Castrocontrigo

Castrocontrigo é un concello da provincia de León, que está situado a uns 80 quilómetros ó oeste da capital provincial. Áchase na comarca de La Valdería, próxima a da Cabreira.

O municipio ocupa unha área de 194,49 km2, e a súa poboación en 2005 era de 1.075 habitantes, o que resulta nunha densidade de poboación de 5,52 hab/km2.

Étimo

O seu nome procede dun antigo Castru Guntherigu, do nome dun antigo posesor de nome xermano latinizado.

Entidades

O concello está formado polas seguintes localidades:

  • Castrocontrigo.
  • Morla de la Valdería.
  • Nogarejas.
  • Pinilla de la Valdería.
  • Pobladura de Yuso.
  • Torneros de la Valdería.

Festas

  • Corpus Christi.
  • Patronais, celébranse no primeiro fin de semana do mes de agosto.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agustín Vega

Agustín Vega Fuente, nado en Nogarejas (León) o 10 de marzo de 1954, é un sindicalista e político galego.

Híbrido (lingüística)

Un vocábulo híbrido é unha palabra composta na que, desde un punto de vista etimolóxico, un dos compoñentes procede dun idioma e o outro deriva doutra lingua diferente.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Pobladura

O topónimo leonés Pobladura fai mención a lugares repoboados no Reino de León na Idade Media. Pode referirse a:

Pobladura de Pelayo García, concello da provincia de León;

Pobladura del Valle, concello da provincia de Zamora;

Pobladura de Valderaduey, concello da provincia de Zamora;

Pobladura de Aliste, localidade do concello de Mahíde, na provincia de Zamora;

Pobladura del Bernesga, localidade do concello de Sariegos, na provincia de León;

Pobladura de Fontecha, localidade do concello de Valdevimbre, na provincia de León;

Pobladura de la Sierra, localidade do concello de Lucillo, na provincia de León;

Pobladura de las Regueras, localidade do concello de Igüeña, na provincia de León;

Pobladura de los Oteros, localidade do concello de Pajares de los Oteros, na provincia de León;

Pobladura de Luna, localidade do concello de Sena de Luna, na provincia de León;

Pobladura de Somoza, localidade do concello de Villafranca del Bierzo, na provincia de León;

Pobladura de Sotiedra, localidade do concello de Tiedra, na provincia de Valladolid;

Pobladura de Yuso, localidade do concello de Castrocontrigo, na provincia de León.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.