Catalunya Sí

Catalunya Sí é unha plataforma política independentista catalá fundada en 2011 que agrupa a persoas da sociedade civil e diversas personalidades a favor do proceso secesionista de Cataluña.[1]

Co fin de poder presentarse en coalición con outras formacións políticas que comparten os seus ideais rexistrouse como partido político o 6 de outubro de 2011. Preséntase ás eleccións en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) dende 2011.[2]

Catalunya Sí
Partido político de Cataluña
Logo CAT-Sí
Dirixentes e organización
LíderAlfred Bosch
Historia
Fundación6 de outubro de 2011
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán
Representación
Parlamento de Cataluña
0 / 135
Congreso dos Deputados
1 / 350
Outros datos
Páxina webwww.catalunyasi.cat

Notas

  1. "'Dades Registre Oficial". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  2. Racó Català, ed. (8 de outubro de 2011). "'Catalunya Sí' serà el nom de la plataforma que acompanyarà ERC el 20-N". Consultado o 11 de outubro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anna Caula

Anna Caula i Paretas, nada en Xirona o 6 de abril de 1971, é unha adestradora de baloncesto feminino e política catalá, deputada no Parlamento de Cataluña na XI lexislatura pola coalición Junts pel Sí e na XII pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.

Catalunya Sí que es Pot

Catalunya Sí que es Pot (CSQP, en galego: Cataluña Sí que se Pode) foi unha coalición de esquerdas integrada por Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo. Formouse en xullo de 2015 a imaxe da fórmula de Barcelona en Comú para a cidade de Barcelona, co obxectivo de presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015.

A coalición conseguiu 11 deputados no Parlamento de Cataluña, dos que 4 son militantes de Iniciativa, 4 de Podem, 1 d'Esquerra Unida e 2 independentes.

O seu cabeza de lista por Barcelona foi Lluís Rabell, presidente d_ Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, e a escritora Gemma Lienas como número dous. Os seguintes postos foron ocupados por Joan Coscubiela (ICV), Àngels Martínez Castells (Podem) e Albano Dante Fachin (Podem). Nas outras provincias, Girona foi encabezada por Marc Vidal (ICV), Lleida por Sara Vilà (ICV) e Tarragona por Gerard Bargalló (Podem).

Catalunya en Comú-Podem

Catalunya en Comú-Podem é unha coalición política catalá de esquerdas creada para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017, formada por Catalunya en Comú, Podem, Barcelona en Comú, Iniciativa per Catalunya Verds e Esquerra Unida i Alternativa e co apoio tamén de Equo Catalunya. A candidatura foi liderada por Xavier Domènech.É sucesora da coalición Catalunya Sí que es Pot creada para as eleccións ao Parlament de 2015. Catalunya en Comú-Podem obtivo 8 escanos, 7 por Barcelona e 1 por Tarragona, 3 menos que a súa antecesora.

Comunistes de Catalunya

Comunistes de Catalunya (en galego: Comunistas de Cataluña) é un partido político de ideoloxía comunista e catalanista radicado en Cataluña. Defínese como nacional e de clase, democrático, internacionalista e solidario, laico e feminista. Fundaméntase nos principios do marxismo, o feminismo, así como outras achegas á teoría e a práctica revolucionarias. Reclámase herdeiro da traxectoria histórica do PSUC.

Forma parte de Esquerra Unida i Alternativa (EUiA). Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, Comunistes de Catalunya apoiou a candidatura unitaria de Catalunya Sí que es pot e Joan Josep Nuet foi elixido deputado. Nas eleccións de 2015 e de 2016 ao Congreso dos Deputados, o partido apoiou a candidatura En Comú Podem, e obtivo dous deputados, Joan Mena e Félix Alonso.

Dolors Bassa

Dolors Bassa i Coll, nada en Torroella de Montgrí, Xirona o 2 de febreiro de 1959, é unha mestra, psicopedagoga, sindicalista e política catalá vinculada a movementos independentistas. Dende o 14 de xaneiro de 2016 até o 28 de outubro de 2017 foi a Conselleira de Traballo, Asuntos Sociais e Familia do Goberno de Cataluña. Foi Secretaria Xeral nas comarcas xerundenses de UXT (2008-2015) e concelleira no Concello de Torroella de Montgrí por Esquerra Republicana de Catalunya. En 2015 foi elixida deputada no Parlamento de Cataluña na XI Lexislatura na lista de Junts pel Sí de Xirona. Volveu ser elixida deputada na XII Lexislatura tras presentarse ás Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2017 onde ía como número 1 da circunscrición de Xirona pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á XI lexislatura celebráronse o 27 de setembro de 2015, adiantándose catorce meses da súa data límite (25 de decembro de 2016). Este anuncio foi feito polo presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Mas, o 14 de xaneiro de 2015, pouco tempo despois que as institucións españolas suspendesen a consulta sobre a independencia de Cataluña e intentasen evitar a celebración do proceso participativo que a substituíu. Por mor disto, estas eleccións son plebiscitarias sobre a independencia de Cataluña. De feito, Artur Mas definiu estas eleccións como a «consulta definitiva».

