Catarina de Lancaster

Catarina de Lancaster, ou Catarina de Lencastre, nada o 31 de marzo de 1373 no castelo de Hertford,[1] Reino de Inglaterra, e finada o 2 de xuño de 1418 en Valladolid, filla de Xoán de Gante, I duque de Lancaster, e da súa segunda esposa Constanza de Castela, foi raíña consorte de Castela e León polo seu matrimonio co rei Henrique III de Castela.

Catarina de Lancaster
Pinecesa consorte de Asturias
Raíña consorte de Castela e León
Reina rexente de Castela e León
Catalina-de-Lancaster

Reinado13931406
Nacemento31 de marzo de 1373
Castelo de Hertford, Hertfordshire, Reino de Inglaterra
Falecemento2 de xuño de 1418
Valladolid, Reino de Castela
PredecesorBeatriz de Portugal
SucesorMaría de Aragón
ConsorteHenrique III de Castela
Descendenciaver #Descendencia
Casa realLancaster (por nacemento)
Trastámara (por casamento)
ProxenitoresXoán de Gante, I duque de Lancaster
Constanza de Castela

Escudo de Catarina de Lancaster

Escudo de armas de Catarina de Lancaster

Traxectoria

Orixes familiares

Catarina foi filla de Xoán de Gante, primeiro duque de Lancaster e da súa segunda esposa, Constanza de Castela, filla do rei Pedro I de Castela.

Por parte paterna foron os seus avós o rei Eduardo III de Inglaterra e a súa esposa Filipa de Hainaut. Por parte materna foron os seus avós o rei Pedro I de Castela a a súa esposa María de Padilla.

Fue irmá do rei Henrique IV de Inglaterra, e avoa de Isabel a Católica.

Matrmonio

Como neta do deposto rei de Castela Pedro I, Catarina foi educada na súa propia casa como herdeira, e entrou na política castelá cando seu pai, Xoán de Gante, reclamou o trono en nome da súa esposa Constanza e da súa filla, organizando unha expedición, con axuda de Ricardo II de Inglaterra, que desembarcou na Coruña en 1386.[2]

Para resolver o conflito, en virtude dp tratado de Baiona, Catarina de Lancaster contraeu esponsais en marzo de 1388, na catedral de Palencia, co seu primo Henrique. Henrique era membro da Casa de Trastámara, rama bastarda da Casa de Borgoña.[3] Ao seu esposo Henrique outorgóuselle o título de Príncipe de Asturias, sendo desde entón dicho título usado polos herdeiros da coroa castelá e, posteriormente, polos herdeiros da Coroa española.

Hertford Castle
O castelo de Hertford. (Foto do ano 2003).
Enrique III de Castilla (Ayuntamiento de León)
O rei Henrique III, por José Mª Rodríguez de Losada (1826-1896). Casa do Concello de León.

Este enlace puxo fin ao conflito dinástico entre os descendentes de Pedro I de Castela e Henrique II de Castela, afianzándose a Casa de Trastámara, e establecendo a paz entre Inglaterra e a Coroa de Castela.

O matrimonio formal entre Catarina de Lancaster e o seu esposo celebrose na vila de Madrid en 1393, sendo xa Henrique III, rei de Castela e León.

Rexencia durante a minoría de idade de Xoán II

Ao morrer Henrique III aos 3 anos do casamento, o día 25 de decembro de 1406, aos 27 anos de idade, Catalina de Lancaster, xunto co seu cuñado Fernando de Antequera, futuro rei de Aragón, exerceu a rexencia do reino castelán-leonés durante a minoría de idade do seu fillo Xoán (o futuro Xoán II), de apenas un ano de idade.[3]

Catarina coordinou, xunto cun consello de nobres, eclesiásticos e autoridades municipais dalgunhas cidades, a administración dos actuais territorios de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela a Vella, León e partes de Castela a Nova, mentres que Fernando de Antequera, o irmán de Henrique III, administraba as zonas de Extremadura e os tres reinos cristiáns dos chamados Catro reinos de Andalucía: Xaén, Córdoba e Sevilla. As terras de Almería, Granada e Málaga aínda formaban parte do Reino nazarí de Granada.

Durante a rexencia, a raíña participou activamente na política exterior do reino, mantendo contactos cos reinos de Inglaterra e Portugal, que facilitaron a sinatura de paces e aseguraron os contactos comerciais con ambos os reinos.

