Castro do Vieito

O castro do Vieito é un poboado castrexo situado na parroquia de Perre, no concello de Viana do Castelo, no norte de Portugal. O asentamento está construído nunha encosta virada ao sur, situándose a súa ocupación entre os séculos I a. C. e I d. C, coincidindo coa romanización.

Foi recentemente afectado, en cerca de 2/3 da súa área (aproximadamente 15.000m²), pola construción do IC1/A28,[1], tendo sido obxecto dunha escavación de emerxencia entre 2004 e 2005[2].

Foron encontrados restos de muros de construción de probables habitacións. Eran aínda visibles tres niveis de murallas. No interior destas encóntrase unha gruta natural, de pequenas dimensións, coñecida como Cova dos Mouros[3].

Coordenadas: 41°43′50″N 8°48′26″O / 41.73065, -8.807161

Castro do Vieito
ConcelloViana do Castelo
PaísPortugal
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculos I a. C. e I d. C
Véxase tamén
Castros de Portugal

Notas

  1. Martins, Carla Sofia (20 de novembro de 2004). "Câmara de Viana Quer Desviar IC1 do Castro Milenar de Vieito". almadan.publ.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2009..
  2. "Castro de Vieito (Trabalhos do Sitio)"[Ligazón morta], en www.ipa.min-cultura.pt (en portugués).
  3. "Castro de Vieito"[Ligazón morta], Pescuda de sitios arqueolóxicos, en www.ipa.min-cultura.pt (en portugués).

Véxase tamén

Bibliografía

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.