Catastro de Ensenada

O catastro de Ensenada é unha magna indagación catastral dirixida en 1750 polo marqués da Ensenada, ministro de Facenda de Fernando VI. Abranguía os territorios da Coroa de Castela: isto é, a maior parte da España peninsular agás as Illas Canarias, a Coroa de Aragón, o reino de Valencia, Navarra e os Señoríos Vascos, que estaban exentos do pago de impostos. Os traballos de campo prolongáronse até 1756.

Esta indagación sería a base dunha reforma fiscal na que se pretendía racionalizar e facer máis xusto o sistema contributivo; para que isto fose realidade había que coñecer a riqueza de cada un. O obxectivo principal era rematar dunha vez por todas coa gran cantidade de impostos que había (alcabalas, décimos, primicias, foros etc), moi difíciles de controlar, e que gravaban sobre todo á maioría dos contribuíntes, especialmente ós pobres, mentres que os ricos estaban moi beneficiados a causa de que estes impostos se asentaban sobre as producións e bens de consumo e non sobre as rendas e ingresos netos obtidos pola posesión de terreos e casas. A reforma fiscal consistiría na substitución das rendas provinciais por un imposto único, a Única Contribución, proporcional á riqueza de cada un. Este proxecto fracasou por oposición dos dous estamentos que se opuñan a perder tódolos seus privilexios: a nobreza e o clero.

O Catastro converteuse na fonte documental máis importante para coñecer como era a Coroa de Castela a mediados do século XVIII, posto que é un censo de poboación, un censo gandeiro, un censo de explotacións agrarias, un censo industrial, un nomenclátor...

Marquis de Ensenada
Marqués da Ensenada

O interrogatorio

O interrogatorio do Catastro de Ensenada.djvu
O interrogatorio do Catastro de Ensenada publicado en 1749.

2. Se é de reguengo ou de señorío, a quen pertence, que dereitos percibe e canto producen.

3. Que extensión ocupa o territorio […].

4. Que especies de terra se achan no territorio; de regadío e de secaño […].

5. De cantas calidades de terra hai en cada unha das especies que declararon […].

6. Se hai algún plantío de árbores nas terras que declararon […].

7. En cales das terras están plantadas as árbores que declararon.

8. En que conformidade están feitos os plantíos […].

9. Que medidas de terra se usan nesa poboación […].

10. Que número de medidas de terra haberá no territorio […].

11. Que especies de froitos se apañan no territorio.

12. Que cantidade de froitos de cada xénero […].

13. Que produtos darán por medida de terra as árbores que houber […].

14. Que valor teñen ordinariamente un ano con outro os froitos que producen as terras […].

15. Que dereitos se achan impostos sobre as terras […].

16. A que cantidade de froitos adoitan montar os referidos dereitos de cada especie ou a que prezo se adoitan arrendar un ano con otro.

17. Se hai algunhas minas, salinas, muíños fariñeiros ou de papel, batáns ou outros artefactos […].

18. Se hai algún esquilmo no territorio, a quen pertence, que número de gado vai […].

19. Se hai colmeas no territorio, cantas e a quen pertencen.

20. De que especies de gado hai na poboación […].

21. De que número de veciños se compón a poboación e cantos nas casas de campo ou granxas.

22. Cantas casas haberá na poboación, que número de inhabitábeis, cantas arruinadas […].

23. Que propios ten o común e a canto ascende o seu produto ó ano […].

24. Se o común desfruta algún arbitrio, sisa ou outra cosa […].

25. Que gastos debe satisfacer o común […].

26. Que cargos de Xustiza ten o común […].

27. Se está cargado de servizo ordinario e extraordinario ou outros […].

28. Se hai algún emprego, alcabalas ou outras rendas alienadas […].

29. Cantas tabernas, mesóns, tendas, panadarías, carnizarías, pontes, barcas sobre ríos, mercados, feiras etc. hai na poboación […].

30. Se hai hospitais, de que calidade, que renda teñen e de que se manteñen.

31. Se hai algún cambista, mercador […].

32. Se na poboación hai algún tendeiro de panos, roupas de ouro, prata e seda, lenzos, especiaría ou outras mercadorías; médicos; cirurxiáns; boticarios; escribáns; arrieiros etc. […].

