Castro de Morro Canide

O castro de Morro Canide, tamén chamado Castrillón, é un castro situado na parroquia de Maianca, no concello coruñés de Oleiros.

Coordenadas: 43°22′16″N 8°20′31″O / 43.37101, -8.34198

Castro de Morro Canide
Castro de Morro Canide Oleiros A Coruña Galiza
ParroquiaMaianca
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15058008
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Na actualidade non se aprecian estruturas visibles do recinto fortificado. As recentes obras de urbanización da área alteraron moito a orografía do lugar. Hai indicios da existencia dun poboado da Idade de Ferro polo achado de varios fragmentos de cerámica castrexa e común romana, depositados actualmente no Museo Provincial da Coruña.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.