Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.[1]

Catedral de Santa María
Catedral de Santa Maria, Lugo
Catedral de Santa María
Datos xerais
PaísGalicia Galicia
TipoCatedral
AdvocaciónVirxe María
LocalizaciónLugo
Coordenadas43°00′33″N 7°33′30″O / 43.0092, -7.5583Coordenadas: 43°00′33″N 7°33′30″O / 43.0092, -7.5583
CatalogaciónBen de Interese Cultural
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseLugo
Orde relixiosa(orde relixiosa)
Arquitectura
Construción755-1273 (Antigo Reino de Galiza Bandeirareinogaliza.svg)
EstiloRománico, barroco, gótico, renacentista
Catedral de Lugo en Galicia

Catedral de Lugo
Catedral de Lugo
Localización da Catedral de Lugo.

Historia

Muralla Catedral Lugo
Vista dende a Muralla, á altura da Porta do Bispo Odoario.

Mandada construír no 755 polo bispo Odoario, ás deficiencias de construción e aos asedios das guerras seica se debeu o que no primeiro terzo do século XII se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notábeis da cidade a concertar en 1129 co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, e que se finalizou en 1273. Con posterioridade, as reformas e ampliacións realizadas fixéronse en estilos gótico, barroco e neoclásico.

Unha das súas xoias artísticas é o retablo renacentista que estaba no altar maior, obra de Cornielles de Holanda, e que se partiu a consecuencia do terremoto de Lisboa de 1755. Tras iso decidiuse dividilo en varios fragmentos, os dous maiores dos cales atópanse actualmente en ambos extremos da nave de cruceiro.

A catedral posúe o privilexio papal de exposición permanente do Santísimo Sacramento que é sacado en procesión, de aí o cáliz e a hostia que aparecen no escudo da cidade coa lenda "Hic hoc misterivm fidei firmiter profitemvr" (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ao misterio da consagración do corpo de Cristo e que se trasladou ao propio escudo de Galicia. Este feito fai que se denomine a Lugo a cidade do Sacramento.

En 2010 restaurouse gran parte da catedral. A fachada principal foi limpada e impermeabilizada. A cuberta das naves do cruceiro e o presbiterio foi completamente cambiado, así como o musgo dos contrafortes. No interior limpouse integramente o altar maior, deixando á vista as vistosas cores orixinais do teito. As obras remataron a mediados do 2012.

Catedral de Lugo - 01
Fachada.

Estrutura

A igrexa ten planta de cruz latina cunha lonxitude de 85 m. Ten tres naves, cruceiro e deambulatorio con cinco capelas absidais. A cabeceira é triabsidal.

A nave maior cóbrese con bóveda de canón apuntado e os laterais con bóveda de canón e aresta, de nervios no cruceiro, e bóveda de canón con lunetos no triforio. As fiestras do triforio son de arco agudo ou apuntado ao interior e ao exterior.

Á esquerda da entrada á catedral está a Torre Vella, gótica, rematada por un corpo de campás renacentista, terminado por Gaspar de Arce en 1580.

No adro da catedral de Lugo sitúase un cruceiro de data descoñecida, sitúase en cabeceira da catedral, á beira das ábsidas, no tramo que vai entre a torre-campanario e a capela da Virxe dos Ollos Grandes.

Estilos

Son románicos os paramentos verticais e bóveda da nave do cruceiro, os mesmo que a maior parte da nave maior, laterais e triforio, cuxas bóvedas foron refeitas no século XVIII.

Pertencen ao gótico o primeiro corpo da capela maior e o deambulatorio coas súas capelas absidais encostadas (1320-1360), exceptuada a central, así como as antigas de Santo Domingo dos Reis (1370) e San Froilán (1480), que actualmente forman a chamada do Pilar, ademais do primeiro corpo da torre das campás (cara a 1570 ou antes) e o nártice ou pórtico norte (1510-1530), non a portada.

Ao barroco adxudícase a sancristía (1678), a sala capitular e os seus arredores (1683), o claustro (1714) e a capela central do deambulatorio, chamada dos Ollos Grandes (1726).

