Castro de San Millao

O castro de San Millao é un poboado castrexo situado na parroquia de Santa María de San Millao, no concello ourensán de Cualedro. É coñecido tamén coma Cidá do Castro[1] ou Cidá de Grou[2].

Coordenadas: 41°54′14.41″N 07°36′19.03″O / 41.9040028, -7.6052861

Castro de San Millao
ParroquiaSan Millao
ConcelloCualedro
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA32028026
Cronoloxía
Datas de ocupaciónSéc. II-IV d.C
Data da descuberta?
Períodos de escavación1953
Estado actualAbandonado
Extensión estimada2,7 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

O Castro de San Millao está sobre un pequeno outeiro a 730 m de altitude, ó pé do río dos Muíños. Está orientado en dirección norte-sur, cun eixo maior na súa dirección leste-oeste. Atópase encaixado no medio de pequenos outeiros, o que dificultaría a visibilidade dos seus habitantes, así como a dos seus posibles atacantes. É de doado acceso se se compara con outros, dado que a zona ten un relevo pouco pronunciado[2]. Canto ao terreo, é pouco fértil na altura dos estratos desa época.

É un castro de tipo chairego, de grandes defensas e de trazos gandeiros. Atópase circundado por un pequeno regato de montaña. Ten certas similitudes en canto a distribución co castro de Elviña: presenta tres barrios superpostos a distinto nivel, todos eles amurallados e independentes os uns dos outros. A súa planta é de forma ovoide.

O sistema defensivo é a particularidade mais salientábel do conxunto.

  • Na cara norte ábrese un grande foxo que chega a acadar unha profundidade de 8 m de alto e ten entre 6 e 12 m de ancho.
  • Nas caras sur e oeste atópase un regato encaixado no substrato do chan que fai de barreira natural inaccesíbel.
  • Na cara este atopamos a área de terreo mais chá, cuberta cunha barreira de pedras fincadas de 70 cm. nunha zona que abarca 130 metros de longo por 30 de ancho.
  • Unha muralla ciclópea de cachotería de granito, que nalgunhas zonas acada mais de metro e medio[3].

Arqueoloxía

Historia

A aparición do castro de San Millao remóntase o século II d.C[2] e a fin da súa ocupación data do século IV d.C[4]. Enmárcase dentro do período de ocupación romana da Gallaecia, mais dentro del non se atopou material arqueolóxico romano ningún[4]. Está situado na zona ocupada polos Bíbalos ou Bebaloi, os cales participaban do Forum Bibalorum, dentro do Conventus Bracarensis, o que antes viría a ser o Oinaikos Growion[5]. Os seus habitantes adicábanse principalmente á gandaría ovina, olería e comercio con outros castros ou aldeas da zona, aproveitando a vía romana que percorría a zona próxima á Xironda[3].

Estudos

Dende mediados ata finais do século XX o sitio arqueolóxico foi estudado en tres períodos, ficando a día de hoxe abandonado. Os primeiros estudos veñen da man de Florentino López Cuevillas e Xesús Taboada Chivite no ano 1953. No ano 1954 López Cuevillas e Taboada Chivite volven ó castro para realizar as primeiras escavacións, así como para analizar a súa estrutura defensiva. Estas escavacións continúanse no ano 1955 co mesmo fin. X. Rodríguez González e Francisco Fariña Busto retoman os traballos desenvolvendo tarefas de limpeza e escavación. Mais tarde publican as memorias científicas nas que recollen os seus estudos[4].

Achados arqueolóxicos

Tanto os traballos de Florentino López Cuevillas e Xesús Taboada Chivite coma os de Rodríguez González e Francisco Fariña Busto deron luz a numerosos achados. Entre os máis importantes atópanse[4]:

  • Fragmentos cerámicos de estampillado SSS pertencentes a unha peza de tamaño medio.
  • Fragmentos cerámicos de bordes.
  • Fragmentos cerámicos de labios.
  • Fondos de pezas cerámicas correspondentes a olas abertas globulares.
  • Fragmentos de remaches e caldeiros de bronce .
  • Fragmentos dun chocallo de ferro.

Notas

  1. Ficha do castro en Turgalicia
  2. 2,0 2,1 2,2 Guía do concello de Cualedro Arquivado 15 de decembro de 2009 en Wayback Machine.. (Pdf).
  3. 3,0 3,1 Boletín Auriense do 1986.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio.
  5. Atlas histórico da Galiza. Ed. da Galiza. Páx. 21

Véxase tamén

Outros artigos

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Baroña

O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castro de Zoñán

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo.

Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004.

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes de dolmens en Galicia

Galería de imaxes de megálitos de Galicia.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

San Millao, Cualedro

Santa María de San Millao é unha parroquia do concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 124 habitantes (65 homes e 79 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Nesta parroquia localízase o castro de San Millao.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.