En 1412, o infante castelán Fernando de Trastámara converteuse no rei Fernando I de Aragón, segundo o acordado polos magnates aragoneses no Compromiso de Caspe). Para iso, recibiu o apoio formal e económico de Castela, que subvencionou a súa candidatura ao trono aragonés, e incluso á coroa. Para facer fronte á co-rexencia castelá desde Aragón, Fernando utilizou aos seus conselleiros máis próximos, entre eles ao arcebispo Sancho de Rojas, así como a influencia da súa esposa, Leonor de Alburquerque, gran propietaria en Castela, e dos seus fillos, os Infantes de Aragón. Cando faleceu o de Antequera, en 1416, Catarina puido asumir outros aspectos do goberno castelán, como a diplomacia co Reino de Granada ou os tratos coas Ordes militares que até entón foran unha prerrogativa de Fernando.

Baixo o influxo do bispo Pablo de Santa María, que se encargara da educación do futuro rei Xoán II de Castela, así como das ideas do predicador Vicente Ferrer, publicouse o ordenamento de Valladolid, no que se estableceron as primeiras leis de apartamento de xudeus e mudéxares nas cidades do reino, así como outras medidas destinadas a diminuír a súa participación na vida social do reino. Este ordenamento só se puido aplicar en algunhas cidades, ante as queixas dos afectados, que recorreron aos seus foros antigos para rebatelo.

Morte e sepultura

A raíña Catarina de Lancaster faleceu na cidade de Valladolid o día 2 de xuño de 1418, a causa dun derramo cerebral, aos 45 anos de idade, segundo as fontes.[4] O seu fillo Xoán tomou inmediatamente o poder, sen continuarse a rexencia.

Sepulcro de Catalina de Lancáster
Sepulcro de Catarina de Lancaster

Despois da súa defunción, o cadáver da raíña foi trasladado á cidade de Toledo, onde recibiu sepultura na Capela dos Reis Novos da Catedral de Toledo, na que os seus restos mortais repousan na actualidade.

O sepulcro da raíña está colocado no lado do Evanxeo e xunto ao altar de San Hermenexildo. Dous anxos sosteñen un cartel no que aparece esculpido o epitafio da raíña.[5]

É un sepulcro adosado de estilo plateresco. A raíña aparece vestida con túnica e manto, adornado este último con flores. As súas mans están colocadas sobre o peito, e a esquerda suxeita un devocionario. A cabeza da raíña, que descansa sobre tres almofadas recamadas, está cuberta por unha touca, e cingue a súa fronte unha coroa real.

Descendencia

Froito do seu matrimonio con Henrique III de Castela naceron tres fillos:

Antepasados de Catarina de Lancaster

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Eduardo I de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
8. Eduardo II de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Castela
 
 
 
 
 
 
 
4. Eduardo III de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Filipe IV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
9. Isabel Capeto
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Xoana I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
2. Xoán de Gante, I duque de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Xoán II de Holanda
 
 
 
 
 
 
 
10. Guillerme I de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Filipa de Luxemburgo
 
 
 
 
 
 
 
5. Filipa de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Carlos de Valois
 
 
 
 
 
 
 
11. Xoana de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Margarita de Anjou-Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
1. Catalina de Lancáster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Fernando IV de Castela
 
 
 
 
 
 
 
12. Afonso XI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Constanza de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
6. Pedro I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Afonso IV de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
13. María de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Beatriz de Castela
 
 
 
 
 
 
 
3. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. García de Padilla
 
 
 
 
 
 
 
14. Xoán García de Padilla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor de Vera
 
 
 
 
 
 
 
7. María de Padilla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Fernán González de Hinestrosa
 
 
 
 
 
 
 
15. María González de Hinestrosa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Aldonza Ramírez de Silva
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Beatriz de Portugal
Raíña consorte da Coroa de Castela
13931406
Sucesor:
María de Aragón

Notas

  1. É posíbel que non nacera nesa data, senón máis ben o 6 de xuño de 1372. (L. Vones: "Katharina 3" in Lexikon des Mittelalters (Dicionario da Idade Media). Vol. 5, col. 1070.)
  2. Lopes, Fernão: The English in Portugal, 1367-1287, pp. 227-237.
  3. 3,0 3,1 Mackay, Angus (1977): Spain in the Middle Ages: From Frontier to Empire, 1000–1500 (New Studies in Medieval History). New York: St. Martin's Press.
  4. Catherine of Lancaste en Genealogics (en inglés).
  5. Elorza et al. 1990, p. 66.

