Castro de Fazouro

O Castro de Fazouro é un antigo castro que se atopa no concello de Foz, na provincia de Lugo. É o único que se conserva como museo en toda a costa cantábrica galega[Cómpre referencia].

Coordenadas: 43°36′13″N 07°17′57″O / 43.60361, -7.29917

Castro de Fazouro
Castro de Fazouro
ParroquiaFazouro
ConcelloFoz
ProvinciaProvincia de Lugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27019010
Cronoloxía
Datas de ocupación(séc. I d.C. - século III d.C.
Data da descuberta?
Períodos de escavación1963
1988
Estado actualescavado, visita libre
Extensión estimada6 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Está asentado sobre un terreo de suave relevo á beira do mar Cantábrico. O seu acceso a terra está delimitado por un foxo definido, bastante colmado por terra e polo terraplén da pista. Non se observa muralla.

Agás unha construción de planta ovalada, predominan os edificios de planta cadrada, con esquinas angulares ou redondeadas. Entre eles dispóñense patios ou zonas de paso enlousadas. Probablemente os edificios formasen pequenos grupos, pertencentes a unidades familiares.

Algunhas edificacións posúen bancos de pedra acaroados interiormente aos muros, que servían como lugar de descanso, área de traballo ou repisa. No interior das vivendas mantense o basamento en pedra dun fogar, xeralmente de planta cadrada, situado cara ao centro do espazo útil. Algúns muros presentan restos dun revoco no paramento interior.

Nun dos edificios de planta cadrada máis próximos ao mar, no que se conservaba o lugar de acceso e o enlousado, apareceron, acaroados á parede exterior, nove chanzos que conducían a unha plataforma de pedra que presumiblemente actuaba a xeito de segundo andar.

Arqueoloxía

A superficie escavada do castro é duns 700 m² e sitúase na parte norte do castro. Esta superficie estase a reducir por mor da erosión mariña, que xa fixo desaparecer algunhas das construcións castrexas escavadas. Polos restos achados dátase o recinto nunha época próxima á romanización.

As estruturas corresponden ao último momento de ocupación do castro (finais do século III). A súa estratigrafía denota unha continuidade na construción, ocupación e abandono.

Materiais

O conxunto cerámico presenta gran fragmentación, se ben puidéronse reconstruír algúns formatos menores como olas, funetes (con engobe vermello) e unha mínima representación de xerras e cuncas. Hai fragmentos moi alterados de cerámica fina, sigillata cun só fragmento de decoración con círculos concéntricos. As técnicas empregadas na decoración son o bruñido, incisa e plástica.

Malia que se atopou bastante ferralla metálica no recinto, só se rexistraron seis cravos e algúns fragmentos informes. En bronce apareceu unha fíbula anular en omega e un alfinete de pelo. Tamén atopouse unha moeda de Antoniano de mediados do século III durante a limpeza do enlousado. Apareceron unha fíbula de longo traveseiro e unha moeda con marca de ceca de Clunia, sen determinar a súa procedencia. A fíbula e a moeda, así como algúns fragmentos de cerámica nos niveis de recheo da estrutura n.º 7, levan ao período entre finais do século I e comezos do II. Documéntase a progresiva influencia na poboación indíxena doutra externa máis evolucionada, estando esta chegada asociada a unha explotación máis intensa do espazo a través da minería. Este fenómeno de aculturación e evolución non foi traumático.

Entre os materiais orgánicos destacan restos de gando bovino.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Castro de Fazouro.
Castro de Fazouro, Foz, provincia de Lugo, Galiza
Castro de Fazouro, 2014. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional

Vista aérea.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Baroña

O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castro de Zoñán

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo.

Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Fazouro, Foz

Santiago de Fazouro é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo que se estende nunha superficie de 8,75 Km². Tiña 597 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 294 homes e 303 mulleres. O que supón unha diminución de 67 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 664 habitantes (324 homes e 340 mulleres), tamén 67 menos que en 2006.

Foz

Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.