Castro de Coaña

O castro de Coaña, tamén chamado El Castrillon ou Castilón, é un castro sito na freguesía de Vilacondide, preto do lugar de Porto, no concello de Coaña, na zona occidental do Asturias, en España. Atópase a beira esquerda do río Navia, nun pequeno outeiro sobre o rego Xarriou.

O castro data do século I, perdendo importancia a partir do século III. Foi o primeiro castro que se estudou. É actualmente Monumento Histórico Artístico e conta desde 1993 cunha Aula Didáctica.

Castro de Coaña
Castro-de-coana01
ParroquiaVillacondide
ConcelloCoaña
ProvinciaAsturias
Comunidade autónomaAsturias
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo I a século III
Data da descubertaDesde antigo
Períodos de escavación1877
1940
1958
Estado actualVisitable. Aula de interpretación anexa
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Asturias

Morfoloxía

O castro consta dunha acrópole rodeada dunha muralla, que só se conserva na súa parte oeste, un poboado defendido cunha muralla máis débil e cun baixo nivel de urbanización, pola desorde construtiva que amosan as vivendas, exentas e, na maioría, de planta circular. Fóra das fortificacións hai un terceiro espazo que é coñecido como o recinto sacro, onde destaca a existencia de estanques.

Arqueoloxía

O castro foi escavado por José María Flórez en 1877; por Antonio García Bellido e Juan Uría Riu en 1940; e por Francisco Jordá Cerdá en 1958.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albións

Os albións ou albiones (latín: albioni) eran un pobo galaico da Gallaecia, comprendidos dentro do Convento xurídico lucense, que se situarían no territorio costeiro comprendido das marxes do Navia, no que na actualidade é a Asturias occidental.

Antonio García Bellido

Antonio García Bellido, nado en Villanueva de los Infantes (Ciudad Real) en 1903 e finado en Madrid en 1972, foi un arqueólogo español.

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Coaña

Coaña ou Cuaña (segundo a norma da Academia de la Llingua Asturiana) é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Boal, ao leste con Navia e Villaión e ao oeste con El Franco. O concello cobre unha superficie de 65 km² e contaba cun total 3.522 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 54,18 hab./km².

De entre os restos arqueolóxicos destacan o castro de Coaña e o castro de Mouguías.

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Reino de Asturias

O Reino de Asturias ou Reino dos ástures (en latín: Regnum Asturorum) foi fundado no 718 polo nobre visigodo Paio de Asturias. Foi a primeira entidade política cristiá establecida trala invasión musulmá no 718 ou 722. Ese ano, Paio derrotou ao exército Omeia na batalla de Covadonga, o que tradicionalmente se considerou como o comezo da Reconquista. O reino de Asturias foi sucedido polo Reino de León no 925, cando Froila II reunificou os reinos e trasladou a capital a León. O reino de Asturias foi ata a súa partición o último reino bárbaro do período das grandes migracións e considérase como o precedente histórico da Coroa de Castela e do Reino de Portugal.A carencia de fontes historiográficas que aludan a un Reino de Asturias, xunto coa narración mítica da orixe do reino, fai que unha grande parte dos estudosos dubiden da súa mesma existencia. Para esta parte da historiografía non se esta a respectar a literalidade da documentación, a cal fai sempre referencia ao Reino de Galicia.

De feito, algúns dos autores que introduciron e empregaron este termo, recoñecen nas súas obras que o nome de Reino de Asturias non é correcto, pois non é o que figura en crónicas, mapas e diplomas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.