Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.[1]

Coordenadas: 42°9′41.31″N 7°58′37.07″O / 42.1614750, -7.9769639

Castro de Castromao, Celanova
Castromao.jpeg
ParroquiaCastromao
ConcelloCelanova
ProvinciaProvincia de Ourense
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA32024001
Cronoloxía
Datas de ocupación(século VI a.C. - século III d.C.)
Data da descuberta1875
Períodos de escavación1963
Estado actualescavado, visita libre
Extensión estimada2,1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Localización e morfoloxía

Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo. Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m². O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo.

Foi habitado durante a época castrexa, remontando ó século VI a.C. e mantívose poboado ata o século III. Desta época data o nome de Castromao (castro malo) polo lugar de Vilanova (que máis tarde foi bautizada como Vilanova dos Infantes por ter sido lugar de residencia temporal dunha infanta), debido, segundo fontes medievais, ó seu mal emprazamento para o aproveitamento agrícola.

Achados arqueolóxicos

A primeira referencia moderna sobre o castro é de Ramón Barros Silvelo, no seu libro Antigüedades de Galicia (1875) e refírese a el como Castra Mamuaria. En 1928, Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo recólleno no seu Catálogo dos Castros Galegos. Desde 1963 iniciáronse varias campañas de escavacións que deixan ó descuberto os restos de construcións que se poden visitar.

Apareceron cerámicas de todo tipo, desde fragmentos datables entre os séculos VII e V a.C. ata tégulas e sigillatas, que nos falan dunha forte romanización. Suponse que a tribo non se opuxo á ocupación romana e mesmo colaborou con eles. Atopáronse tamén restos dun forno para cocer cerámica, así como un tesouriño do século I atopado nunha vasilla de barro. A peza máis singular de Castromao é a figura zoomorfa dun simio encollido e sentado cos pés cara adiante e as mans na cara; por debaixo dos pés, que parecen agarrar algo, hai un apéndice para encaixar a escultura nunha base. Outra peza destacable é un tríscele calado que puido servir como fiestra.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do castro de Castromao, Celanova.
Castromao, Celanova, Galiza 14
Castromao, Celanova, Galiza 1
Castromao, Celanova, Galiza 17
Castro de Castromao, 2014. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional

Vista aérea.

Véxase tamén

Outros artigos

  1. "A Xunta declara bens de interese cultural o castro de Castromao e o campamento romano de Aquis Querquernnis". Cultura Galega. 7 de setembro de 2018. Consultado o 13 September 2018.
Castromao, Celanova

Santa María de Castromao é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 211 habitantes (98 homes e 113 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

Galería de imaxes de Castromao, Celanova

Santa María de Castromao é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova.

Galería de imaxes do castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao está situado no lugar de Castromao, parroquia de Castromao, Celanova.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.