Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' [5]) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Coordenadas: 42°09′6.55″N 07°57′24.85″O / 42.1518194, -7.9569028

Celanova
Escudo de Celanova
Casa do concello de Celanova - Galiza
Casa do concello.
Situacion Celanova
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación5.533 hab. (2018)
Área67,3 km²
Densidade82,21 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloCelanova
Política (2019[2][3])
AlcaldeAntonio Puga Rodríguez (Celanova Decide)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: Celanova Decide 4
Eleccións municipais en Celanova
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes67,44%
Na rede
http://www.celanova.gal

Xeografía

Situación

O concello de Celanova está situado no oeste da provincia de Ourense, ao sur da capital da provincia. Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.

Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova[6], está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.

Orografía

No que se refire á cunca natural propia do municipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión na capital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coa Casa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríos Sorga e Arnoia, da lugar a unha val agrario moi produtivo[7].

Hidrografía

Os ríos máis importantes que regan o concello son o río Tuño polo suroeste e os ríos Sorga e Arnoia polo nordeste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes e regatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome de regato da serra o cal baña as antigas terras do Mosteiro de San Salvador.

Clima

Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de xaneiro e os 21 °C de xullo.

Demografía

Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. No século XX a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da década de 1910 o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en 1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes[8]. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.

Censo total 5.533 (2018)
Menores de 15 anos 542 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (55.27 %)
Maiores de 65 anos 1.933 (34.93 %)
Evolución da poboación de Celanova   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.895 7.314 7.845 8.053 6.079 5.949 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Antes do mosteiro o lugar xa estaba poboado e chamábase Villare pertencendo a un nobre chamado Vitiza[9] que se rebelou contra Afonso III, quen o venceu e lle entregou estas terras ó avó de San Rosendo, Hermenegildo e logo pasaron a seu irmán. En 936 San Rosendo fundou o Mosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. No século XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse pola Alta Limia, Monterrei e O Ribeiro.

Os irmandiños destruíron as fortalezas de Milmanda e Vilanova dos Infantes. Desde o século XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polos Reis Católicos. A partir de 1506, coa adhesión aos mosteiros beneditinos de San Benito El Real de Valladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.

Celanova sufriu as consecuencias das disputas entre Portugal e España debido á súa proximidade á fronteira. No século XIX, durante o Trienio liberal, o mosteiro foi exclaustrado e, finalmente en 1837, desamortizado.

En 1927 incorporouse ao concello Vilanova dos Infantes e en 1967 Acevedo do Río.

Economía

Celanova constitúese en centro comarcal de servizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción. Cultívanse hortalizas, flores, kiwis e legumes. O gando é, sobre todo, porcos e, logo, ovellas, cabras e vacas.

Cada xoves (mércores se o xoves é festivo) celébrase unha feira tradicional na Praza Maior da vila, onde se desenvolve tamén a actividade de elaboración e degustación de polbo á feira.

Patrimonio histórico e artístico

A parte antiga da vila de Celanova está declarada Conxunto Histórico Munumental. O mosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial do século XVI, obra de Melchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. A capela de San Miguel é mozárabe.

Moi preto está Vilanova dos Infantes, onde está a torre de Vilanova dos Infantes, torre da homenaxe vestixio do castelo do século XIV derrubado polos irmandiños. Nun outeiro próximo está o castro de Castromao.

En Milmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos da torre de Milmanda, castelo do século X.

En Rabal hai unha ermida renacentista. Sobre o río Arnoia, a ponte romana de Freixo conduce ao concello de Cartelle.

Celanova na literatura popular

  • As mozas de Vilanova/ eu ben sei quen elas son:/ sonche de aquelas lavadas/ que venderon o xabón [10].
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás [11].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova [12].
  • Vente conmigo, meniña,/ camiño de Celanova,/ i eu che direi, queridiña,/ que o teu aire me namora [13].
  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [14].

Irmandada

Celanova está irmandada coas cidades de:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Celanova.
Fachada San Salvador de Celanova

Fachada do mosteiro

Fachada leste Mosteiro de Celanova

Fachada leste

Capela de San Miguel Mosteiro de San Salvador de Celanova

Capela de San Miguel

Plaza mayor de Celanova

Praza Maior

Lugares de Celanova

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa: Lugares de Celanova.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño de 2019.
  3. El abogado Antonio Puga, nuevo alcalde de Celanova
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Esta voz ten un paralelo en Cillanueva no concello leonés de Ardón. Tanto na Cillanueva leonesa como na Celanova ourensá existen importantes asentamentos monacais que testemuñan a presenza de "mosteiros novos" na súa época e mesmo primitivas CELLAE de anacoretas (persoas que viven en soidade facendo penitencia) Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. pp. 182-183 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1
  6. Está en construción, segundo o proxecto estará rematada en Maio de 2012 [1]
  7. "Datos tomados de Celanova Virtual". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2011.
  8. "Datos publicados no INE". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de abril de 2011.
  9. Estrategias territoriales de un poder monástico en la Galicia medieval: Celanova (siglos X-XII), J C Sanchez Pardo.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49. No orixinal: quén. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, concello de Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Veiga, Celanova

San Paio da Veiga é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 104 habitantes (48 homes e 56 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Acevedo do Río, Celanova

San Xurxo de Acevedo do Río é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 239 habitantes (113 homes e 126 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 42 habitantes en relación ao ano 2000.

Alcázar de Milmanda, Celanova

Santa María de Alcázar de Milmanda é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 70 habitantes (38 homes e 32 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Amoroce, Celanova

Santiago de Amoroce é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova, formada polos lugares de Amoroce, Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli. En 2011 segundo o IGE tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres).

Ansemil, Celanova

Santa María de Ansemil é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2010 tiña 130 habitantes (67 homes e 63 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Barxa, Celanova

San Tomé de Barxa é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 250 habitantes (131 homes e 119 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Bobadela, Celanova

Santa María de Bobadela é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castromao, Celanova

Santa María de Castromao é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 211 habitantes (98 homes e 113 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

Cañón, Celanova

San Lourenzo de Cañón é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 112 habitantes (52 homes e 60 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 4 habitantes en relación ao ano 2000.

Celanova, Celanova

San Rosendo de Celanova é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 3.538 habitantes (1.639 homes e 1.899 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento de 325 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Fechas, Celanova

Santa María de Fechas é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 105 habitantes (51 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Freixo, Celanova

Santa Cristina de Freixo é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 139 habitantes (60 homes e 79 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Na parroquia está a ponte do Freixo, sobre o río Arnoia, construción romana declarada Monumento Histórico-Artístico.

Milmanda, Celanova

Santa Eufemia de Milmanda é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 177 habitantes (83 homes e 94 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Mourillós, Celanova

San Pedro de Mourillós é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 195 habitantes (103 homes e 92 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Orga, Celanova

San Miguel de Orga é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 69 habitantes (36 homes e 33 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano 2000.

Rabal, Celanova

San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Viveiro, Celanova

San Xoán de Viveiro é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 160 habitantes (71 homes e 89 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.