, longas picas e unha especie de xavelina que chamaban "mandari".

Nos tempos finais a súa organización básica eran os clans, agrupándose arredor dun nobre. Diferentes clans formaban unha tribo. Cara a supremacía, os clans facían a guerra entre si e do mesmo xeito, unhas tribos contra outras.

Entre os celtas existían tres clases sociais: o pobo, os nobres e os druídas.

O pobo non tiña dereito a ser consultado nin a formar parte das asembleas. Os nobres toman parte na guerra e segundo a súa fortuna e nacemento tiñan en torno de seu un maior ou menor número de clientes.

Two Druids
Dous druídas, encontrado no baixo-relevo de Autun

Os druídas eran a clase social sagrada para os celtas. Requiríase anos de estudo intenso para formar parte dela. Encargábase da educación dos fillos dos nobres, considerábanse os máis sabios e xustos dos homes ao estar en contacto cos deuses e confiábanselle os xuízos. Adicábanse aos oficios divinos, facían os sacrificios e practicaban os ciencias da natureza e consagraban a parte moral da súa filosofía. Eran venerados por todas as tribos, non ían á guerra e mesmo podían deter unha batalla paseando polo medio dos contendentes onde se celebrase. Representaban o vínculo que mantiña unidos os celtas: a relixión.

O seu máximo dogma era a inmortalidade da alma e do universo. Tiñan como árbore sagrada o carballo e todo o que medraba a carón del tiña alento divino. O visgo era a planta sagrada. Elixían carballeiras para facer os seus ritos. Cando atopaban visgo nun carballo, recollíase con gran solemnidade o sexto día da lúa. Organizábase un gran xantar baixo as ponlas do carballo, o druída vestíase cun saio branco e cortaba o visgo con un fouciño de ouro.

Os druídas de todas as tribos xuntábanse para elixir entre eles o druída supremo dos Celtas. Suponse que na Galia o bosque sagrado de carballos onde facían a xuntanza estaba no mesmo lugar onde hoxe se ergue a catedral de Chartes; o seu altar marca o lugar exacto onde os antigos druídas facían os seus sacrificios.

Cando a conquista romana, os druídas foron os primeiros en ser perseguidos, xa que eran o vínculo da ligazón entre os celtas, ademais promulgaban a revolta contra os romanos até conseguir botalos da Galia.

Pouco a pouco a cultura druída xunto coa civilización celta foise romanizando coa conquista da Galia. En Galiza, tamén Xulio César conquistou os derradeiros redutos celtas, así como a invasión da Britannia, deixando os derradeiros redutos celtas na Irlanda, illa que mantivo por máis tempo a lembranza deste pobo.

Hallstatt

A primeira Idade de Ferro céltica data de arredor dos séculos VIII e V A.C. e recibe o nome da necrópole austriaca de Hallstatt, asentamento asociado ás minas de sal. Nela aparecen por vez primeira a diferenciación social e unha clase dirixente. Esta clase dirixente controlaba os medios de produción, as vías de comunicación e a terra, ou sexa o resto da sociedade. Esta situación de privilexio é posíbel que se transmitise de pais a fillos ou por grupos de guerreiros que se foron impoñendo progresivamente aos demais. Coñécense polo nome dos "príncipes", mais que nada pola riqueza atopada nos seus enterramentos, con xoias de ouro, cerámicas gregas, bronces etruscos, fíbulas e torques. As fíbulas eran a modo de pasadores para suxeitar as roupas de vestir. Os torques como un tipo de colar de metal, ouro ou bronce e nos extremos con tapóns esféricos. Tamén os soterraban coas súas armas, as frechas, puñais, espadas, anzois, útiles de barbear e peitear etc.

Os lugares onde habitaban eran residencias fortificadas, rodeadas de foxo e murallas, en cuxo interior se distribuían as casas. Non existían avenidas nin edificios senlleiros, só espazos abertos que servían de lugar de reunión. Nestas residencias vivían os "príncipes" e a súa familia, os guerreiros e serventes. O pobo habitaba nas aldeas, pero cando aparecía un problema, acollíanse xunto o gando tras as murallas. Como controlaban o comercio, estas residencias construíanse en lugares estratéxicos para protexer as rotas comerciais.