No neoclásico, enmarcan os estudosos o segundo corpo da capela maior, a actual capela de San Foilán e a fachada, todo iso obra da segunda metade do século XVIII.

Catedral de Lugo 2
Lateral, onde se atopa a porta co Pantocrátor.

Porta Norte

É o máis destacado do estilo románico da catedral, está acubillada por un pórtico de principios do século XVI, cuberto dunha bóveda estrelada, mandado levantar polo bispo Pedro Ribeira.

Está formada por tres arquivoltas e gardapó de arcos de medio punto e lintel bilobulado coa améndoa mística cun espléndido Pantocrátor sedente, colgando da améndoa un pendurante con forma de capitel onde se representa a Última Cea. Está tallada en mármore e data do século XII, sendo as súas ferraxes do século XIII. Ilústrase a escena cun precioso dístico en latín nas tres caras visibles do ábaco, cuxa transcrición é:

É unha evidente alusión á eucarística ao relato do Evanxeo de Xoán (13, 22-25) cuxa tradución podería ser: Recostado no colo do Señor durante a cea, o discípulo amado albiscou a fermosura das cousas celestiais. Este pendurante foi reproducido nunha serie de selos de correos de España en 1969 con motivo do tricentenario da Ofrenda do Reino de Galicia a Cristo Sacramentado nesta catedral.

Catedral de Lugo
Vista traseira, na Praza de Santa María.

Interior

Tesouro

Do Tesouro, só quedan algúns restos despois do saqueo napoleónico en 1809. Posúe unha destacada colección de cálices dos séculos XV ao XIX entre os que destaca o Cáliz de Vaamonde (doado polo bispo Martínez de Vaamonde). Destaca a custodia do século XVII de Xoán de Arce, a coroa da Virxe dos Ollos Grandes e o relicario de San Froilán.

Coro

Unha das súas xoias máis destacables é o coro construído por Francisco de Moure, construído a principios do século XVII. A selería está composta de 27 postos no nivel baixo e 37 no nivel alto.

Hai ademais seis fragmentos de táboas de recheo que separan a cadeira prelaticia das inmediatas onde se le:

Ou sexa: O arquitecto e escultor galego Francisco de Moure, avecindado en Ourense, deseñou e esculpiu esta obra, terminada no ano 1624. Destaca a imaxinería que se desenvolve nos medallóns do respaldo dos postos baixos e nos rectángulos dos altos. Así mesmo obsérvanse innumerables elementos naturalistas. Ademais é a única catedral galega que conserva a súa coro na nave central.

Imágen de la Virgen de los Ojos Grandes. Catedral de Lugo
Virxe dos Ollos Grandes.

Capela da Virxe dos Ollos Grandes

A capela, data do século XVIII e é obra de Fernando de Casas Novoa e puxo a súa primeira pedra o Bispo Santa María Salazar, o 7 de decembro de 1726. Foi coroada canonicamente o 15 de agosto de 1904 e foille imposta a Medalla de Ouro da Cidade o 15 de agosto de 1954. A imaxe da Virxe dos Ollos Grandes atópase nesta capela e está considerada unha obra mestra do barroco.

Descoñécese ao autor da talla, de pedra policromada. Algúns entendidos sitúana cronoloxicamente no século XII, aínda que outros postergan a súa factura ao XV.

A Virxe dos Ollos Grandes é a patroa da cidade de Lugo e a catedral está consagrada ao seu nome. A súa festividade é o 15 de agosto. Afonso X o Sabio dedicoulle a súa cantiga LXXVII, na que describe a curación dunha muller que pediu á Virxe a saúde, que recobrou na propia catedral de Lugo, aos pés da Virxe.

Capela de San Froilán

Encostada ao muro norte, a capela de San Froilán é de estilo renacentista e foi construída en 1780. Ten a imaxe do santo tallada en madeira representado como Bispo en acto de bendicir obra de Francisco de Moure. Na cabeceira hai un sepulcro coñecido como o de Santa Froila (nai de San Froilán); a tumba é do século IX e o sepulcro do XII, pero non se sabe se o destinatario é Santa Froila ou o Bispo Odoario.[2]

San Froilán é o patrón da cidade de Lugo. Naceu nos arrabaldes de Lugo no ano 833. A súa festividade celébrase o 5 de outubro. Segundo conta a lenda, o santo introduciu na súa boca brasas ardentes para aceptar o xuízo divino a seguir pola súa vocación: a de eremita ou a de predicador.

