Caza-recolección

Coñécese como caza-recolección o sistema económico do paleolítico e mesolítico, practicado aínda por algúns pobos. A caza-recolección foi a primeira adaptación da humanidade que levou a cabo con éxito, ocupando polo menos o 90% da historia da humanidade.[1]

Soamente algunhas sociedades contemporáneas foron clasificadas como sociedades cazadoras-recolectoras, e complementan a súa actividade coa horticultura e o coidado dos animais.[2]

San tribesman
Un home san de Namibia. Menos de 10 000 san viven da caza-recolección.

Historia

A especie humana, dende a súa existencia hai cinco millóns de anos até hai dez mil anos, sobrevivía mediante a caza e a recolección. Aproximadamente unha trintena de individuos, unidos polo parentesco, cazaban ruminantes e colleitaban froitos e sementes silvestres. Este sistema non se diferencia da forma de vida doutras especies de mamíferos depredadores.

Neses cinco millóns de anos, a característica principal foi o aumento do volume do cerebro, é dicir, que a capacidade de almacenar e transmitir foron necesarias para a supervivencia; sobrevivían os humanos con maior cerebro, que eran os que organizaban grupos para cazar, os que informaban dalgún perigo e os que deseñaban estratexias ofensivas ou defensivas. Dita capacidade de comprensión e comunicación sobreviviu até a organización da sociedade e economía actual.

Notas

  1. Cambridge Encyclopedia of Hunters and Gatherers. Cambridge University Press. ISBN 9780521609197.
  2. "Economic activities of twenty-first century foraging populations". Why Forage?: Hunters and Gatherers in the Twenty-First Century. University of New Mexico Press. ISBN 9780826356963.
América precolombiana

América precolombiana, era precolombiana e culturas precolombianas son termos que inclúen os períodos da historia e da prehistoria de América antes da aparición da influencia europea no continente, unha época que abrangue dende o poboamento orixinal no Paleolítico superior até a colonización europea durante a Idade Moderna.

Malia que o termo se refire literalmente ó tempo precedente á chegada de Cristóbal Colón en 1492, na práctica emprégase a expresión para facer referencia á historia das culturas indíxenas de América até que estas culturas foron exterminadas, menosprezadas ou alteradas polos europeos, mesmo se isto ocorreu décadas ou séculos despois da primeira chegada de Colón. Por este motivo os termos América precontacto, América precolonial ou América prehistórica tamén teñen certo uso. En áreas de América Latina, o termo máis común é prehispánico.

Moitas civilizacións precolombianas conseguiron crear asentamentos permanentes e cidades, desenvolver a agricultura, xerar arquitectura cívica e monumental e desevolver unha complexa sociedade xerárquica. Algunhas destas civilizacións desapareceron durante a época das primeiras colonias europeas permanentes e da chegada dos africanos escravos (c. finais do século XVI e comezos do XVII), e só se coñecen a través das investigacións arqueolóxicas e a historia oral. Outras civilización foron contemporáneas co período colonial e puideron ser descritas polos historiadores europeos da época. Unhas poucas, como a civilización maia, tiñan os seus propios rexistros escritos. Por mor de que moitos europeos critiáns da época viron eses textos como herexía, persoas como Diego de Landa destruríron moitos textos en fogueiras. Só algúns documentos ocultos sobreviviron nas súas linguas orixinais, mentres que outros foron transcritos ou ditados ó castelán, dando aos historiadores modernos visións da cultura e do coñecemento antigos.

As culturas indíxenas americanas continúan a evolucionar despois da era precolombiana. Moitos destes pobos e os seus descendentes continúan as prácticas tradicionais ó evolucionalas e adaptalas as novas prácticas e tecnoloxías culturais.

Arte rupestre do arco mediterráneo da Península Ibérica

O grupo de máis de 700 sitios de arte rupestre prehistórica da conca do Mediterráneo Ibérico, tamén coñecido como "arte levantino", declaráronse colectivamente Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1998. Os sitios atópanse no leste de España e conteñen a arte rupestre que data do Paleolítico Superior ou período Mesolítico (máis probable) da Idade de Pedra. A arte consiste en pequenas figuras pintadas de seres humanos e animais, que son os máis avanzados e xeneralizados sobreviventes deste período, seguramente en Europa e, posiblemente, no mundo, polo menos nos primeiros traballos. Destaca polo número de prazas incluídas, a maior concentración de tal arte en Europa. O seu nome refírese á Conca do Mediterráneo; No entanto, mentres algúns sitios están situados preto do mar, moitos deles están no interior de Aragón e Castela-A Mancha; tamén se refire a miúdo como Arte Levantine (que significa "de España do Leste", e non a rexión de Levante).

División sexual do traballo

A división sexual do traballo refírese á asignación de tarefas diferentes ou responsabilidades diferentes a homes ou mulleres polo único motivo do seu sexo biolóxico.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.