Catarina de Siena

Catarina de Siena, nada o 25 de marzo de 1347 e finada o 29 de abril de 1380, foi unha doutora da Igrexa católica.

Catarina de Siena
Catherine of Siena
Nome completoCaterina Benincasa
Nacemento25 de marzo de 1347
 Siena
Falecemento29 de abril de 1380
 Roma
CausaIctus
SoterradaSanta Maria sopra Minerva
Relixióncristianismo
Ocupaciónrelixiosa cristiá, política, filósofa, escritora e diplomática

Traxectoria

Filla número 24 de Jacobo de Benincasa, un tintoreiro de peles. Segundo o cronista Raimundo de Capua, dende nena xa tivo as súas primeiras experiencias místicas non exentas de alucinacións. Aos 12 anos a súa familia decidiu entregala en matrimonio, ao que ela manifestou unha radical oposición. Como desafío á autoridade dos seus pais, curtouse os cabelos e negouse a acicalarse. Foi por iso maltratada, todo o cal provocoulle un estado de anorexia crónica. Illouse e comezou unha vida de penitencia e oración. Neste estado, unha enfermidade infecciosa desfiguroulle o rostro.

En 1363, fascinada pola figura de Domingos de Guzmán, entra como terciaria na orde dominica, aínda que inicialmente non foi aceptada debido á súa xuventude e ás súas excentricidades. Unha vez admitida, acudía ao hospital de Scala e á leprosería de san Lázaro a coidar enfermos. Continuou sufrindo éxtases e esmorecementos, o que lle causou incomprensións e marxinacións entre as irmás da súa orde. A curiosidade popular comezou a centrarse nela, o que lle permitiu dar testemuña da súa fe e ir congregando -contra a súa vontade- a un grupo cada vez máis numeroso de seguidores entre os que se encontraba o seu retratista o pintor Andrea Vanni.

Isto deulle azos para saír á vida pública onde comezou un labor de reconciliación de inimizades domésticas como a da poderosa familia de Rocca d´Orcia, para moi logo mediar en conflitos políticos e, finalmente, entre cidades como Florencia ou Pisa e os Estados Pontificios. Acompañou tamén a condenados á morte no seu derradeiro tránsito. Desta época quedan testemuñas epistolares onde se ve a Catarina de Siena censurando ao propio Papa.

Alarmada a súa orde, o 21 de maio de 1374, un Capítulo Xeral sométea a un proceso inquisitorial. Non se consegue demostrar a súa suposta herexía pero asígnanlle un director espiritual: Raimundo de Capua, que se converterá no seu biógrafo e discípulo.

Tamén en 1374, acudiu a Pisa, onde se desatara unha peste, para axudar aos infectados. Ela mesma contaxiouse da enfermidade.

A partir de 1376, incide directamente sobre o papa Gregorio XI; esíxelle unha reforma da Igrexa, a súa independencia fronte aos poderes políticos franceses e, como paso imprescindible para iso, a súa volta a Roma para cumprir cos seus deberes de bispo. Os Papas levaban setenta anos fóra da sé de Pedro residindo en Aviñón. O 17 de xaneiro de 1377, o Papa volveu a Roma.

Posteriormente fundou o convento de dominicas de Santa María dos Anxos na fortaleza de Belcaro. A súa mediación foi determinante para que se asinara a paz entre Florencia e o novo papa Urbano VI.

O 20 de setembro de 1378 Francia propicia a coroación dun Papa en Aviñón (Roberto de Xenebra, co nome de Clemente VII). Catarina de Siena defende os dereitos de Urbano VI e concita o apoio de estados italianos coma Nápoles. En 1380, Roma é liberada e Urbano VI entra descalzo nela inspirado por Catarina. Ese ano esta sofre un ataque de apoplexía e morre na cidade papal.

O seu corpo, moi mutilado polos cazadores de reliquias, está en Santa María de Minerva en Roma. A súa cabeza estivo ata 1998 na igrexa de Santo Domingo de Siena pero agora está tamén en Roma.

Pensamento

Catarina de Siena non desenvolveu un pensamento estruturado. Este dedúcese dos seus testemuños de carácter espiritual e das súas cartas (máis de 380). Transmite unha combinación entre unha mística esencial onde no máis íntimo do ser (a cela interior) únese o fondo do humano co abismo divino, e unha mística nupcial onde non se trata de acadar a unidade do ser senón a comuñón no amor. O autocoñecemento agroma da relación. As súas alucinacións describen isto literalmente.

Para Catarina de Siena a persoa está dotada dunha dignidade excelsa:

Sobre o sentido da vida, está impregnada dun cego providencialismo:

O deber ético está por riba das convencións; criticada por ser indecoroso e impropio dunha muller despoxarse do manto para darllo a un marxinado, responde: Prefiro que me encontren sen manto que sen amor.