Mestres

A catedral foi iniciada polo mestre Raimundo a petición do bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notábeis da cidade en 1129 conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico.

O claustro cuxa planta foi comezada polo monxe beneditino Gabriel de Casas foi finalizada polo arquitecto galego Casas Novoa autor tamén da capela da Virxe dos Ollos Grandes. A fachada foi iniciada polo enxeñeiro Sánchez Bort e redeseñada e executada por Miguel Ferro Caaveiro, a quen se deben así mesmo a traza da capela de San Froilán e do seu retablo pétreo, executado polo escultor lucense Manuel Luaces.

A sancristía e sala capitular é obra do galego Domingo Antonio de Andrade. O último corpo das torres da fachada foi proxectado polo arquitecto provincial Nemesio Cobreros Cuevillas, e todas as estatuas da mesma obra son de Santiago Quatrigas Baamonde.

Galería de imaxes

Detalle das ventás da cabeceira.
Detalle das ventás da cabeceira. 
Torre.
Torre. 
Ábsida.
Ábsida. 
Retablo.
Retablo. 
Claustro
Claustro 

Notas

  1. "A Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade". A Nosa Voz. 6 de xullo de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015.
  2. Cabana, Darío Xohán (2006). Mulleres en Lugo, un paseo pola cidade (maquetado para impresión). Concello de Lugo.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Década de 1760

A década de 1760 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1760 e remata o 31 de decembro de 1769.

Fernando de Casas Novoa

Fernando de Casas Novoa, nado ao redor de 1670 e falecido o 25 de novembro de 1749, foi un arquitecto galego barroco de talle mundial.

Fonteita, O Corgo

Santiago de Fonteita é unha parroquia do concello do Corgo, na comarca de Lugo.

A parroquia ten 7,5 quilómetros cadrados; limita ao norte ca parroquia de Queizán, ao sur coa de Castrillón, ao leste coa de San Martiño de Folgosa e ao oeste coa de Campelo e pertence ao arciprestado de Maestrescolia.

Os seus 217 habitantes (112 homes e 105 mulleres) repártense entre os lugares do Barrio, Chavín, Rubial, San Lorenzo, Sotolubián, Vilaboa e Vilamarín.

Francisco Vázquez Saco

Francisco Vázquez Saco, nado en Sarria o 24 de outubro de 1897 e finado en Lugo o 27 de decembro de 1962, foi un eclesiástico e escritor galego.

Galería de imaxes de Lugo

Galería de imaxes do concello de Lugo na provincia de Lugo.

Julián Sánchez Bort

Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz, foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España. Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol. Traballou nos arsenais de Ferrol, Cartaxena e La Carraca, Cádiz, no século XVIII.

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un museo situado en Lugo, Galicia, que acolle pezas de distinto interese, sobre todo de carácter relixioso.

Parada, Outeiro de Rei

San Xoán de Parada é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 51 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Remesar, Bóveda

San Xoán de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 53 habitantes (33 mulleres e 20 homes), distribuídos nas entidades de Augalevada, A Fontaíña, Ourille, Penacova, A Portaxe e Remesar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 69 habitantes.

Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos ao noroeste, Vilarbuxán ao nordés e leste, Rubián, Teilán e Martín ao sur, e A Broza ao oeste.

Rubián, Bóveda

Santiago de Rubián é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 326 habitantes (173 mulleres e 153 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 354 e en 1999 cando tiña 366 habitantes.

Vilarbuxán, Bóveda

San Bartolomeu de Vilarbuxán é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 25 habitantes (14 mulleres e 11 homes), catro máis ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, Vilarbuxán.

Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos e A Cervela ao norte, Covela e San Fiz de Rubián ao leste, Rubián ao sur e Remesar ao oeste.

Óutara, A Pobra do Brollón

Santa María de Óutara é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 41 habitantes (70 en 1991), cunha densidade media de 5,6 hab/km².

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.