Cebola

Cebola ( pronunciación ) ou ceboleira é o nome vulgar da planta cuxo nome científico é Allium cepa, L..É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.

Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcáreos. É unha planta que prefire climas temperados non húmidos.

O principal produtor de cebola é México. Cultivase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes. Ceboliño: existen dous tipos dos chamados ceboliños: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.

Ceboleira
Cebolas

Cebolas
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Subfamilia: Allioideae
Tribo: Allieae
Xénero: Allium
Especie: A. cepa
Nome binomial
Allium cepa
L., Sp, Pl,, 1, 300, 1753 [1]
Cebola crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía166 kJ (40 kcal)
9.34 g
Azucres4.24 g
Fibra alimentaria1.7 g
0.1 g
1.1 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
4%
0.046 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.027 mg
Niacina (B3)
1%
0.116 mg
Ácido pantoteico (B5)
2%
0.123 mg
Vitamina B6
9%
0.12 mg
Ácido fólico (B9)
5%
19 μg
Vitamina C
9%
7.4 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
23 mg
Ferro
2%
0.21 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
6%
0.129 mg
Fósforo
4%
29 mg
Potasio
3%
146 mg
Cinc
2%
0.17 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga89.11 g
Fluoruro1.1 µg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de cebolas de Galicia.
Cebolas.Galicia

Cebolas galegas á venda

Cebolas

Cebolas galegas

Talo e flor da cebola

Talo e flor dunha cebola

Flor de cebola 1

Flor antes de abrir

Flor de cebola 3

Flora da cebola en Galiza

Cebolas Santiso, Santiso, Coruña

Plantación de cebolas en Santiso

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Cebola de Abaixo, O Allo, Zas

A Cebola de Abaixo é un lugar da parroquia do Allo no concello coruñés de Zas na comarca da Terra de Soneira. Tiña 20 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 8 homes e 12 mulleres.

A Cebola de Arriba, O Allo, Zas

A Cebola de Arriba é un lugar da parroquia do Allo no concello coruñés de Zas na Comarca da Terra de Soneira. Tiña 14 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 6 homes e 8 mulleres.

Bulbo

Para a protuberancia da parte superior da medula espiñal véxase artigo Bulbo raquídeo.

Un bulbo (chamado vulgarmente en Galicia cebola) é un tipo de órgano vexetal dalgunhas plantas perennes que inclúe unha parte correspondente ao caule, xeralmente de forma discoidal, da cal parten raíces e follas modificadas escamiformes. O mesmo que os rizomas, cormos e tubérculos, son órganos subterráneos de almacenamento de nutrientes que servirán á planta durante a época desfavorábel, na que perden a parte aérea, perdendo, polo tanto, a capacidade de realizar a fotosíntese.

As plantas que posúen este tipo de estruturas denomínanse colectivamente plantas bulbosas.

Ceboliño

Este artigo trata sobre unha hortaliza, para a parroquia ourensá véxase artigo Ceboliño, Ourense.

Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.

O ceboliño Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).

Chalota

A chalota (Allium ascalonicum) é unha especie de cebola miúda usada coma hortaliza pertencente á familia das aliáceas, orixinaria de Asia central. Tamén recibe en galego as denominación de ascalonia e allo de Ascalonia. Non é un cultivo tradicional en Galiza.

Curry

O curry é unha mestura de especias que se emprega na India para guisos ou estufados con mollo, comercializadas orixinalmente na Inglaterra e nos Países Baixos. Así mesmo, refírese ós pratos preparados con este mollo. A palabra curry deriva de kari, que significa "mollo" en támil.

As especias que a miúdo adoitan incluírse na mestura do curry son: chile, alfábega, carvea, sasafrán, canela, cardamomo, cebola seca, apio, coandro, comiño, cúrcuma, alforfa, xenxibre, mostaza, noz moscada, pementa de caiena, pementa, tamarindo. O curry varía de rexión en rexión e a súa cor depende da mestura de ingredientes.

Na gastronomía da China emprégase un curry chamado po dos cinco sabores ou po de cinco especias, que mestura cinco ingredientes (cúrcuma, comiño, pemento, canela e cardamomo). É coñecido como "Um Gion Fan"(cinco sabores) e é moi utilizado na preparación de diversos pratos, achegando moito sabor e arrecendo.

