Celote

Os celotes[1] eran grupos radicais no Israel do século I fundados por Xudas o Galileo pouco despois da nacemento de Xesús de Nazaret. O nome, en hebreo קנאים Qannaïm, fai referencia ó celo relixioso gardado polos seus membros. O seu obxectivo era unha Xudea independente do Imperio Romano mediante a loita armada tal com sucedeu na Gran Revolta Xudía do 66-70 durante a cal tomaron o control de Xerusalén e masacraron a gornición romana,[2] ou durante o asedio de Masada.

Os celotes foron a facción máis radical do xudaísmo da súa época, e enfrontouse frecuentemente a outras faccións como os fariseos ou saduceos, razón pola que o termo celote pasou a ser sinónimo en diversas linguas de intransixencia ou radicalismo militante. Para algúns historiadores están considerados como un dos primeiros grupos terroristas da historia, xa que empregaban o secuestro e o homicidio de civís que ó seu entender colaboraban co goberno romano, para disuadir ós outros de facer o mesmo. Unha facción radicalizada coñecida como os sicarii distinguíronse pola súa particular virulencia e sectarisme.

No Novo Testamente é coñecido o capítulo no cal a liberdade de Barrabás, un líder celote preso, é preferida por unha multitude á liberdade de Xesús de Nazaret, testemuñando a popularidade deste movemento na súa época. Especulouse que dous dos apóstolos, Xudas Iscariote e Simón o celote podían ter participaso ou simpatizado con este movemento.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para celote.
  2. Tucker, Spencer C. (2010). Battles That Changed History: An Encyclopedia of World Conflict (en inglés). ABC-CLIO. pp. p.78. ISBN 1598844296.
A Última Cea (Leonardo)

A Última Cea (en italiano: Il cenacolo ou L'ultima cena) é unha pintura mural orixinal de Leonardo da Vinci executada entre 1495 e 1497, atópase na parede sobre a que se pintou orixinariamente, no refectorio (comedor) do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia). Este representa a escena da Última Cea de Xesús como se anuncia no Evanxeo de Xoán 13:21, cando Xesús anuncia que un dos seus Doce Discípulos traizoaríao. A pintura foi elaborada, para o seu patrón, o duque Ludovico Sforza de Milán. Non é un fresco tradicional, senón un mural executado ao témpera e óleo sobre dúas capas de preparación de xeso estendidas sobre enlucido. Mide 460 cm. de alto por 880 cm. de ancho. Moitos expertos e historiadores da arte, consideran a A Última Cea como unha das mellores obras pictóricas do mundo.

Apóstolo

Segundo o Novo Testamento, os doce apóstolos elixidos directamente por Xesucristo foron:

Simón, alcuñado Pedro

André, irmán de Pedro

Santiago o de Zebedeo ou Santiago o Maior

Xoán, o menor dos Doce, tamén fillo de Zebedeo. Este foi evanxelista.

Filipe

Bertomeu

Tomé

Mateo, o publicano (recadador de impostos para os invasores romanos), tamén evanxelista

Santiago o Menor ou Santiago de Alfeo

Xudas Tadeo

Simón, o Celador ou celote

Xudas Iscariote, o que traizoou a Xesús Cristo.Despois da resurrección e ascensión de Xesús, e tralo suicidio de Xudas Iscariote, os once apóstolos restantes reuníronse e elixiron a Matías para completar novamente o número de doce. Ningún outro seguidor de Xesús, nin sequera da importancia de Paulo ("Apóstolo dos Xentís", ás veces considerado o verdadeiro fundador do cristianismo), se engadiría a este grupo.

Canaán

Canaán (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן

, kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da faixa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Faixa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

Caná

Caná[Cómpre referencia] era unha cidade de Galilea citada algunhas veces polo Evanxeo segundo Xoán como o lugar onde se realizou o primeiro milagre de Xesús de Nazaret, a conversión da auga en viño durante un casamento, feito coñecido coma as vodas de Caná.

O Evanxeo de Xoán cita tamén Caná porque aló se atopaba Xesús Cristo cando lle van pedir de sandar ao fillo do funcionario real de Cafarnaúm (4, 46) e coma cidade natal de Natanael, identificado co apóstolo Bertomeu. Algunhas tradicións indican que Caná sería tamén a cidade onde naceu Simón o Celote, outro dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Porén en toda a Biblia non se fai máis referencia ao lugar.

Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao século XIII identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de Nazaret; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en lingua árabe, 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola etimoloxía do nome; ou incluso en Qana, ao sur do Líbano.

De todos os xeitos, non está claro que a cidade existise realmente. Algúns historiadores e estudosos da Biblia[Cómpre referencia] coidan que o Evanxeo de Xoán foi escrito para un público culto mais non necesariamente coñecedor da xeografía de Palestina, os cales afirman que Caná podería ser tan só un nome cunha función teolóxica e simbólica, mais ca histórica.

Nova Athos

Nova Athos (en xeorxiano: ახალი ათონი, Akhali Atoni; en Abkhazo: Афон Ҿыц, Afon Ch'yts; en Grego: Νέος Άθως, Neos Athos) é unha cidade no distrito de Gudauta, Abkhazia. Está sitúada a 22 km da capital do país, Sukhumi, na costa do Mar Negro. A cidade tamén tivo outros nomes no pasado: Nikopol, Acheisos, Anakopia, Nikopia, Nikofia, Nikopsis, Absara e Psyrtskha. A Cova de Nova Athos é unha das principais atraccións de Abkhazia.

San Simón

O nome de San Simón pode referirse a:

Simón o Celote, tamén chamado o Cananeo, apóstolo de Xesús de Nazaret (venerado o 28 de outubro);

Simón Pedro, un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, o primeiro papa, máis coñecido como San Pedro;

Simón o Estilita (c. 390-459), santo asceta cristián.O topónimo San Simón pode referirse a:

San Simón, lugar da parroquia de Sorga no concello da Bola;

San Simón, lugar da parroquia de Marei no concello do Corgo;

San Simón, lugar da parroquia de Cesantes no concello de Redondela;

San Simón, lugar da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui;

San Simón, lugar da parroquia de Baión no concello de Vilanova de Arousa;

A illa de San Simón;

A enseada de San Simón;

O río San Simón, afluente do Louro, na parroquia de Ribadelouro, en Tui.

Simón

Simón é un nome propio masculino galego de orixe hebraica: Šimʻôn. O seu significado é "o que escoitou a Deus". Disque tamén podería ter orixe na verba grega Simos: "o que ten o nariz chato" . A variante feminina de Simón é Ximena. É común en moitos países europeos.

Na mitoloxía grega, Simón era o nome dun dos telquíns e dun dos piratas que secuestraron a Dioniso.

Simón, apóstolo

Simón, dito Simón, o celote (ou o Celador) ou Simón, o Cananeo, natural da Galilea, foi un dos discípulos de Xesús Cristo que formou parte do grupo dos doce apóstolos. Refírese coma o Cananeo de acordo co Libro de Mateo e coma o celote no Libro de Lucas e en Feitos dos Apóstolos.

A palabra grega Cananeo e a palabra celote, derivada do aramaico, significan a mesma cousa: "celoso". Suponse por ese apelido que Simón pertencía á seita xudaica coñecida como celotes.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xudas Iscariote

Xudas Iscariote, finado contra o ano 30 d.C., foi, de acordo co Novo Testamento, un apóstolo de Xesús de Nazaret, a quen traizoou por trinta moedas de prata.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.