Catarina de Aragón

Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña María I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.

Catarina de Aragón
Catalina de Aragón, por un artista anónimo
Nacemento16 de decembro de 1485
 Alcalá de Henares
Falecemento7 de xaneiro de 1536
 Huntingdonshire
Causaheart cancer
SoterradaPeterborough Cathedral
NacionalidadeReino Unido e España
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónraíña e diplomática
PaiFernando II de Aragón
NaiIsabel I de Castela
CónxuxeHenrique VIII de Inglaterra e Artur Tudor
FillosMaría I de Inglaterra e Henrique, Duque da Cornualha
IrmánsIsabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal, María de Aragón, João, príncipe das Astúrias, Afonso de Aragón, Alonso de Estrada, John of Aragon, Prince of Girona e Xoana I de Castela
Catherine of Aragon Signature
Michel Sittow 002
Catarina de Aragón

Traxectoria

Catarina naceu en Alcalá de Henares e foi a filla máis nova dos Reis Católicos Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. En 1501, Catarina casou con Artur Tudor, Príncipe de Gales, como contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o País de Gales mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente cólera. Catarina sobreviveu, mais Artur non, tornándoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa Xulio II para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón Duque de York e herdeiro do trono.

O casamento ocorreu apenas a 11 de xuño de 1509 despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o povo, tanto como Raíña, tanto como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en 1516 resultou nunha filla, a futura María I de Inglaterra.

Despois de María, Catarina non volveu a concibir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A guerra das rosas como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba aínda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no Levítico de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina tería mentido en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en 1527. Ao mesmo tempo, arrancara de Ana Bolena a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.

No Vaticano a toma de decisión durou sete anos. As xestións de Thomas Wolsey non foran ben suficientes. O papa Clemente VII non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa, segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en 23 de maio de 1533, o Arcebispo da Cantuaria Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do Acto de Supremacia e a separación da Igrexa Anglicana da Igrexa de Roma, consumou a anulación.

Catarina foi separada da filla, a princesa María, e exilada da corte para vivir na provincia,en tal caso, con todos os privilexios dunha Princesa de Gales. Mais xamais aceptou o divorcio e continuou a asinar a correspondencia como Catherine the Queen. Catarina morreu o 7 de xaneiro de 1536, vítima dunha doenza prolongada, posibelmente cancro, e foi sepultada na Catedral de Peterborough coas honras dunha Princesa de Gales.

Véxase tamén

Predecesor:
Isabel de York
 Raíña Consorte de Inglaterra 
11 de xuño de 1509 - 23 de maio de 1533
Sucesor:
Ana Bolena
Predecesor:
Ana Neville
 Princesa de Gales 
14 de novembro de 1501 - 2 de abril de 1502
Sucesor:
Carolina de Brandeburgo-Ansbach
14 de novembro

O 14 de novembro é o 318º día do ano no Calendario Gregoriano e o 319º nos anos bisestos. Quedan 47 días para rematar o ano.

23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

4 de outubro

O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.

Ana Bolena

Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".Ana Bolena é popularmente coñecida por ser degolada baixo acusación de adulterio, incesto e traizón. Está cumpridamente asumido o ser inocente dos cargos, e foi conmemorada máis tarde como mártir na cultura Protestante inglesa, particularmente polos traballos de John Foxe. A súa vida foi adaptada en numerosas novelas, obras de teatro, cancións, óperas, dramas de televisión e películas, incluíndo Anne of the Thousand Days (Ana dos mil días), The Other Boleyn Girl (As irmás Bolena), The Tudor (Os Tudor), The Six Wives of Henry VIII (As seis esposas de Henrique VIII), Anna Bolena e Doomed Queen Anne.

En anos recentes, a opinión académica e histórica sobre ela foi xeralmente favorable —en gran parte grazas a dúas extensas biografías escritas polo profesor Eric Ives (1986 e 2004). Os traballos de David Starkey, David Loades, John Guy, Retha Warnicke e Diarmaid Macculloch tamén foron favorables ou admirativos. As populares biografías de Joanna Denny e a feminista Karen Lindsey abordárona de forma similar. Unha excepción notable vén do traballo do escritor británico Alison Weir, cuxos libros son a miúdo bastante máis críticos con Ana.