Empanada

Unha empanada ou bola é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.

Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.

A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).

Ensalada

A ensalada é a denominación xenérica dun conxunto de pratos fríos baseados nos vexetais fríos, pero admite combinacións, preparacións, presentacións e temperaturas moi diversas. Malia non ser un prato tradicional galego, si no mediterráneo, hoxe en día é frecuente. A máis común en Galicia combina leituga e tomate (con cebola se se gusta dela) aderezados principalmente con sal, aceite e vinagre (que pode ser substituído por limón). Adoita ser tomada como entrante ou como gornición do prato principal. Tamén pode constituír por si mesma o prato principal.

Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Guerra de Troia

A guerra de Troia é un acontecemento lendario, elemento esencial da cultura grega antiga. Deu lugar a numerosas obras artísticas, literarias en particular. Unha parte esta contada na Ilíada de Homero; o poema leva este nome xa que o nome grego da cidade de Troia é Ilion: trátase da primeira epopea escrita en grego e ten un valor fundador.

A guerra de Troia foi unha guerra contra a cidade de Troia en Asia Menor polos exércitos gregos, tras o rapto de Helena de Esparta por Paris de Troia. Esta guerra é a figura central da épica grecolatina e foi narrada nun ciclo de poemas épicos dos que só dous nos chegaron intactos, A Ilíada e A Odisea de Homero. A Ilíada describe un episodio desta guerra, e A Odisea narra a viaxe de volta a casa dun dos líderes gregos, Ulises. Outras partes da historia e versións diferentes foron elaboradas por poetas gregos e romanos posteriores.

Os antigos gregos crían que os feitos que Homero relatou eran certos. Crían que esta guerra tivera lugar nos séculos século -XIII ou século -XII, e que Troia estaba situada cerca do estreito dos Dardanelos no noroeste da península de Anatolia (actual Turquía). En tempos modernos, tanto a guerra como a cidade eran consideradas mitolóxicas.

En 1870 o arqueólogo alemán Heinrich Schliemann escavou o outeiro de Hisarlik, onde cría que estaba a cidade de Troia, achando os restos da antiga cidade de Nova Ilión, que existiu ata o século século -I e baixo a cal achou outras ruínas, e debaixo destas, outras máis. Parecía unha inmensa cebola cuxas capas habería que ir esfollando unha tras outra e cada unha destas capas parecía ser habitada en épocas distintas. Schliemann fora para achar a Troia homérica; pero no curso dos anos, el e os seus colaboradores acharon sete cidades sepultas, e máis tarde outras dúas. Pero, cal destas dez cidades era a Troia de Homero? Estaba claro que a capa máis profunda, Troia I, era a prehistórica, a máis antiga, tan antiga que os seus habitantes aínda non coñecían o emprego do metal, e que a capa máis a flor de terra, Troia IX, tiña que ser a máis recente, gardando os restos da Nova Ilión, onde Xerxes e Alexandre Magno sacrificaran aos deuses. Algúns historiadores cren que a Troia VI ou a VII foron a cidade homérica, porque as anteriores son pequenas e as posteriores son asentamentos gregos. Outros historiadores cren que os relatos de Homero son unha fusión de historias de sitios e expedicións dos gregos da Idade de Bronce ou do período micénico, e non describe feitos reais. Os que pensan que as historias da guerra de Troia derivan dalgún conflito real, dátano entre -1100 e -1300.

Hamburguesa

A hamburguesa é un alimento procesado en forma de sándwich cilíndrico que consta de carne picada e compactada cociñada á grella ou fritida. Preséntase entre dous pans lixeiros que posúen unha forma semiesférica que con frecuencia posúen sementes de sésamo na parte posterior. Adoita estar acompañada de aros de cebola, follas de leituga, algún toro de tomate, láminas de conservas en vinagre etc. Así mesmo, é costume que sexa adubada con algún condimento como o ketchup, a mostaza ou a maionesa e por veces cunha ou varias láminas de queixo procesado.

Herba aromática

Para ver a lista de especies de herbas aromáticas e especias véxase o artigo Lista de especies de herbas aromáticas.

