Castroverde

Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

Coordenadas: 43°1′45.78″N 7°19′38.39″O / 43.0293833, -7.3273306

Castroverde
Escudo de Castroverde
CastroverdeFonteConcello
Casa do concello.
Situacion Castroverde
Situación
Xentilicio[1]castroverdés/castroverdesa (baseado en Costas González, X.-H.)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación2.675 hab. (2018)
Área174,2 km²
Densidade15,36 hab./km²
Entidades de poboación37 parroquias
Capital do concelloCastroverde
Política (2019 [2])
AlcaldeXosé María Arias Fernández (PSdeG-PSOE[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Castroverde
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes81,14%
Na rede
www.concellodecastroverde.com
info@concellodecastroverde.com

Demografía

Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003). Neste concello atópase Montecubeiro, a parroquia de Galicia con máis entidades de poboación, 37.

Censo total 2015 2.802 habitantes
Menores de 15 anos 197 (7,03 %)
Entre 15 e 64 anos 1,617 (57,71 %)
Maiores de 65 anos 988 (35,26 %)
Evolución da poboación de Castroverde   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6189 7173 8122 4617 3286 3012 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.

Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.

O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.

Historia

Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.

Monumentos

Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.

A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.

Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.

Festas e feiras

  • Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
  • Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
  • Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
  • Feira, domingos alternos.
  • Festa dos Avós, en abril.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Castroverde.

Lugares de Castroverde

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castroverde". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Frairía, Castroverde

Santa María da Frairía é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 95 habitantes (50 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.

A Pumarega, Castroverde

Santa Mariña da Pumarega é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 98 habitantes (51 homes e 47 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 103 habitantes.

Agustín, Castroverde

Santa María de Agustín é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 20 habitantes (12 homes e 8 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Arcos, Castroverde

San Paio de Arcos é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 109 habitantes (56 mulleres e 53 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Barredo (Santo André), Castroverde

Santo André de Barredo é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o IGE en 2011 tiña 63 habitantes (29 homes e 34 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 76 habitantes.

Bolaño, Castroverde

Santa Baia de Bolaño é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 132 habitantes (69 mulleres e 63 homes), tres máis ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Existiu na parroquia o conxunto musical chamado Banda de Bolaño.

Na parroquia está a cova da Valiña.

Cellán de Calvos, Castroverde

San Salvador de Cellán de Calvos é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 30 habitantes (16 mulleres e 14 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 31 habitantes.

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Covelas, Castroverde

San Miguel de Covelas é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 75 habitantes (40 homes e 35 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Furís, Castroverde

Santo Estevo de Furís é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 181 habitantes (100 homes e 81 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 198 habitantes.

Miranda, Castroverde

Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Montecubeiro, Castroverde

San Cibrao de Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes.

Moreira, Castroverde

Santa María de Moreira é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 homes e 66 mulleres e 42 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Páramo, Castroverde

San Miguel de Páramo é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 98 habitantes (53 homes e 45 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 104 habitantes.

Rebordaos, Castroverde

San Xurxo de Rebordaos é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 93 habitantes (49 mulleres e 44 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.

Recesende, Castroverde

San Cibrao de Recesende é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 21 habitantes (11 mulleres e 10 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 27 habitantes.

Riomol, Castroverde

San Pedro de Riomol é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 146 habitantes (82 homes e 64 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 167 habitantes.

Uriz, Castroverde

Santa María de Uriz é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 63 habitantes (32 mulleres e 31 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Vilabade, Castroverde

Santa María de Vilabade é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o IGE en 2011 tiña 73 habitantes (45 mulleres e 28 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 83 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.