Catedral da Habana

A Catedral da Habana é un templo católico da capital cubana, adicado á Inmaculada Concepción, que foi construído entre os anos 1748 e 1832 en estilo barroco, no corazón da zona vella da cidade. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1982.

Está composta por tres naves, con oito capelas laterais. O chan é de mármore branco e negro.

As cinzas de Cristovo Colón repousaron no seu interior dende o ano 1795 ate que foron levadas a Sevilla en 1898.

Coordenadas: 23°08′28.97″N 82°21′06.90″O / 23.1413806, -82.3519167

Havana Cathedral
Catedral da Habana.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Habana

A Habana (en castelán: La Habana) é a capital, maior porto e principal centro de comercio de Cuba. É a cidade máis grande do Caribe, con 2 201 610 habitantes (2002). O seu casco histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Antonio Caballero y Góngora

Antonio Caballero y Góngora, nado en Priego de Córdoba o 23 de maio de 1723 e finado en Córdoba o 24 de marzo de 1796, nome completo Antonio Pascual de San Pedro de Alcántara Caballero y Góngora, foi un arcebispo católico español e, dende 1782 até 1789, Vicerrei de Nova Granada.

Hauser y Menet

Hauser y Menet foi unha das principais imprentas españolas. Fundada a finais do século XIX, foi famosa pola súa impresión en fototipia, moi empregada na impresión de tarxetas postais a finais do século XIX e principios do XX, pois era o mellor sistema de impresión de fotografías da época.

A imprenta pechou por acumulación de débedas en 1979, despois de noventa anos de vida. Daquela imprimía revistas como ¡Hola! e Interviú

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.