As herbas aromáticas, herbas de cheiro ou finas herbas, son plantas que nacen bravas nos campos ou son cultivadas nas hortas ou explotacións agrarias polas súas cualidades aromáticas, recendentes, condimentarias ou, incluso, medicinais. Úsanse moito na cociña ademais de teren outros usos domésticos e industriais. A palabra condimento, do latín condimentum, significa: adubar, aderezar. de todos os xeitos non se deben confundir coas especias, empregadas como condimento seco ou en po.

Xeralmente se utilizan as follas das mesmas, xa sexan frescas, secas, ou deshidratadas, tanto para adubar os guisados coma para realzar os diversos recendos dos pratos culinarios, xa sexan en cru ou cociñados.

Durante moito tempo, e polo xeral, as herbas foron ignoradas, agás a menta, o pirixel e mais o allo. Algunhas só eran localmente coñecidas. De feito a cociña galega caracterízase pola case ausencia de uso de herbas recendentes (agás allo, pirixel, fiúncho, loureiro e algunha especie coma pemento).

Pertencen, en termos xerais, a tres familias botánicas:

as aliáceas: allo, cebola, ceboliño, chalotas etc.

as apiáceas: anxélica, carvea, cerefolio, fiúncho, pirixel etc.

as lamiáceas: maiorana, melisa, menta, ourego, segorella, sarxa, tomentelo etc.As herbas aromáticas secas teñen un recendo moi forte e deben ser utilizadas con mesura.

As flores aromáticas utilízanse para facer medicamentos e perfumes.

As mentas, especialmente a menta común emprégase para aromatizar o té e o seu extracto é usado na fabricación de caramelos, cremas dentais, entre outros produtos.

As aromáticas son utilizadas desde tempos inmemoriais e, segundo algúns investigadores, acompañaron as migracións e a evolución dos pobos que as utilizaban, inclusivamente protexendo a súa saúde, por mor ás súas propiedades antimicrobianas que, non só evitan algunhas infección, como a propia deterioración dos alimentos frescos. Alén diso, moitas destas plantas teñen propiedades medicinais, principalmente na facilitación dos procesos dixestivos.

No entanto, para manteren as súas propiedades, as herbas só deben ser engadidos aos alimentos no fin da súa preparación, xa que a calor prexudícaas.

A maioría das herbas verdes que aínda hoxe se utilizan son orixinarias da rexión do Mediterráneo.

Lugares de Zas

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Zas

Mildio

O mildio (do inglés mildew, por vía do francés mildiou, balor, mofo) é unha enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos). Outros cultivos como a cebola, a pataca e o tomate tamén sofren o mildio. Común nas videiras galegas, nalgunhas zonas de Galiza chámanlle mildeu e mera.

O termo mildio é moi xenérico e se refire a calquera tipo de microbio tipo oomicetos que son parasitos das plantas. O mildio pertence exclusivamente a Peronosporaceae. Na agricultura profesional é un problema especialmente para os produtores de crucíferas (Brassicaceae), viñas e hortalizas (especialmente as que medran en emparrados). O principal exemplo é Peronospora farinosa presentado en NCBI-Taxonomy e HYP3. Este patóxeno non produce estruturas de supervivencia nos estados do norte dos EUA, e hiberna a xeito de colonias vivas de mildio nos estados da Costa do Golfo. Cada primavera vai avanzando cara o norte coa progresiva produción de cucurbitáceas.

As perdas de rendemento na agricultura por mor do mildio está máis asociada ás podremias brandas que ocorren despois de que as follas caian e se produzan queimaduras solares nos froitos. O mildio das cucurbitáceas só afecta ás cucurbitáceas.

O Allo, Zas

San Pedro do Allo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 152 habitantes (75 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.

Salsa de tomate

A salsa de tomate ou mollo de tomate é unha salsa elaborada cociñando tomates maduros normalmente cun rustrido de allo, cebola ou outros ingredientes. Dependendo do país poden engadirse máis ou menos ingredientes. No caso de Galicia adoita ser o rutrido de allo, cebola e, por veces, pementos. En España e Italia, unha fritura de cebolas, alfábega, sal, aceite, allo e varias especias. En México, por exemplo, engádenselle chiles vermellos, coandro, cebola, vinagre, limón e sal.

