Castro de Santa Cristina

O castro de Santa Cristina, tamén chamado castro de Perillo, é un castro situado na parroquia de Perillo, no concello coruñés de Oleiros.

Coordenadas: 43°20′36″N 8°22′23″O / 43.34342, -8.37309

Castro de Santa Cristina
Castro de Santa Cristina Oleiros A Coruña Galiza
ParroquiaPerillo
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15058011
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado localizado nun pequeno promontorio rochoso que penetra no mar no extremo norte da praia de Santa Cristina. Na súa parte superior existe unha elevación circular que pode ser o resto dun parapeto defensivo do castro. Este posible parapeto ten non máis de 3 metros de anchura e entre 60 e 80 centímetros de altura, e desenvólvese en sentido circular con dirección nordeste-suroeste.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Nemenzo, Santiago de Compostela

Santa Cristina de Nemenzo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 218 habitantes (110 homes e 108 mulleres), 30 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.

Na aldea de Nemenzo está o castro das Uces Brancas.

Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.