Catoira

Catoira é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 3.421 habitantes (1.683 homes e 1.738 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «catoirense».

Coordenadas: 42°38′N 8°41′O / 42.633, -8.683

Catoira
Bandeira de Catoira
---
Escudo de Catoira
CCatoira
Casa do Concello.
Situacion Catoira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación3.349 hab. (2018)
Área29,4 km²
Densidade113,91 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeXoán Castaño Conde (BNG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Catoira
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes69,69%
Na rede
catoira.gal
info@catoira.es

Poboación

Censo total (habitantes) 3.402 (2014)
Menores de 16 anos 455 (13,37 %)
Entre 16 e 64 anos 2.190 (64,37 %)
Maiores de 65 anos 757 (22,25 %)
Evolución da poboación de Catoira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.916 2.507 2.827 3.583 3.510 3.473 3.489 3.484 3.421 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 29,1 km², abrangue catro parroquias. Limita ao noroeste co río Ulla xa na desembocadura na ría de Arousa, ao nordeste con Valga, ao sueste con Caldas de Reis e ao suroeste con Vilagarcía de Arousa.

O punto de maior altitude é no monte Xiabre (641 m), no límite con Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis. Está comunicada con Pontecesures e Vilagarcía de Arousa a través da PO-550, e co Barbanza (na provincia da Coruña) a través dunha ponte. Na estación de Catoira fan parada algúns trens da liña Vigo-A Coruña.

Historia

O Monte das Mámoas é un conxunto de dúas mámoas do neolítico, situadas na parroquia de Santa Baia de Oeste, descubertas en 1956 por Ramón Sobrino Buhigas. Teñen uns 22 metros de diámetro cada unha, e están orientadas en dirección N-S. No lugar de Cores (de Abalo) foi atopada en 1988 unha hacha do calcolítico., feita con rocha metamórfica puída.

No río Ulla, preto das Torres de Oeste, foron atopadas varias espada de bronce, conservada en mans de particulares, no Museo de Pontevedra e no Museo arqueolóxico da Coruña. Esta última ten estoque de bronce con encaixes semicirculares na base. Fáltanlle dúas terceiras partes da empuñadura, conservándose parte dunha das perforacións para un cravo e dous remaches. A folla está moi deteriorada e reducida, con vestixios de finas estrías e dous finos nervios paralelos que se unen no terzo inferior e rematan no pico. Tiña unha lonxitude de 50 cm, cun ancho de 4,5 cm na parte máis grosa.

Da cultura castrexa consérvanse restos do castro de Tarrío, un poboado castrexo situado preto da igrexa de Dimo no que apareceron restos de cerámica. O castro das Torres mostra indicios dunha actividade metalúrxica e comercial importante, pois nel apareceron materiais de importación por vía marítima como ánforas, cerámica campesiña e fragmentos de tradición ibérico- púnica. Río arriba hai restos doutros asentamentos arqueolóxicos relacionados co comercio e as comunicacións.

A zona sufriu as invasións normandas, tendo lugar os principais ataques nos anos 858, 968 e 1016. No segundo deles unha escuadra de cen naves desembarcou en Cabreira dirixíndose cara a Iria Flavia. Na batalla de Fornelos, á beira do río Louro, na que faleceu o bispo compostelán Sisnando.

O rei Afonso V o Nobre doou a illa de Oneste no ano 1024 ó bispo iriense Vistruario para construír unha fortaleza, as Torres de Oeste, co fin de facer fronte aos ataques viquingos. O bispo de Iria Cresconio reformou a fortaleza e mandou tender unha grosa cadea entre as dúas beiras da ría para impedir o paso das naves. Os sucesores de Cresconio, Diego Páez e Diego Xelmírez, seguiron mellorando o recinto, que tomou a súa estrutura definitiva no século XII, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.

Xelmírez mandou construír unha capela adicada ao Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruídas.

Turismo

A Romaría Viquinga de Catoira, celebrada o primeiro domingo de agosto, está declarada de festa de interese turístico internacional. No segundo domingo de xullo celébrase a festa de Santo Antón de Padua, no marco da cal ten lugar a festa da solla de Catoira.

Na parroquia de Dimo celébrase o San Pedro o 29 de xuño. Na parroquia de San Mamede de Abalo celébranse as festas patronais na última fin de semana de xullo. Na segunda fin de semana de agosto celébrase Santa Eulalia do Oeste.

O concello está irmandado coa vila dinamarquesa de Frederikssund.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Catoira.
Catoira 060905 viquingos

Rotonda

Catoira 060905 033

Estatua que conmemora as invasións viquingas

Catoira 060905 038

Igrexa

Catoira 060905 031

Igrexa da estación pertencente á parroquia de Oeste

Lugares de Catoira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Catoira vexa: Lugares de Catoira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abalo, Catoira

San Mamede de Abalo é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 480 habitantes (242 homes e 238 mulleres), 39 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación.

En 1845 tiña uns 436 habitantes.

Alberto García García

Alberto García García, nado en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Anxos Sumai

María Anxos Sumai García, nada en Oeste (Catoira) o 29 de novembro de 1960, é unha documentalista, tradutora e escritora galega.

Catoira, Catoira

San Miguel de Catoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.201 habitantes (596 homes 605 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.060 habitantes.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Dimo, Catoira

San Pedro de Dimo é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 973 habitantes (469 homes e 504 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

O último domingo de maio celébrase a romaría de San Cibrán.

Estación de Catoira

Catoira é unha estación de Adif situado na vila de Catoira, na provincia de Pontevedra. Ten varios servizos Rexionais diarios operados por Renfe Media Distancia.

Fausto Castiñeira Isorna

Fausto Castiñeira Isorna, nado en Catoira en 1961, é un ilustrador e deseñador gráfico galego amais de coeditor en El Patito Editorial.

Félix Estrada Catoyra

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (hoxe Camagüey), Cuba, o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico militar e escritor galego en lingua castelá, tesoureiro da Real Academia Galega.

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Oeste, Catoira

Santa Baia de Oeste é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Catoira, na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 767 habitantes (376 homes e 391 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Romaría Viquinga de Catoira

A Romaría Viquinga de Catoira é unha festa profana que se celebra en Catoira nas contornas do castellum honesti, as actuais Torres de Oeste, cada primeiro domingo de agosto dende o ano 1961, lembrando o papel que tivo Catoira na defensa de Galiza fronte aos ataques normandos na procura do tesouro da Igrexa compostelá, e onde se escenifican as invasións viquingas ocorridas no lugar hai arredor de mil anos.Os veciños de Catoira vístense de guerreiros viquingos e de campesiños galegos da época para representar a loita. A festa comeza ás 10 da mañá coa música popular galega polas rúas da vila. Mais a festa en si faise arredor dos restos das torres e da Capela de Oeste, na beiramar da Ría de Arousa co río Ulla, onde se instala a feira medieval onde se ofrecen mexillóns e viño do Ulla.

O cénit da romaxe ocorre co desembarque. Os veciños que fan de normandos arriban pola ría cunha réplica dun bote viquingo do século XI para tomar as torres. O resto dos veciños fan de habitantes da vila, que intentarán loitar contra o invasor na beiramar. Os participantes rematan pingando de viño e auga. Os festexos seguen cun xantar popular (sardiñada, polbo, empanada…), co son de fondo das gaitas. A festa remata coa verbena.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Sergio Álvarez Conde

Sergio Álvarez Conde, nado en Catoira o 3 de agosto de 1986, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de porteiro e o seu club actual é o Celta de Vigo.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Torres de Oeste

As Torres de Oeste son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.