Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Coordenadas: 42°57′23″N 09°11′23″O / 42.95639, -9.18972

Cee
Bandeira de Cee
---
Escudo de Cee
Casa consistorial de Cee
Casa consistorial.
Situacion Cee
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Fisterra
Poboación7.576 hab. (2018)
Área57,5 km²
Densidade131,76 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloCee
Política (2019[2])
AlcaldeMargarita Lamela (PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: IxCee - 3, C's - 1
Eleccións municipais en Cee
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes64,69%
Na rede
www.cee.gal
correo@cee.dicoruna.es

Poboación

Censo total 2014 7760 habitantes
Menores de 15 anos 970 (12.5 %)
Entre 15 e 64 anos 4948 (63.76 %)
Maiores de 65 anos 1842 (23.74 %)
Evolución da poboación de Cee   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.060 5.151 5.945 7.531 7.344 7.818 7898 7.855 7808 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Cee dende Corcubion.Galiza
Vista xeral do porto de Cee dende Corcubión.

O concello esténdese entre a abrupta costa setentrional, onde se abre a ría de Lires e a regardada ría de Corcubión á que se asoma polas enseadas de Sardiñeiro e Cee.

As maiores altitudes localízanse no límite oriental con Dumbría (Alto de Montemaior 405 m, Monte de San Pedro 370 m) e no sector central, alto de Toba 305 m, desde onde o relevo descende bruscamente cara á plataforma litoral, estreita e sinuosa, onde se localiza a poboación.

A rede hidrográfica está organizada en dúas concas, a meridional fórmana os ríos Cee e Brens que desembocan na ría de Corcubión e a setentrional, os ríos Castro e Lires, que verten na ría de Lires.

O municipio ao asomarse ao mar por tres fragmentos de costa separados ofrece unha paisaxe variada: a ría de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrán e a beira oriental da ría de Corcubión, desde a vila de Cee ata a enseada de Ézaro. Pese a atoparse dentro da chamada Costa da Morte estes tres tramos ofrecen características diferenciadas, de acordo coa súa posición nunha zona de transición entre as Rías Altas e as Baixas, onde hai praias de augas tranquilas, moi frecuentadas no verán.

Toponimia

O topónimo Cee viría dun hidrónomo prerromano céltico-galaico cunha raíz indoeuropea *kei‑ co significado de ‘augas en movemento’ segundo documenta Edelmiro Bascuas e viría dun medieval Cea ou Ceia como se atopa nun documento de 1178 como villas de Ceia in Nemancis. Outra hipótese menos probábel baséanse no seseo do topónimo, polo que See derivaría dunha forma latina sinus ‘seo’ (palabra que aínda se utiliza na actualidade polos mariñeiros para designar unha enseada)[5].

Historia

Hai abondosa documentación sobre Cee no século XVI, momento en que tiña moita importancia a pesca, especialmente a de cetáceos. Foi entón cando se construíu a igrexa parroquial, de estilo gótico tardío. O templo foi reconstruído logo da desfeita provocada polos franceses na Guerra da Independencia Española, conservando algunhas partes da edificación primitiva.

Cultura

Factoría baleeira de caneliñas
Factoría de Caneliñas

Patrimonio arquitectónico

Economía

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cee
Cee

Cee

Praia de Cee

Praia de Cee

Escola de Música de Cee

Escola de Música de Cee

Personalidades de Cee

Lugares de Cee

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cee vexa: Lugares de Cee.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Cee na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Artigo sobre Cee no Portal das Palabras da RAG.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

A Ameixenda, Cee

Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 526 habitantes (275 mulleres e 251 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.

A Pereiriña, Cee

San Xián da Pereiriña é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 811 habitantes (414 homes e 397 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 862 habitantes (439 homes e 423 mulleres). En 1999 tiña 907 habitantes.

É unha parroquia predominantemente agrícola e forestal. Está atravesada pola ruta seguida polos peregrinos que tras facer o camiño de Santiago se achegan a Fisterra.

No alto de San Pedro consérvase unha pequena capela, cunha fonte preto dela.

Brens, Cee

Santa Baia de Brens é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 967 habitantes (522 mulleres e 445 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1137 habitantes, e 1999 cando tiña 1212 habitantes.

Na parroquia está a fábrica de carburos de Brens, da empresa FerroAtlántica.

Cee, Cee

Santa María de Cee é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 4.411 habitantes (2.321 mulleres e 2.090 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación aos anos 2004, cando tiña 3.641 habitantes, e 1999 cando tiña 3412 habitantes.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Comunidade Económica Europea

A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico. Estas institucións, posteriormente, no ano 1965, fusionáronse coas institucións da CECA e das do EURATOM, grazas ao Tratado de fusión (ou Tratado de Bruxelas).

A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do Tratado de Maastricht (o TUE, onde se creou oficialmente a Unión Europea) cambióuselle o nome polo de Comunidade Europea (CE). Trala creación da Unión Europea, a CE (antiga CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres piares da Unión Europea (v. cadro á dereita).

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Dinamarca

Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais de o máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak. Conta ademais con dous territorios dependentes, Groenlandia e as Illas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacan Selandia, Fionia, Vendsyssel-Thy, Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial de Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país se adheriu á CEE en 1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses déronlle un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a segunda guerra mundial.

Domingo de Andrade

Domingo Antonio de Andrade, nado en Cee en 1639 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1712, foi un arquitecto galego de proxección universal.

Lires, Cee

Santo Estevo de Lires é unha parroquia situada ao noroeste do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en xaneiro de 2009 tiña 450 habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 470 (244 mulleres e 226 homes). En 1999 tiña 506 habitantes.

É unha parroquia de carácter agrícola. A piscifactoría de troitas situada nela é das máis importantes do estado [Cómpre referencia]. Foi pioneira no turismo rural[Cómpre referencia], contando na actualidade con varios establecementos deste tipo.

O río Castro desemboca na ría de Lires, formando o límite desta parroquia de Cee con Muxía.

A súa igrexa parroquial data de comezos do século XVII. Anteriormente houbera unha ermida medieval máis pequena e máis preto da ría.

Lugar de importancia comunitaria

Os Lugares de importancia comunitaria (LIC) son espazos naturais europeos que foron designados polos estados membros europeos como candidatos a ser declarados zona especial de conservación da Rede Natura 2000.Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000. Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.

Toba, Cee

Santo Adrián de Toba é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2012 tiña 668 habitantes (329 mulleres e 339 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 619 habitantes. En 1999 tiña 646 habitantes.

VG-1.4

A VG-1.4 ou Vía de Alta Capacidade Cee - Sardiñeiro, tamén coñecida como Variante de Sardiñeiro, é unha infraestrutura de dominio público dependente da Xunta de Galicia. Conecta o concello de Fisterra coa AC-552 evitando o paso polos cascos urbanos de Cee e Corcubión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.