33. Que ocupacións de artes mecánicas hai na poboación, con distinción, como albaneis, canteiros, albéitares, ferreiros, cordeiros, zapateiros, xastres, pelaires, tecedores, chapeleiros, peleteiros e luveiros etc. […].

34. Se hai entre os artistas, algún que, tendo caudal, faga prevención de materiais correspondentes ó seu propio oficio ou a outros, para vender ós demáis, ou fixese algún outro comercio, ou entrase en arrendamentos […].

35. Que número de xornaleiros haberá na poboación e a canto se paga o xornal diario a cada un.

36. Cantos pobres de solemnidade haberá na poboación.

37. Se hai algúns individuos que teñan embarcacións, que naveguen no mar ou ríos, o seu porte, ou para pescar […].

38. Cantos cregos hai na poboación.

39. Se hai algúns conventos […].

Estudos simultáneos

Ao tempo que se fixo o Catastro aproveitouse para confeccionar outros documentos complementarios:

  • Libros del mayor hacendado de cada poboación catastrada (sen considerar os maiores hacendados aqueles exentos do pago de décimos).
  • Censo de Ensenada de 1756, para o que se seguiu un modelo confeccionado pola Real Xunta (e do que se adoita citar o número estimativo de 9 400 000 habitantes para todo o territorio peninsular).
  • Libro de lo enajenado, no que aparece cada propiedade ou lugar que algunha vez foi do rei e nese momento pertencía a particulares, aos que pasara por mercede rexia ou por venda. Este documento, a diferenza dos dous anteriores, tiña carácter oficial.

En 1759 a Real Xunta de Única Contribución mandou realizar un Vecindario a partir dos datos do Catastro. Este documento resultou fundamental, pois non se dispuña de información nin actualizada nin fiable da poboación da Coroa. Os dous últimos recontos de poboación eran de 1591 (en tempos de Filipe II) e 1717, cando se fixo o Vecindario de Campoflorido, moi imperfecto.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Calle, Goián, Tomiño

A Calle é un lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño. Pertencía á extinguida parroquia de Santiago de Tollo, fusionada en 1760.

Comenza na actual praza da Igrexa ou Pintor Antonio Fernández ata o cruceiro da Calle, no cruzamento do camiño a Fontela. Ten unha lonxitude duns oitocentos metros e un ancho medio de douscentos. Na súa metade atópase a Praza do Correo. Nesta praza, ademais de ser parada das delixencias de Tui á Guarda, encóntrase unha edificación en pedra chamada a casa do "Ti Piepe". Hoxe en día a casa das do correo é tamén a taberna propiedade da parroquia de Santiago de Tollo, poxada tódolos anos ó mellor ofertante, chegando a pagaren polo seu alugamento 200 reais de billón. Este diñeiro era para axudar a pagar os impostos de sisa, segundo se menciona no catastro de Ensenada.

Aranga

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».

Cances, Carballo

San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 553 habitantes, sendo 263 homes e 290 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Carnoedo, Sada

Santo André de Carnoedo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.005 habitantes (513 mulleres e 492 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 926 habitantes.

Castelo de Vilamarín

O castelo de Vilamarín, tamén coñecido como Pazo de Vilamarín, é un pazo que conserva moito da súa función como fortificación medieval, e que na actualidade funciona como sala de exposicións albergando ao mesmo tempo unha exposición permanente da obra de Xaime Quessada. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977.

Curtis, Curtis

Santaia de Curtis, tamén coñecida coma Santa Eulalia de Curtis, é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Curtis. Cunha extensión de 31,6 km², tiña segundo o padrón municipal de 2018 unha poboación de 1.772 habitantes (875 mulleres e 897 homes) distribuída en 54 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.793 habitantes.

A parroquia dá nome ao concello. Está dividida en dous distritos: Santaia e Teixeiro. Dos 54 núcleos de poboación, 36 son do distrito de Santaia e 18 do distrito de Teixeiro. A capital municipal áchase na vila de Teixeiro.