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Dávila, Gil (1638): Historia de la vida y hechos del rey don Henrique tercero de Castilla.
  • López de Ayala, Pedro (1780): Crónicas de los Reyes de Castilla Don Pedro, Don Enrique II, Don Juan I, Don Enrique III Tomo II.
  • The Treaty of Bayonne (1388) with Preliminary Treaties of Trancoso (1387), ed. J. Palmer y B. Powell. Universidade de Exeter, 1988. ISBN 0-8598-9316-2.
  • Echevarria Arsuaga, Ana (2002): Catalina de Lancaster. Editorial Nerea. ISBN 84-8956-979-7.
  • Echevarria Arsuaga, Ana (2005): "The Queen and the Master: Catalina of Lancaster and the Military Orders", en Queenship and Political Power in Medieval and Early Modern Spain, ed. T. Earenfight. London/New York: Ashgate. ISBN 0-7546-5074-X, pp. 91–105.
  • Echevarria Arsuaga, Ana (2012): "Dinastía. Reinas mecenas en los albores del Renacimiento", en Retrato de la mujer renacentista. Coord. A. Serrano de Haro Soriano, E. Alegre Carvajal. Madrid: UNED. ISBN 978-84-3626-147-9, pp. 67–89.
  • Elorza, Juan C.; Lourdes Vaquero, Belén Castillo e Marta Negro (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, 2ª ed. Valladolid: Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. Editorial Evergráficas S. A. ISBN 84-2419-999-5.
  • Suárez Bilbao, Fernando (1994): Enrique III. Palencia: Diputación Provincial de Palencia. ISBN 84-8173-013-0.
  • Veas Arteseros, Francisco de Asís (2003): Itinerario de Enrique III. Murcia: Ediciones de la Universidad de Murcia. ISBN 84-8371-400-0.
  • Mitre Fernández, Emilio (2001): Una muerte para un rey: Enrique III de Castilla (Navidad de 1406). Ámbito Ediciones, S. A. ISBN 84-8183-091-7.
  • Mitre Fernández, Emilio (1994): Los judíos de Castilla en tiempo de Enrique III: el pogrom de 1391. Valladolid: Universidad de Valladolid. Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial. ISBN 84-7762-449-6.
  • Mitre Fernández, Emilio (1969): Extensión del régimen de corregidores en el reinado de Enrique III de Castilla. Valladolid: Universidad de Valladolid. Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial ISBN 84-600-0218-7.
  • Montojo Jiménez, Carlos (2004): La diplomacia castellana bajo Enrique III: estudio especial de la embajada de Ruy González de Clavijo a la corte de Tamerlán. Madrid: Ministerio de Asuntos Exteriores. Centro de Publicaciones. ISBN 84-9526-538-9.

Outros artigos

Ligazons externas

Afonso V de Aragón

Afonso V de Aragón, nado en Medina del Campo (Coroa de Castela) en 1396 e finado no Castel dell'Ovo (Reino de Nápoles) o 27 de xuño de 1458, chamado o Magnánimo e o Sabio, foi, entre 1416 e 1458, rei de Aragón, de Valencia (Afonso III), de Mallorca (Afonso I), de Sicilia (Afonso I), de Sardeña (Afonso II) e conde de Barcelona, Rosellón, Cerdaña e Urgell, e entre 1442 e 1458, rei de Nápoles (Afonso I).

Afonso de Castela

Afonso de Castela, coñecido tamén no seu tempo como Afonso o Inocente, nado en Tordesillas o 17 de novembro de 1453 e finado en Cardeñosa o 5 de xullo de 1468 , foi un nobre castelán. Tiña o título de Infante de Castela, ao ser fillo do rei Xoán II de Castela e da raíña Isabel de Portugal. Era irmán da futura raíña Isabel I de Castela, máis coñecida como Isabel a Católica.

Afonso foi un dos protagonistas do conflito pola sucesión do seu medio irmán Henrique IV. O rei Henrique, premido por un sector da nobreza, viuse obrigado a proclamar a Afonso Príncipe de Asturias en 1464 en detrimento da súa filla Xoana. Máis tarde, eses mesmos nobres proclamarían a Afonso rei en 1465, iniciándose unha guerra entre os partidarios de leste e os de Henrique IV. Desta forma, Afonso, co título de Afonso XII de Castela, disputou a Coroa ao seu medio irmán ata a súa prematura morte en 1468.

Constanza, duquesa de Lancaster

Constanza de Lancaster ou de Constanza de Castela (1354-1394) foi duquesa de Lancaster, desde 1371 até á súa morte.

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Fernando I de Aragón

Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.

Filipa de Lancaster

Filipa de Lancaster, nada en Leicester en 1359 e finada en Lisboa o 19 de xullo de 1415, foi unha princesa inglesa da casa dos Plantaxenetas, filla de Xoán de Gante, 1.º Duque de Lancaster coa súa esposa Branca de Lancaster

Golpe de Tordesillas

O Golpe de Tordesillas, tamén chamado atraco de Tordesillas, é como se coñece na historia o golpe de Estado dado nesta cidade castelá polo infante de Aragón Henrique de Trastámara, primo do rei Xoán II de Castela, aínda moi mozo, contando co apoio de altos personaxes da corte, fíxose co poder do reino, nun conflito que enfrontaba aos membros da Casa de Trastámara.