Ana dos mil días

Ana dos mil días (en inglés: Anne of the Thousand Days) é un filme británico dirixido por Charles Jarrott e producido por Hal B. Wallis que foi estreado en 1969. Foi realizado por Hal Wallis Productions e distribuído por Universal Pictures. O filme conta a historia de Ana Bolena. O guión é unha adaptación de Bridget Boland, John Hale e Richard Sokolove da obra de Maxwell Anderson.

Estreouse en galego a través da TVG o 13 de xuño de 1987.

Arquidiocese católica latina de Canterbury

A arquidiocese metropolitana de Canterbury foi unha diocese católica latina en Inglaterra, suprimida en 1558.

Artur Tudor

Artur Tudor, nado o 20 de setembro de 1486 e finado o 2 de abril de 1502, foi Príncipe de Gales e o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York.

Casa de Tudor

A Casa de Tudor gobernou Inglaterra desde 1485 ata 1603. O seu emblema era unha rosa, a rosa Tudor, de dez pétalos, cinco brancos no centro e cinco vermellos no bordo exterior. Desta forma simbolizábase a unión da Casa de York coa Casa de Lancaster e o fin da guerra civil que ensanguentou a historia inglesa durante o século XV.

A súa historia esta entrelazada cos acontecementos máis importantes e dramáticos da historia moderna de Europa e do mundo, pois baixo o seu goberno comezou a exploración inglesa de América. Por iso considérana como a familia real inglesa máis famosa e controvertida. Son un exemplo das monarquías autoritarias coas que competiron e se relacionaron no escenario da Europa occidental do Antigo Réxime.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Henrique VII de Inglaterra

Henrique VII de Inglaterra, nado o 28 de xaneiro de 1457 e finado o 21 de abril de 1509, foi rei de Inglaterra e señor de Irlanda desde o 22 de agosto de 1485 ata a súa morte, fundou a Casa de Tudor.

Igrexa de Inglaterra

A Igrexa de Inglaterra é unha igrexa cristiá anglicana, que ten a condición de relixión de estado de Inglaterra e é igrexa nai da Comuñón Anglicana. A cabeza espiritual da Igrexa é o arcebispo de Canterbury que o é tamén da Comuñón Anglicana. O monarca británico ten o título constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra. O Sínodo Xeral é o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as súas medidas teñen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o plácet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdición sobre a Illa de Man, Illas da Canle, algunhas parroquias de Flintshire (Gales) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e conta con 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considérase dentro da tradición reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou á separación dos protestantes e en non recoñecer a autoridade do Papa, e tamén dentro da tradición católica (mais non católica romana) xa que se considera continuadora da tradición apostólica. Establece a Biblia como única fonte de fe, admite a súa libre interpretación e afirma o carácter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquía de subordinar os intereses eclesiásticos aos políticos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII. María I de Inglaterra retornou á obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecución contra os non católicos, a situación deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.

María I de Inglaterra

María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raiña consorte de Francia.María I (Mary I en inglés), nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi Raíña de Inglaterra e de Irlanda, da casa de Tudor, dende o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. Hoxe en día é lembrada pola súa tentativa de restablecer o catolicismo como relixión oficial, despois do movemento protestante iniciado nos reinados anteriores. Para iso mandou perseguir e executar a preto de 300 presuntos herexes, o que lle valeu o alcume de Bloody Mary (María, a sanguinaria). Moitas das súas iniciativas políticas nesta esfera foron abandonadas pola súa sucesora Isabel I trala súa morte.

Montserrat Caballé

Montserrat Concepción Viviana Caballé Folch, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933 e finada na mesma cidade o 6 de outubro de 2018, foi unha soprano lírica. Foi recoñecida pola súa técnica vocal e foi unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo. Acadou moita sona pola súa técnica e as súas interpretacións dos grandes papeis de bel canto de Rossini, Bellini e Donizetti.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Thomas Cromwell

Thomas Cromwell, nado en 1485 en Putney e finado o 28 de xullo de 1540 en Londres, foi un avogado e político inglés que serviu como ministro principal do rei Henrique VIII de 1532 a 1540.

Xoana Seymour

Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (1509 – 24 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.

Xoán Fisher

San Xoán Fisher (en inglés John Fisher) mártir, nado en Beverley (Yorkshire) o 19 de outubro de 1469 e finado en Londres o 22 de xuño de 1535, foi un cardeal e bispo da Igrexa Católica en Inglaterra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.