Curtis forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Varias rutas do Camiño de Santiago pasaban antigamente pola parroquia. Unha variante do Camiño do Norte está sinalizada desde o ano 2010.

Eclesiasticamente denomínase Santa Baia de Curtis e pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar

O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha obra magna composta por 16 volumes publicada polo xeógrafo e estadista Pascual Madoz entre 1846 e 1850, que indica moitas das poboacións de España.

Fidalguía

A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.

Folgoso, Sobrado

Santa Cristina de Folgoso é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE en 2014 tiña 97 habitantes (52 homes e 45 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Folgoso do Courel

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.018 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».

Fontela, Goián, Tomiño

Fontela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Tiña 214 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 77 eran homes e 102 mulleres. Orixinalmente este lugar pertencía á parroquia de Santiago de Tollo, anexionada en 1760.

Sitúase ó leste da parroquia, a carón do río Miño. O nome de Fontela vén de fontanella, un diminutivo de fonte, e fai refrencia ás moitas fontes que había no barrio.

No lugar dos Tornos, segundo a sabedoría popular, había unhas estacas que separaban as casas da parroquia de Tollo das do Couto. No

Outro lugar é O Padrón, que segundo M. Fernández Rodríguez debe o seu nome a unha pedra grade (pedrón) que estaba ó fondo de dito lugar, onde hai tempo amarraban os barcos. No catastro de Ensenada referente a Tollo, no apartado de propiedades di:

Outro dos lugares é As Fonteliñas, onde hai varios mananciais.

Meirás, Sada

San Martiño de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.097 habitantes (551 mulleres e 546 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 703 habitantes.

Orogaficamente, é a parroquia máis elevada do concello, se ben non chega a superar os 170 m en Muíño do Vento.

A súa poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura, coma demostra o Catastro de Ensenada no 1752.

Nogueira, Sobrado

San Xurxo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 117 habitantes (57 homes e 60 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 154 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

O Irixo

O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Pousada, Sobrado

San Mamede de Pousada é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Sobrado. Segundo o IGE, en 2014 tiña 115 habitantes (60 homes e 55 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 140 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Reino de Córdoba

O reino de Córdoba foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un do catro reinos de Andalucía.

Reino de Sevilla

O reino de Sevilla foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un dos catro reinos de Andalucía. Estendíase aproximadamente polo territorio das actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz e a depresión de Antequera, englobando ademais algúns municipios na actual provincia estremeña de Badaxoz. As localidades que o compuñan segundo o Catastro de Ensenada poden verse na lista de localidades do Reino de Sevilla.

Desde o punto de vista xurisdiccional o territorio do reino de Xaén era tanto reguengo como señorial, existindo nel señoríos tanto laicos como eclesiásticos. Entre os primeiros atopábanse os territorios da Casa de Medina-Sidonia, a Casa de Arcos, a Casa de Alcalá, a Casa de Osuna, a Casa de Olivares, a Casa de Sanlúcar la Mayor, do Marquesado de Estepa, do Marquesado de Gibraleón e do Marquesado de Ayamonte, ademais doutros moitos de menor importancia. Entre os segundos había propiedades do Arcebispado de Sevilla, a Orde de San Xoán e o Mosteiro de San Isidoro del Campo.

No século XVIII en territorios do reino de Sevilla fundáronse algunhas das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a Provincia de Sevilla, que se formou unindo localidades do reino homónimo, excepto as que pasaron a formar parte da Provincia de Cádiz e da Provincia de Huelva. Así mesmo, a nova provincia de Sevilla incorporou Guadalcanal, que até entón pertencía a Estremadura, e perdío as poboacións do Bodonal, Fregenal de la Sierra e Higuera la Real, que pasaron a formar parte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. Actualmente a provincia está composta polos municipios que poden verse na lista de concellos da provincia de Sevilla:.

Rodieiros, Boimorto

San Simón de Rodieiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 79 habitantes (40 homes e 39 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado.

Salto, Vimianzo

Santa María de Salto é unha parroquia do concello de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (244 mulleres e 238 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 671 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.