A salsa de tomate hoxe en día pode adquirirse envasada en múltiples formas (tomate natural triturado, tomate fritido, salsa de tomate á antiga etc...). Cómpre saber que noutros países de fala inglesa tales como Australia, Nova Zelandia, India e Gran Bretaña o termo salsa de tomate ("tomato sauce") refírese xeralmente ao condimento azucrado a base de tomates denominado en Galicia, ketchup. Nestes países, os mollos feitos con tomate chámanse mollos para pastas, mollo de polo etc., dependendo do seu uso.

Sarabia

A sarabia, saraiba, saragana, pedra ou pedrazo, é un tipo de precipitación que consiste en partículas irregulares de xeo. A sarabia xérase en treboadas intensas en que se producen pingas de auga sobrearrefriadas, líquidas pero a temperaturas por debaixo do seu punto normal de fusión (0ºC), e ocorre tanto en verán coma en inverno. Pero dáse máis cando está presente a canícula.

Cando as pingas de auga sobrearrefriada chocan na nube con outras partículas xeadas ou grans de po, poden cristalizar sen dificultade conxelándose rapidamente ó seu redor. Nas treboadas máis intensas prodúcese precipitación xeada en forma de sarabia especialmente grande cando esta se forma no seo de fortes correntes ascendentes. Neste caso o gran de sarabia pode permanecer máis tempo na atmosfera dispoñendo dunha maior capacidade de crecemento. Cando o empuxe cara a arriba cesa ou a sarabia acadou un tamaño elevado, o aire xa non pode aguantar o peso do gran de sarabia e este acaba caendo.

Os grans de sarabia acostuman ser pequenos, dalgúns milímetros de diámetro, xeralmente en forma de bólas. Así a todo, de vez en cando orixínanse grans moito maiores, de varios centímetros de diámetro, debido a que na circulación ciclónica da treboada os pequenos grans ascenden e descenden varias veces, formándose distintas capas de xeo, unhas sobre outras. Dependendo do seu tamaño, poden non ser máis ca unha pequena molestia, causar danos en automóbiles e estruturas de cristal ou incluso matar a persoas. Debido ó seu proceso de formación todos eles teñen unha estrutura en forma de capas de cebola.

O gran de sarabia máis pesado rexistrada caeu en Coffeyville, Kansas (Estados Unidos), o 3 de setembro de 1970, e pesaba 770 gramos, tendo un radio de 14,5 cm. E o máis grande rexistrado caeu en Aurora, Nebraska o 22 de xuño do 2003 e tiña un radio de 17,8 cm, inda que o seu peso era inferior ao que se encontrou en Coffeyville.

Sáchica

Sáchica é un concello colombiano que se atopa a uns 32 km ó oeste de Tunja, na Provincia de Ricaurte no departamento de Boyacá, recoñecido como capital nacional da cebola.As esculturas alusivas ó sol e a lúa como homenaxe aos deuses dos indíxenas, o Festival de Música Sacra en Semana Santa e a representación desta en vivo, xunto aos templos e mosteiros católicos, e a sala de oración da Igrexa de Deus Ministerial de Xesucristo Internacional cunha arquitectura de estilo colonial, déronlle o título de "A Xerusalén de Colombia".A poboación segundo o censo de 2005 é de 3868 habitantes dos cales 1644 compoñen a poboación urbana e 2139 a rural. A economía sachiquense baséase no turismo relixioso, a agricultura e a explotación mineira.

O acceso a Sáchica realízase vía terrestre, pola estrada a Tunja capital do departamento, a Chiquinquirá e a Arcabuco.

Tortilla de patacas

A tortilla de patacas tamén coñecida como tortilla española é un prato cociñado, composto basicamente por ovo e pataca, e que adoita levar cebola e sal. Este prato pode combinar con carne, chourizo ou distintos vexetais. Ten un aspecto plano e circular, porque se fai na tixola.

As patacas frítense en aceite ata que están practicamente feitas, e logo mestúranse co ovo batido. A masa resultante bótase de novo na tixola e frítese, máis ou menos dependendo do gusto de cadaquén.

A tortilla francesa é aquela que non emprega pataca, e limítase a fritir o ovo batido.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.