Celosía

Unha celosía é un taboleiro calado para pechar vans, como fiestras e balcóns, que impide ser visto pero permite ver e deixa penetrar a luz e o aire. Normalmente é de madeira, pero pode ser de pedra ou doutros materiais. Foron moi utilizadas na arte hispanomusulmana.

Santa María de Bendones detalle Ventana
Celosía de fiestra na igrexa de Santa María.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Celosía (estrutura)
A Cancela Abrea, Dodro, Dodro

A Cancela Abrea é un lugar do concello de Dodro, pertencente á parroquia de Dodro. A súa poboación no ano 2015 era segundo o IGE de 69 persoas; 33 homes e 36 mulleres.

Arquitectura prerrománica en Galicia

A arquitectura prerrománica galega enténdese como unha expresión xenérica que designa calquera manifestación artística que preceda temporalmente á arquitectura románica e que sexa posterior ao período clásico romano. Esta definición é aplicable a toda a arte e arquitectura da Europa occidental.

Deste xeito, o termo prerrománico aplicaríase, no temporal, a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e comezos do século XI (espallamento do románico), e no estilístico, á arte ostrogoda, longobarda, carolinxia, otoniana etc., estando representada en Galicia pola arquitectura visigoda, asturiana, mozárabe e de repoboación.

Como diversos estudos revelaron, en toda Galicia existiron numerosas construcións deste estilo. Actualmente moitos monumentos románicos galegos aséntanse sobre estruturas prerrománicas.

Arte visigótica

A arte visigótica é aquela que designa as expresións artísticas creadas polos visigodos, que entraron na Península Ibérica no ano 415 e se converteron no pobo dominante da rexión até a invasión musulmá no 711. Este período da arte ibérica se notabiliza pola arquitectura, artesanado (especialmente ourivaría) e a escrita visigótica. O impulso artístico provén da man de Santo Isidoro (As Etimoloxías) e maila unidade política e relixiosa de Recaredo.

Artea

Artea (antes chamado oficialmente Castillo y Elejabeitia; usándose en éuscaro os nomes de Gaztelu-Elexabeitia e Arteaga) é un municipio do val de Arratia, na provincia de Biscaia, País Vasco (España).

Capela de San Xes de Francelos

A capela de San Xes de Francelos é unha pequena e sinxela capela situada no núcleo de poboación da parroquia de Francelos, no concello de Ribadavia. Orixinariamente pertencía a un antigo mosteiro medieval xa desaparecido. Na actualidade é o resultado de diversas reconstrucións que alteraron totalmente a fábrica orixinal. A súa importancia e valor residen en que nas reconstrucións se aproveitaron elementos decorativos e arquitectónicos prerrománicos procedentes das edificacións anteriores, magníficos vestixios dun estilo pouco conservado en Galicia.

Castelo da Rocha Forte

O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.

Cesullas, Cabana de Bergantiños

Santo Estevo de Cesullas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1 325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.566 habitantes.

Cimbro

O termo cimbro pódese referir a:

Xenebreiro, arbusto da familia das cupresáceas (Juniperus communis).

Cimbros, pobo céltico das marxes do Báltico, establecido na Xermania, cimbro, címbrico.

Cimbro, variedade xermánica falada por unha minoría lingüística no norte de Italia.

Cumio, parte máis alta dun monte, cabezo, cimeira, cume, cumio.

Noiro, montículo de terra á beira dun camiño ou dun terreo que testa con outro, ribada, cemba.

Cimbro (construción), en enxeñaría estrutural é unha celosía de barras rectas interconectadas en nodos formando triángulos planos ou pirámides tridimensionais.

Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto

Bilbao Abando-Indalecio Prieto, tamén coñecida como Bilbao-Abando ou estación do Norte, é a principal estación ferroviaria do centro da cidade de Bilbao. É unha estación terminal de carácter monumental e estilo clasicista inaugurada en 1948 por Renfe, que encargou a súa construción a Alfonso Fungairiño.

Ten servizos de longa distancia, media distancia e proximidades operados por Renfe. Dispón tamén de conexións coas liñas L1 e L2 do Metro de Bilbao a través da estación de Abando, con servizos Renfe Feve grazas á estación de Bilbao-Concordia, así como coa rede de autobuses urbanos, interubanos e o tranvía da cidade.