La Tène

Hallstatt LaTene
Mapa mostrando a distribución da cultura Hallstatt e La Tène.      O centro do territorio Hallstatt (sobre o 800 AdC) móstrase en amarelo escuro,      a eventual área de influencia da cultura Hallstatt (sobre o 500 AdC) en amarelo claro.      O centro do territorio da cultura La Tène (450 AdC) móstrase en verde escuro,      a eventual área de influencia da cultura La Tène (sobre o 50 AdC) móstrase en verde claro.

Este tipo de organización desaparece no século V A.C. co desenvolvemento do estilo de La Tène, que abarca entre este século e a dominación romana. Desaparecen os "príncipes". Só unha caste de guerreiros son os dominantes e aparece o xefe, elixido entre eles e coidador da tribo e clans.

A cultura de La Tène coincide no tempo coas invasións celtas. Así, no ano 390 A.C. Roma é saqueada. No 280 a.C. invaden Macedonia, aséntanse na Tracia e polo Norte chegan a Inglaterra e Irlanda. Aparecen os grandes asentamentos, coñecidos como oppida.

Os oppida eran asentamentos fortificados, comunmente sobre un outeiro, rodeados de grandes foxos e murallas, con pesadas portas: atopábanse preto das grandes vías de comunicación, ou sitios de materias primas como minas de ferro, ouro, sal etc. Tiñan dimensións variábeis, pero algúns eran enormes, como o de Manching, de 380 hectáreas. Cumprían diversas funcións: campamento militar, centro relixioso, control de puntos económicos, estratéxicos e territorial. De cando en vez celebrábase o mercado. A aparición dos oppida comporta grandes cambios económicos e sociais. Os guerreiros van perdendo poder a mans dunha oligarquía non guerreira. Esta organización mantense deica o final do celtismo e a romanización dos pobos celtas.

Notas

  1. Helmut Birkhan: Kelten. Versuch einer Gesamtdarstellung ihrer Kultur. S. 47 f.
  2. 2,0 2,1 Koch, John (2005). Celtic Culture: a historical encyclopedia. Santa Barbara: ABC-Clio. pp. xx. ISBN 978-1-85109-440-0. Retrieved 9 June 2010.
  3. 3,0 3,1 James, Simon (1999). The Atlantic Celts – Ancient People Or Modern Invention. University of Wisconsin Press.
  4. Collis, John (2003). The Celts: Origins, Myths and Inventions. Stroud: Tempus Publishing. ISBN 0-7524-2913-2.
  5. Pryor, Francis (2004). Britain BC. Harper Perennial. ISBN 978-0007126934.
  6. Herodot, Historien 2, 33, 3; 4, 49, 3.
  7. Helmut Birkhan: Nachantike Keltenrezeption. S. 16 f.
  8. Martin Rockel: Grundzüge einer Geschichte der irischen Sprache. Wien, 1989, S. 15.
  9. Wolfram Euler: Die Frage der italisch-keltischen Sprachverwandtschaft im Lichte neuerer Forschungen. In: George E. Dunkel et al. (Hrsg.): Früh-, Mittel-, Spätindogermanisch. Akten der IX. Fachtagung der indogermanischen Gesellschaft vom 5. bis 9. Oktober 1992 in Zürich. Reichert Verlag, Wiesbaden 1994. S. 37-51

Véxase tamén

Bibliografía

  • T.G.E. Powell.(2005)«Los Celtas», Oberón. Tradución do clásico «The Celts» , Thames&Hudson, 1958.
  • Sykes, Bryan (2006). «Blood of the Isles» . Bantham Press. ISBN 978-0-593-05652-3.
  • Wells, Spencer (2007). «Nuestros antepasados. Proyecto Genographic». RBA libros. ISBN 978-84-8298-386-8. [1]
  • Sainero, R. (1987)La huella celta en España e Irlanda.Akal. ISBN 84-7600-167-3.
  • Sainero, R. (2007). Orígenes históricos, mitológicos, y literarios de la Península Ibérica. Revista Brathair, nº7(2)
  • Green, Miranda J.(editora), Green, Miranda J. e outros.'(1995).'The Celtic World, Routtledge.ISBN 0-415-05764-7.
  • Green, Miranda J.(2004)Guía completa del mundo celta, Oberón.ISBN 84-96052-54-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Arte celta

A Arte celta é a arte asociada cos pobos coñecidos como celtas; aqueles que falaban linguas celtas en Europa dende o período da prehistoria ata a idade moderna, así como a arte de pobos antigos, cuxa lingua é incerta, pero que teñen semellanzas culturais e de estilo cos falantes de linguas celtas.

