Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.[a]

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Coordenadas: 43°09′38.96″N 07°23′19.32″O / 43.1608222, -7.3887000

Castro de Viladonga
Castro de Viladonga-vista aerea
ParroquiaViladonga
ConcelloCastro de Rei
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27010026
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo III d.C. a Século V d.C.
Data da descubertaPrincipios do século XX
Períodos de escavación1971 a 1978
1983 ata a actualidade
Estado actualen proceso de escavación. Consolidado. Visita libre. Museo anexo
Extensión estimada4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Castro-de-Viladonga-panorámica
Vista xeral do castro.

O recinto aparece mencionado na bibliografía de comezos do século XX, Manuel Amor Meilán xa o cita na súa obra Historia de la Provincia de Lugo (Lugo, 1918). Ocupa unha extensión aproximada de 4 ha[2] intra murallas, das que 10.000 m² corresponden á croa de forma cuadrangular irregular (100x95 m) cos ángulos redondeados.

A muralla principal é de perpiaños de xisto, que chega a unha altura de 12 a 14 metros cara ao foxo. Predominan os materiais de época romana avanzada ou tardorromana.

Arqueoloxía

Grazas á iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez realizáronse traballos arqueolóxicos desde 1971 a 1978.

Entre 1972 e 1975 as escavacións estiveron a cargo de Manuel Chamoso Lamas. Nas catro campañas exhumáronse a maioría das construcións da croa, de gran diversidade tipolóxica, e fixéronse catas noutros puntos do sitio (antecroas e sistemas defensivos).

Na campaña de 1983, a cargo de Felipe Arias Vilas, marcáronse os seguintes obxectivos:

  • Escavación e retirada dos muros testemuñas de terra deixados nas escavacións anteriores.
  • Comprobación da estratigrafía dos restos de estruturas da croa.
  • Rozado e limpeza do terreo intramurallas.
  • Continuación de traballos museolóxicos.
  • Levantamento topográfico e elaboración de planos (1984).

Achados

Plano castro de Viladonga
Delimitación do castro e da área de protección do BIC publicado no DOG.[1]

No ano 1911 apareceu no castro un torque de ouro[b] con remates en perilla, de 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que se conserva no Museo Provincial de Lugo[3]

Nas escavacións de 1972-1975 atopouse outro torque de tipoloxía similar ao aparecido en 1911, pero de ouro máis baixo. Tamén se atoparon un anel de ouro con chatón de esmeralda, e dous aúreos de Arcadio, así como apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

Outros achados salientables foron os de dous taboleiros de xogo "tabula latrunculata", un machado de talón de bronce de 4 argolas e un puñaliño de antenas de bronce.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do castro de Viladonga.
Construción circular Castro de Viladonga

Construción circular

Habitacion con lareira Castro de Viladonga1 1

Habitación con lareira

Brocados Castro de Viladonga

Brocados

Castro de Viladonga, 2014. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional

Vista aérea.

Vista xeral da croa Castro de Viladonga

Vista xeral da croa.

Notas

  1. A delimitación do BIC abarca o conxunto do sitio arqueolóxico e unha ampla área de protección cara ó norte, na que se inclúe outro sitio castrexo, a Rodela de Balmonte.[1]
  2. Foi atopado casualmente polo labrego José Abelleira Palmeiro cando traballaba a terra. A peza formou parte da colección Blanco-Cicerón, pasando máis tarde á de Gil Varela ata chegar ao Museo de Lugo
Referencias
  1. 1,0 1,1 Decreto 441/2009, do 11 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Castro de Viladonga, no termo municipal de Castro de Rei (provincia de Lugo)
  2. Arias Vilas 1985, p. 5.
  3. López Cuevillas, Florentino (1951). Las Joyas Castreñas (en castelán). Madrid: Instituto de Arqueología y Prehistoria Rodrígo Caro.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Rei

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Felipe Arias

Felipe Arias Vilas, nado en Lugo o 5 de xullo de 1949, é un arqueólogo galego.

Galería de imaxes de Castro de Rei

Galería de imaxes do concello de Castro de Rei na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes do castro de Viladonga

O castro de Viladonga empezouse a escavar na parroquia de Viladonga, concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, Galicia.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Museo do Castro de Viladonga

O Museo do Castro de Viladonga é un museo situado ao carón do Castro de Viladonga, na parroquia do mesmo nome, pertencente ao concello de Castro de Rei, foi concibido para gardar, investigar e expoñer tódolos materiais procedentes das escavacións do castro realizadas a partir do ano 1971.

Sitúase nun socalco exterior entre as dúas últimas murallas do lado leste do castro.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Viladonga, Castro de Rei

Santiago de Viladonga é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 104 habitantes (63 mulleres e 41 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes. Dálle nome ó Castro de Viladonga.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.