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017

As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da xii lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Eleccións xerais de España de 2016

O domingo 26 de xuño de 2016 celebráronse eleccións xerais en España. Foron as décimo terceiras desde a transición á democracia e as segundas con Felipe VI como Rei. Estas eleccións deron comezo á XII lexislatura das Cortes Xerais.

O luns 2 de maio de 2016 ás 23:59 horas, as Cortes quedaron automaticamente disoltas tras non lograr ningún candidato a confianza do congreso nos dous meses posteriores á primeira votación de investidura, dando fin á XI lexislatura, a máis curta da historia recente de España, e dando paso a unhas novas eleccións xerais.Os cidadáns con dereito ao voto, residentes no país e no estranxeiro, foron chamados a decidir a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado.

Esquerra Republicana de Catalunya

Esquerra Republicana de Catalunya (en galego: Esquerda Republicana de Cataluña), ou ERC é un partido político catalán, fundado en 1931, de ideoloxía progresista, republicana e independentista. Foi o partido de relevantes políticos cataláns como Francesc Macià, Lluís Companys ou Josep Tarradellas, desenvolveu un importante papel na política catalá e española durante a Segunda República, durante a loita antifranquista e a Transición á democracia.

O partido conta con 32 escanos no Parlamento de Cataluña, tres no Parlamento español, e un (ocupado por Oriol Junqueras) no Parlamento Europeo, no que ERC participa integrada na coalición Europa dos Pobos. Conta actualmente con aproximadamente 10.000 afiliados.Ademais da súa implantación en Cataluña, ERC posúe unha representación nas Illas Baleares e no Rosellón francés, así como na Comunidade Valenciana, onde emprega a denominación Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV).O 17 de setembro de 2011, durante o 26º congreso nacional, foi elixido Oriol Junqueras como presidente e Marta Rovira como secretaria nacional.

Gemma Lienas

Gemma Lienas i Massot, nada en Barcelona en 1951, é unha escritora catalá. Dende outubro de 2015 é deputada no Parlamento de Cataluña pola coalición Catalunya Sí que es Pot.

Junts pel Sí

Junts pel Sí (JxSí, en galego: Xuntos polo Sí) é unha coalición electoral independentista formada para concorrer ás eleccions ao Parlamento de Cataluña de 2015. Está formada principalmente por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e o seu obxectivo é a independencia de Cataluña.

Tamén conta coa participación de Demòcrates de Catalunya, Moviment d'Esquerres, Avancem e Reagrupament Independentista, e o apoio de Catalunya Sí, Solidaritat Catalana per la Independència e Estat Català.

Lluís Rabell

Josep Lluís Franco Rabell, nado en Barcelona en 1954, e coñecido como Lluís Rabell, é un tradutor, activista e político catalán.

Marta Rovira

Marta Rovira i Vergés, nada en Vic o 25 de xaneiro de 1977, é licenciada en dereito e política catalá, actual secretaria xeral de Esquerra Republicana de Catalunya e deputada no Parlamento de Cataluña na X, XI e XII lexislaturas.

Nova Esquerra Catalana

Nova Esquerra Catalana (NECat, en galego: Nova Esquerda Catalá) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Fundouse o 15 de decembro de 2012 en Sitges baixo o impulso de Ernest Maragall, ex-dirixente do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).

Presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya e Catalunya Sí, baixo o nome de L'Esquerra pel Dret a Decidir. A coalición obtivo dous escanos, entre eles Ernest Maragall, que ocupaba o segundo posto na lista electoral.

O 28 de agosto de 2014 houbo un encontro en Palamós organizado por Nova Esquerra Catalana e Avancem para iniciar o curso político en Cataluña. Naquela ocasión, as dúas organizacións manifestaron a voluntade de confluír nunha nova organización antes de finais do 2014.O 22 de novembro de 2014 presentou a súa confluencia con Moviment Catalunya para crear unha nova candidatura definida como socialista, catalanista e soberanista. O 30 de novembro anúnciase a fusión baixo a denominación Moviment d'Esquerres (MES).

Oriol Junqueras

Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán, Vicepresidente e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Cataluña dende 2016 ata o seu cesamento no cargo o 21 de outubro de 2017. De acordo co goberno español, o seu cargo quedou suspendido coa aplicación do artigo 155 da Constitución.Foi alcalde de Sant Vicenç dels Horts (2011-2015), foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2012, e presidente de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011. Foi líder da oposición no Parlamento de Cataluña (2013-2016).

O 2 de novembro de 2017 foi encarcerado de maneira preventiva na prisión de Estremera acusado de sedición e rebelión. En xaneiro de 2018, o Tribunal Supremo español confirmou a súa prisión preventiva por unanimidade considerando que hai "risco relevante" de reiteración delictiva porque "non ten a intención de abandonar" a vía seguida até agora. O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners, onde estivo preso até o 1 de febreiro de 2019, cando foi trasladado ó cárcere de Soto del Real á espera do xuízo.

Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017. Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.