A arte celta é un termo difícil de definir, abarcando unha extensión enorme dende o punto de vista da xeografía, do tempo e das culturas. Comeza coa continuidade artística en Europa a partir da Idade de Bronce, e de feito a anterior etapa do Neolítico. Con todo, os arqueólogos xeralmente usan a denominación "celta" para referirse á cultura do Idade de Ferro a partir do ano -1000 en diante, até a conquista polo Imperio Romano da maior parte do territorio en cuestión, e os historiadores de arte tipicamente comezan a falar sobre "arte celta" só a partir do período de La Tène (entre o século -V e o -I). "Arte celta antiga" é outro termo usado para este período, stretching in Britain to about -150. A arte da Alta Idade Media de Bretaña e Irlanda, que produciu o Libro de Kells e outras obras mestras, é chamado Arte insular na historia da arte.

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.

Celta de Vigo B

O Real Club Celta de Vigo, SAD B é un equipo de fútbol galego da cidade de Vigo. Foi fundado en 1989 e trátase do equipo filial do Celta de Vigo. Actualmente[cando?] compite no grupo I da Segunda División B, logo de ascender na tempada 2012–13.

Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña. Na tempada 2018-2019 xoga na segunda división, logo de descender na tempada 2017-18. Con todo, xogou 25 das últimas 28 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española, sendo o segundo equipo galego neste ránking. A finais de 2003 o club tiña 287 agrupacións de afeccionados, pero na tempada 2011–12 en segunda división esa cifra de agrupacións baixou a 156.Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Estadio Municipal de Balaídos

O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Lista de deuses celtas

Angus Og

Anu: Deusa Doncela da fertilidade.

Arianrhod

Badb: Deusa da guerra.

Balar: Avó de Lugh.

Bandua: Deus da guerra, protector da comunidade.

Belenus: Deus solar, asociado á luz.

Belisama: Deusa relacionada cos lagos, cos ríos, co lume, co traballo manual e a luz.

Bran

Brigit: Deusa do lume e a inspiración.

Caer

Cailleach Béirre: Deusa do inverno, protectora dos animais salvaxes.

Cerridwen: Deusa galesa que posuía o caldeiro da Inspiración e a Sabedoría.

Cernunnos

Dagda

Dana: Deusa da terra.

Endovelico: Deus da saúde.

Epona: Deusa dos Cabalos, a Curación e a Morte.

Grian: Deusa do sol e as fadas.

Gwydion

Home Verde

Lugh: Deus supremo da mitoloxía celta.

Lir: Deus do mar

Macha

Manannan mac Lir

Morrigan: Deusa celta da morte e a destrución.

Navia: Deusa das augas.

Nemain

Nuadha

Ogma

Rei do Carballo

Rei do Acivro

Reva: Deus da xustiza.

Rhiannon

Taranis, Taranu, Toran (irlandés), Taran (galés)

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mar Céltico

O mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co canal de San Xurxo, co canle de Bristol e co canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualles, Devon e Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Míchel Salgado

Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e a selección galega.

Actualmente é o seleccionador, xunto con Fran, da selección galega.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Politeísmo celta

O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.

O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh.

Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares.

Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano.

Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.

Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.

Porco

O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Segunda división española de fútbol

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga SmartBank por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Taranis (deus)

Taranis é un deus da mitoloxía celta, adorado sobre todo na Galia e na Bretaña romana.

Trofeo Cidade de Vigo

Para o torneo de hóckey a patíns véxase Torneo Cidade de Vigo.O Trofeo Cidade de Vigo é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade de Vigo, desde 1971. O seu equipo anfitrión é o Celta de Vigo, que ten 21 trofeos e, ademais, é o actual campión. A última edición disputada foi a do ano 2012.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Linguas indoeuropeas
Pobos indoeuropeos
Protoindoeuropeos
Hipóteses Urheimat

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.