Castro de Condomiñas

O castro de Condomiñas é un castro situado na parroquia de Santo André de Boimente, no concello lugués de Viveiro.

Coordenadas: 43°35′54″N 7°33′44″O / 43.598385, -7.562221

Castro de Condomiñas
ParroquiaSanto André de Boimente
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27066014
Cronoloxía
Extensión estimada1,4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado situado no cumio dun monte. Consta dun recinto principal de forma sensiblemente circular duns 140 metros de diámetro. Está rodeado por unha muralla en desigual estado de conservación, agás na zona sur, onde está totalmente arrasada. Polo nordeste, ademais do desnivel natural, presenta un foxo defensivo. Na zona sur, a pesar de estar moi alterado, conserva un antecastro ao sur.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.
Santo André de Boimente, Viveiro

Santo André de Boimente é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (55 homes e 77 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.