Cavaquiño

O cavaquiño, braguiña, braga, machete, machetiño ou machete-de-braga é un instrumento de corda, menor que a guitarra, de gran popularidade como acompañante e mesmo solista nas orquestras do pobo. O punto é dividido en 17 trastes; ten catro cordas de tripa ou de metal, afinadas normalmente en sol-sol-si-re, la-la-do#-mi, sol-si-re-mi, re-sol-si-re ou, máis raramente, en re-sol-si-mi (este máis utilizado por persoas que xa tocan viola e non queren ter que aprender outros acordes). O efecto aseméllase ao da mandolina ou ao da bandurriña.

O cavaquiño, segundo Gonçalo Sampaio, é procedente de Braga. Ten unha afinación propia da cidade de Braga que é re-la-si-mi. Alén de Portugal, é usado en Cabo Verde, Mozambique e Brasil.

No Brasil ese instrumento é usado nas congadas paulistas e forma historicamente o conxunto básico, xunto coa mandolina, a frauta e a guitarra. Waldir Azevedo é o máis coñecido músico de coro que tocaba ese instrumento. Considerado, aínda en vida deste, como o seu sucesor, o músico paulista Roberto Barbosa, máis coñecido por Canhotinho, é hoxe considerado unha das principais referencias no instrumento, por ter perfeccionado a técnica deixada por Waldir Azevedo. Canhotinho é, desde hai uns 40 anos, o arranxador do renomeado conxunto de samba Demônios da Garoa.

As illas do Hawai teñen un instrumento similar ao cavaquiño chamado ukelele, tamén con catro cordas e un formato semellante, que se xulga ser unha alteración do cavaquiño, traído por emigrantes portugueses en 1879.

Cavaquinho
Cavaquiño en exposición.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Cavaquiño - Dicionário Cravo Albin da Música Popular Brasileira (en portugués)
Anxo Lorenzo

Anxo Lorenzo, nado en Moaña en 1974, é un gaiteiro galego.

Cesária Évora

Cesária Évora, nada en Mindelo o 27 de agosto e 1941 e falecida na mesma vila o 17 de decembro de 2011, foi unha cantante caboverdiana, coñecida como a raíña da morna. e tamén como a diva dos pés descalzos, e a intérprete máis coñecida do seu país en todo o mundo.

Deolinda

Deolinda é un grupo de música popular portuguesa (MPP), inspirado no fado e nas súas orixes tradicionais.

Ginga (grupo musical)

Ginga é un grupo portugués de música folk creado no 2001.

No 2006 formaron parte do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Instrumento de corda

Os instrumentos de corda ou cordófonos son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas que están tensas entre dous puntos do instrumento; sons que son trasmitidos a unha caixa de resonancia cando as cordas son beliscadas ou fricionadas.

Na clasificación Hornbostel-Sachs, bastante utilizada actualmente, estes instrumentos representan a clase dos cordofonos identificada polos códigos iniciados polo número 3.

Malvela

Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).

Está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).

Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Samba

A samba (feminino en galego; orixinariamente é masculino: "o samba") é un xénero musical de raíces africanas xurdido no Brasil. O nome "samba" é probabelmente orixinario do nome angolano semba, un ritmo relixioso.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.