Faro de Mera

O faro de Mera é un faro de enfilación composto de dúas torres de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior. Está situado na parroquia de Mera, no concello de Oleiros

Igrexa de Santa Comba de Bande

Santa Comba de Bande é unha pequena igrexa construída durante segunda metade do século VII no estilo arquitectónico visigodo vixente no suroeste da Europa nesta época. Santa Comba de Bande é a única igrexa deste período que se conserva na súa integridade[Cómpre referencia]. Trátase do único edifico que se conservou dun mosteiro prerrománico a onde se trouxeran as reliquias de San Trocado (discípulo do Apóstolo Santiago), a quen estivo dedicada.

Recibiu a distinción de Monumento Nacional por mor dun Real Decreto do 11 de agosto de 1921.

Igrexa de Santa María de Cambre

A igrexa de Santa María de Cambre é un templo de feitura románica de Cambre do século XII. Segue o estilo románico compostelán e é unha das igrexas a destacar no románico galego.Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño do 1931. A protección como Ben de Interese Cultural esténdese á delimitación da contorna por Decreto 29 do 29 de xaneiro do 1998.

Jean Nouvel

Jean Nouvel, nado o 12 de agosto do 1945, é un arquitecto francés. Estudou na École des Beaux-Arts en París e foi un dos membros fundadores de Mars 1986 e do Syndicat de l'Architecture. Obtivo numerosos recoñecementos e distintivos ao longo da súa carreira, incluíndo o Aga Khan da Arquitectura (tecnicamente o premio déuselle ao edificio do Institut du Monde Arabe que Nouvel deseñara), o Premio Wolf das Artes no 2005 e o Premio Pritzker no 2008. Un variado número de museos e centros de arte amosan retrospectivas do seu traballo.

Mosteiro de Santo Estevo de Atán

O mosteiro de Santo Estevo de Atán é unha edificación relixiosa que se atopa na marxe esquerda do río Miño, na parroquia de Atán, no concello de Pantón, da que practicamente só queda a igrexa. Está situado preto de terras asolagadas polo encoro dos Peares en plena Ribeira Sacra. Dende o seu emprazamento, a media ladeira, pode contemplarse na outra beira do río, e máis ou menos á mesma altura, cara á esquerda, a igrexa de San Xoán da Cova. Foi declarado monumento nacional por Decreto 2496 do 23 de agosto do 1975.

O Incio, O Incio

Santa Cruz do Incio é unha parroquia do concello do Incio, anexa á do Hospital, na provincia de Lugo. En 2011 tiña 221 habitantes (108 homes e 113 mulleres) 18 máis ca en 1991. En 2017, segundo o INE, eran 201 habitantes, 100 mulleres e 101 homes.Só ten un núcleo de poboación, a aldea da Cruz do Incio, capital do municipio.

Limita ao norte con Sirgueiros, con Óutara (A Pobra do Brollón) ao sur, Hospital ao este e Eirexalba ao oeste.

Esta freguesía, antes incluída na de Sirgueiros, creouse a finais do século XIX.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Sede da Xunta de Galicia en Vigo

A sede da Xunta de Galicia en Vigo é a actual delegación institucional da Xunta de Galicia en Vigo. Entrou en funcionamento o 1 de marzo do ano 2002, e foi deseñada por Esteve Bonell e Josep M. Gil Guitart no ano 1995 como parte do concurso "Abrir Vigo ó Mar", proxecto que levou no ano 2005 o Premio Nacional de Arquitectura de España.

Tecostráceos

Os tecóstracos ou tecostráceos (Thecostraca) son unha subclase de crustáceos maxilópodos, que inclúe os coñecidos percebes e arneiros, os ascotorácidos parasitos e os enigmáticos facetotectos.Coñécense, segundo algúns autoires, unhas 1 300 especies descritas. Porén, o SIIT reduce o número de especies a 402 descritas, das que só 239 están aprobadas.Caracterízanse pola presenza de órganos celosía, uns órganos quimiorreceptores da cutícula, exclusivos destes animais. Ademais, o estadio larvario final posúe anténulas prénsiles que usan para a localización do substrato e fixación no mesmo, para desenvolver o estadio adulto, que é sésil.

Viaduto do Ulla (eixe atlántico de alta velocidade)

O viaduto do Ulla é unha infraestrutura que une as provincias da Coruña e Pontevedra e que constitúe a actuación de maior importancia do eixe atlántico de alta velocidade ferroviaria, que destaca pola súa complexidade técnica e pola súa singularidade. Cos seus 240 m de lonxitude máxima entre piares, constitúe un récord mundial de luz (anchura entre piares) neste tipo de pontes (tipoloxía taboleiro mixto formigón-aceiro).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.