Celso Delgado

Celso Luis Delgado Arce, nado o 23 de febreiro de 1958 en Ourense, é un político e avogado galego.

Celso Delgado
Celso Luis Delgado Arce
Nacemento23 de febreiro de 1958
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é un avogado especialista en xestión económica. Ten un máster en administración de empresas na especialidade de distribución comercial e foi asistente do secretario da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense.

Militante do Partido Popular de Galicia, en 1997 preséntase nas listas provinciais ás eleccións galegas, e sae elixido parlamentario. Ocupa a vicepresidencia do Parlamento de Galicia ata o ano 2000, cando abandona o escano para encabezar as listas por Ourense do seu partido nas xerais do 2000. Sae elixido deputado, reelixido en 2004, 2008 e 2011. Volveu figurar nas listas do PPdeG ao Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 2015, se ben neste caso de número 2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos de la Peña

Luis Carlos de la Peña Arizaga, nado en Éibar (Guipúscoa) en 1958, é un economista e político galego. Diplomado en ciencias empresariais pola ETEO (na actualidade Universidade de Mondragón), ampliou estudios na facultade de Ciencias Económicas de Santiago de Compostela. É especialista en Economía Urbana pola Universitat Oberta de Catalunya-UOC e experto en Compliance Penal.Ten estudios de Dereito e de Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas pola UNED.[Cómpre referencia]Foi alcalde de Baiona (Pontevedra) entre en 2003 e 2004 e ostentou os cargos de Delegado Autonómico en Galicia da empresa pública Tragsa e Director Xeral de Adif. Na actualidade traballa como consultor de empresas e das administracións públicas en cumprimento normativo e aplicación de códigos éticos.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997

O 19 de outubro de 1997 celebráronse as quintas eleccións ao parlamento de Galicia. Cun censo de 2 565 131 electores, os votantes foron 1 603 731 (62,5 %), con 961.400 abstencións (37,5 %). O Partido Popular de Galicia gaña novamente por maioría absoluta, e conseguindo o nomeamento do seu candidato, Manuel Fraga Iribarne, como o presidente da Xunta. O PsdeG é superado como segunda forza política polo Bloque Nacionalista Galego. O resto de partidos políticos non conseguiron representación parlamentaria.

Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M). Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron pra renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as elecciones autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais en Ourense

Eleccións xerais na provincia de Ourense desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes de Ourense no Congreso dos deputados diminuíu de 5 a 4.

Miguel Santalices

Miguel Ángel Santalices Vieira, nado en Bande o 17 de marzo de 1955, é médico, milita no Partido Popular e é o actual presidente do Parlamento de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.