Ese pulo ético levouna á crítica aberta ás autoridades eclesiais, mesmo chegando a unha claridade e a unha dureza inequívocas

Obra literaria

Caterina - Libro della divina dottrina, circa 1475 - 2367969
Libro della divina dottrina, c. 1475
L'epistole della serafica vergine s. Caterina da Siena
Lettere, 1721

Aínda que os seus biógrafos sostiveron que lía con dificultade e non sabía escribir por si mesma, deixou unha obra fundamental para a literatura en toscano. Foi, xa que logo, unha das primeiras escritoras espirituais que abandonou o latín pola súa lingua vernácula.

  • Diálogos ou Tratado da Divina Providencia
  • Oracións
  • Cartas

Significación

Foi canonizada por Pío II en 1461. Pío IX proclamouna patroa de Roma e Pío XII fíxoa patroa de Italia. Paulo VI proclamouna doutora da Igrexa universal. Xoán Paulo II declarouna copatroa de Europa por representar a síntese entre contemplación espiritual e acción social.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Catalina de Siena (2002). Obras de Santa Catalina de Siena. El diálogo. Oraciones y Soliloquios. Madrid: Editorial BAC. ISBN 978-84-7914-024-3.
  • Salvador y Conde, Joaquín (Ed.) (1982). Epistolario de Santa Catalina de Siena. Salamanca: Editorial San Esteban. ISBN 84-85045-52-1.

Ligazóns externas

29 de abril

O 29 de abril é o 119º día do ano do calendario gregoriano (120º nos anos bisestos). Quedan 246 días para finalizar o ano.

Basílica de San Pedro

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Calendario romano xeral

O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Camiño (libro)

Camiño é un libro escrito por san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. Foi publicado por primeira vez en Cuenca no 1934, baixo o título de Consideraciones Espirituales.

Na seguinte edición, publicada en Valencia en 1939, o libro foi ampliado e recibiu o título de Camiño. Leva vendidas preto de 5 000 000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.

Catarina

Catarina é un nome propio feminino de orixe grega (de Αἰκατερίνα,katharós(puro), co significado, logo, de pura, inmaculada, graciosa) na súa variante en lingua galega. Acepta as variantes: Caterina, Cateliña, Cataliña, Catalina. Tamén existe a variante moi documentada, tamén diminutivo, Catuxa. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.

A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, occitano e italiano.

Hildegard von Bingen

Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi freira da orde beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante, malia ser atípica, do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía. Tamén é coñecida como a sibila do Rin e como a profetisa teutónica. O 7 de outubro de 2012 o papa Bieito XVI outorgoulle o título de doutora da Igrexa xunto a san Xóan de Ávila durante a misa de apertura da XIII Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos bispos.Considerada polos especialistas actuais como unha das personalidades máis fascinantes e polifacéticas do Occidente europeo, foi definida entre as mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media, entre as figuras máis ilustres do monacato feminino e quizais a que mellor exemplificou o ideal beneditino, dotada dunha cultura fóra do común estivo comprometida na reforma da Igrexa, e é considerada unha das escritoras de maior produción do seu tempo. En palabras de Victoria Cirlot:

As súas reliquias consérvanse en Eibingen im Rheingau, no estado federal de Hessen, Alemaña.

Lucrezia Borgia

Lucrezia Borgia, nada en Subiaco o 18 de abril de 1480 e finada en Ferrara o 24 de xuño de 1519, filla ilexítima do cardeal Roderic Llançol de Borja (máis tarde papa Alexandre VI), foi unha das figuras femininas máis controvertidas do Renacemento italiano.

Rosa de Lima

Santa Rosa de Lima, nada en Lima o 20 de abril de 1586 e finada na mesma cidade o 30 de agosto de 1617, foi unha mística terciaria dominica canonizada polo papa Clemente X en 1671.Entre os santos nados en América (chamada no século XVII Indias Occidentais), santa Rosa de Lima foi a primeira en recibir o recoñecemento canónico da Igrexa católica. Foi proclamada excelsa patroa de Lima, do Perú (en 1669), do Novo Mundo e as Filipinas (en 1670). Ademais, é patroa de institutos educativos, policiais e armados: Universidade Católica Santa Rosa de Venezuela, Policía Nacional da República do Perú e as Forzas Armadas da Arxentina.

Santa Catarina

O nome de Santa Catarina pode referirse a:

Catarina de Alexandría, mártir cristiá (ca.287-ca.305); festividade: 25 de novembro;

Catarina de Suecia, relixiosa sueca (ca.1332-1381); festividade: 22 de marzo;

Catarina de Siena, relixiosa italiana (1347-1380); festividade: 29 de abril;

Catarina de Boloña, monxa italiana (1413-1463); festividade: 9 de marzo;

Catarina de Xénova, viúva italiana (1447-1510); festividade: 15 de setembro;

Catarina de Ricci, monxa italiana (1522-1590); festividade: 13 de febreiro;

Catarina Labouré, monxa francesa (1806-1876); festividade: 28 de xullo;Como topónimo pode referirse a:

Santa Catarina, estado do Brasil;

Sigrid Undset

Sigrid Undset, nada en Kalundborg, Dinamarca o 20 de maio de 1882, e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.