Castro de Vizoño

O castro de Vizoño é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo[1].

Coordenadas: 43°09′31″N 8°19′23″O / 43.1584788, -8.322985

Castro de Vizoño
Castro de Vizoño Abegondo
ParroquiaVizoño
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001014
Cronoloxía
Estado actualRegular
Extensión estimada1.44 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado de planta circular de 120 por 120 metros, defendido por un parapeto reforzado por un foxo polos lados norte e noroeste. Ó leste sufriu algunhas alteracións por unhas obras de construción, que o destruíron parcialmente polo seu extremo sudoriental. Polo lado norte o foxo ocupado por un camiño veciñal e polo oeste foi alterado pola construción dunha estrada. O castro é unha explotación gandeira.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Notas

  1. Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo

Véxase tamén

Outros artigos

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

O Castro, Vizoño, Abegondo

O Castro é un lugar da parroquia de Vizoño no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Na zona está o castro de Vizoño.

Vizoño, Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.