Henrique III de Castela

Henrique III de Trastámara, chamado o Doente, nado en Burgos o 4 de outubro de 1379 e falecido en Toledo o 25 de decembro de 1406, foi rei da Coroa de Castela.

Era fillo de Leonor de Aragón e Xoán I, ó que sucedeu como rei de Castela en 1390.

Henrique IV de Inglaterra

Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e falecido o 20 de marzo de 1413, foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.

Henrique de Trastámara (infante de Aragón)

Henrique de Trastámara, nado en Medina del Campo, Reino de Castela en 1400 e finado en Calatayud, Reino de Aragón o 15 de xuño de 1445, a causa das feridas recibidas na batalla de Olmedo), foi un nobre castelán e infante de Aragón, que ostentou diversos títulos dos reinos de Castela e de Aragón, e que foi mestre da Orde de Santiago até a súa morte.Foi fillo de Fernando de Antequera e da súa esposa Leonor de Alburquerque, filla segundoxénita do infante de Castela e conde de Alburquerque, Sancho Afonso, e da súa muller Beatriz de Portugal.

Juan Enríquez

Juan Enríquez O.F.M., finado en 1418, foi un relixioso castelán franciscano pertencente á familia Enríquez. Foi fillo de Alfonso Enríquez, almirante de Castela, e de Juana de Mendoza.Ademais de ser membro da Orde dos franciscanos, foi bispo de Lugo (1409-1418), ministro provincial franciscano da provincia de Castela (1406-1409), confesor do rei Henrique III de Castela, mestre ou posiblemente doutor en Teoloxía, custodio da Custodia de Toledo, visitador do convento de Santa Clara la Real de Toledo e do de Santa Clara de Guadalaxara, e segundo algúns antigos cronistas gardián do convento de San Francisco de Valladolid, aínda que os historiadores modernos non confirmaron isto último.Foi bisneto do rei Afonso XI de Castela.

María de Aragón (1482-1517)

María de Aragón, nada en Córdoba o 29 de xuño de 1482 e finada en Lisboa o 7 de marzo de 1517, foi raíña de Portugal.

Cuarta filla dos Reis Católicos, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, foi raíña de Portugal como segunda esposa de Manuel I, falecido en 1521.

María de Aragón (raíña de Castela)

María de Aragón, nada o 24 de febreiro de 1403, ao parecer en Medina del Campo, reino de Castela, e finada o 18 de febreiro de 1445 en Villacastín, reino de Castela, tamén coñecida como María de Trastámara, foi unha infanta de Aragón que ocupou o trono de Castela como consorte do rei Xoán II entre 1420 e 1445.

Era filla de Fernando I de Antequera, infante e rexente de Castela, e rei de Aragón, e da súa esposa Leonor Urraca de Castela, III condesa de Alburquerque, polo que tamén se coñece como Leonor de Alburquerque.

Foi, ademais, a nai do rei Henrique IV de Castela, irmá dos «Infantes de Aragón» e tía de Fernando II de Aragón.

María de Castela (raíña de Aragón)

María de Castela, nada en Segovia o 1 de setembro de 1401 e finada en Valencia o 4 de outubro de 1458, foi unha infanta de Castela, princesa de Asturias (1402-1405) e raíña de Aragón (1416-1458), polo seu casamento con Afonso V, o Magnánimo.Foi a primeira filla de Henrique III «o Doente» e de Catarina de Lancaster, e irmá de Xoán II de Castela.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Xoana Manuel de Villena

Xoana Manuel de Villena, coñecida tamén como Xoana Manuel. nada en 1339 e finada en 27 de marzo de 1381 en Salamanca, Reino de Castela e León, foi unha nobre castelá, que foi señora de Villena, de Escalona e de Peñafiel e, desde o 22 de marzo de 1366, raíña consorte de Castela e León, polo seu matrimonio co infante Henrique de Trastámara, máis tarde Henrique II de Castela.

Era filla do infante Juan Manuel, señor de Villena, e de Branca Núñez de Lara.

Xoán II de Castela

Xoán II de Trastámara, nado en Toro o 6 de marzo de 1405 e finado en Valladolid o 20 de xullo de 1454, foi rei de Castela entre 1406 e 1454, fillo de Henrique III de Castela e Catarina de Lancaster.

Xoán de Gante

John of Gaunt ou Xoán de Gante, nado en Gante o 24 de xuño de 1340 e finado en Londres o 3 de febreiro de 1399, cuarto fillo do rei Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainault, foi o primeiro duque de Lancaster.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.