Castro de Rei

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o seu xentilicio é «castrexo».

Coordenadas: 43°12′26.79″N 7°23′55.78″O / 43.2074417, -7.3988278

Castro de Rei
Escudo de Castro de Rei
Casa Concello Castro de Rei
Rio Azumara en Castro de Rei
Casa do Concello e Río Azúmara
Situacion Castro de Rei
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación5.011 hab. (2018)
Área177 km²
Densidade28,31 hab./km²
Entidades de poboación25 parroquias
Capital do concelloCastro de Rei
Política (2019 [2])
AlcaldeFrancisco Balado Teijeiro (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Castro de Rei
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes74,51%
Na rede
https://www.castroderei.gal/

Xeografía

Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.

A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).

Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.

Demografía

Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.

Censo total 2016 5.057 habitantes
Menores de 15 anos 436 (8,62 %)
Entre 15 e 64 anos 2.975 (58,82 %)
Maiores de 65 anos 1646 (32,54 %)
Evolución da poboación de Castro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7211 7123 7513 6290 5856 5685 5474 5422 5267 5226 5.153 5.057 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Climatoloxía

Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e as súas extensas zonas húmidas, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estas zonas húmidas aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras, soutos e carballeiras.

Patrimonio histórico e artístico

A cabeza do concello, a vila de Castro de Rei, é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresco.[5] Está situado nun outeiro que foi castro e despois fortaleza conservándose parte das murallas do castro e do castelo. O castelo databa do século XVI mais a súa torre caeu en 1941.[5] O brasón e o escudo do castelo pertencen á casa de Lemos e pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do concello.

Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible vila de época romana coñecida como Vila de Arcas.

Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.

Na parroquia de Castro de Rei están como xa dixemos o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis os restos do castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XVI.

Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.

Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.

Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.

Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.

Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia. Ademais nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o Monte Medulio.

Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as escavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.

A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo, unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei, e outra que é a ruta da escrita, onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei, entre moitos outros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Castro de Rei.
Vista xeral da croa do Castro de Viladonga
Vista xeral da croa do Castro de Viladonga 
Casa da cultura, na parroquia de Ribeiras de Lea.
Casa da cultura, na parroquia de Ribeiras de Lea
Antigos postos da feira na parroquia de Castro de Rei.
Antigos postos da feira na parroquia de Castro de Rei
Área recreativa na parroquia de Castro de Rei.
Área recreativa na parroquia de Castro de Rei
Muralla do castelo na parroquia de Castro de Rei.
Muralla do castelo na parroquia de Castro de Rei
Marcador da ruta da Escrita na parroquia de Castro de Rei.
Marcador da ruta da Escrita na parroquia de Castro de Rei

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castro de Rei". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. 5,0 5,1 Historia. Páxina web do concello

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Azúmara, Castro de Rei

San Xoán da Azúmara é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (29 mulleres e 31 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.

Bazar, Castro de Rei

San Pedro de Bazar é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 363 habitantes (186 homes e 177 mulleres), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 372 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 305 habitantes, sendo 157 homes e 148 mulleres.

Castro de Rei de Lemos, Paradela

Santa María de Castro de Rei de Lemos é unha parroquia do concello lugués de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 576 habitantes, deles 294 eran homes e 282 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Duarría, Castro de Rei

Santiago de Duarría é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.063 habitantes (550 mulleres e 513 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes.

Goberno, Castro de Rei

San Martiño de Goberno é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 105 habitantes (60 mulleres e 45 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

Prevesos, Castro de Rei

Santo Estevo de Prevesos é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 175 habitantes (85 homes e 90 mulleres), 20 menos ca en 1999. Ten 16 entidades de poboación.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ramil, Castro de Rei

Santa Mariña de Ramil é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 131 habitantes (69 mulleres e 62 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 144 habitantes.

Ribeiras de Lea, Castro de Rei

San Xoán de Ribeiras de Lea é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 579 habitantes (300 homes e 270 mulleres), 57 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

No lugar de Castro de Ribeiras de Lea estivo aberto o sanatorio psiquiátrico de San Rafael, construído pola Deputación de Lugo en 1953 e pechado en febreiro de 2012. Estivo dirixido polo médico Ángel Usero Tiscar. Neste centro morreu en 2012 Antón Moreda, que estivo máis de corenta anos interno e promoveu a publicación da revista Falemos entre 1982 e 1992.

San Xiao de Mos, Castro de Rei

San Xiao de Mos é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 207 habitantes (107 homes e 100 mulleres), 35 menos que no padrón municipal de 2004 (124 homes e 118 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. En 1999 tiña 263 habitantes.

Rexístranse aquí os primeiros exemplares da raza da galiña de Mos.[Cómpre referencia]

Santa Locaia, Castro de Rei

Santa Locaia é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 298 habitantes (153 mulleres e 145 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.

Silva, Pol

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Triabá, Castro de Rei

San Pedro de Triabá é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o padrón municipal (IGE 2014) ten 562 habitantes (299 mulleres e 263 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.

Viladonga, Castro de Rei

Santiago de Viladonga é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2014 tiña 104 habitantes (63 mulleres e 41 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes. Dálle nome ó Castro de Viladonga.

Xosé Arias Fernández

Xosé Arias Fernández, coñecido como Cristo ou Dapencí, nado en Castro de Rei en 1918 e finado o 27 de maio de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Galicia  · Provincia de Lugo  · Parroquias de Castro de Rei

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.