Castro de Baroña

O castro de Baroña é un castro situado na parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a.C. e I d.C.

Coordenadas: 42°41′41″N 9°1′55″O / 42.69472, -9.03194

Castro de Baroña
Castro de BaroNa.Galiza
ParroquiaBaroña
ConcelloPorto do Son
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15071010
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséc. I a.C.I d.C.
Data da descuberta?
Períodos de escavación1933
1969–1970
1980–1984
1985
2012–
Estado actualescavado, visita libre
Extensión estimada2,26 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Descrición

Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas.

No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas.

A muralla principal, ben conservada, conta con dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente.

A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce. Nela atáronse unha lareira, un furado para un poste e varios tixolos de barro. Puido ser unha forxa. Fronte á porta da muralla hai outras construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra forxa.

O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguense un "barrio" de casas que delimita unha "praza" protexida do vento.

Un sendeiro leva ao sector máis alto do poboado, no que tamén hai construcións.

O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nin mananciais nin alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras, ovellas e landras.

Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).

Escavacións arqueolóxicas

O Castro de Baroña foi escavado por primeira vez en 1933 por Sebastián González-García. As seguintes campañas arqueolóxicas foron as de J. M. Luengo (1969-1970), Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro (1980 a 1984), Francisco Calo en 1985 e Ánxel Concheiro en 1984, que o consolidou. O 21 de maio de 2012 iniciouse unha nova campaña de escavación e rehabilitación do castro.[1]

Notas

  1. ""Arrancan finalmente las obras de rehabilitación del castro de Baroña"". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do castro de Baroña.
Castro de BaroNa.Galiza.06
Castro de Baroña y playa de Arealonga-Complexo Húmido de Corrubedo-Coruña-Spain
Castro de BaroNa.Galiza.01
Castro de BaroNa.Galiza.09
Castro de Baroña, 2014. PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Baroña, Porto do Son

San Pedro de Baroña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE en 2018 tiña 674 habitantes (327 homes e 347 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación.

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Galería de imaxes de Porto do Son

Galería de imaxes do concello de Porto do Son na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes do castro de Baroña

O castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña no concello de Porto do Son, provincia da Coruña.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km². O seu xentilicio é sonense.

No concello de Porto do Son están o castro de Baroña e a vila de Portosín.

Porto do Son, Noal, Porto do Son

Porto do Son é a capital do concello homónimo. Atópase na parroquia de San Vicente de Noal. Este centro urbano está acurrunchado entre o mar e o monte Dordo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.105 habitantes (1.052 homes e 1.053 mulleres).

Porto do Son ten un pequeno peirao pesqueiro e un espigón, que xuntos fan unha pequena baía por onde pasa un curto paseo marítimo. Consta esta baía dun pantalán para barcos de recreo. A confraría de pescadores e a lonxa están no porto, mentres que a praza de abastos se atopa en primeira liña de costa.

Destaca en tamaño a praza de España, aínda que non é especialmente grande, na que se atopan algúns bares e comercios. Nunha rúa á dereita entrando polo o porto, está o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, un edificio (onde se atopaba a antiga casa do concello) que serve de centro de exposición e no que se atopan algúns obxectos antigos, tanto do Castro de Baroña coma doutros lugares do concello. Seguindo esa mesma rúa, sáese preto da casa do concello, e preto de alí están a Atalaia (onde está a capela da Nosa Señora do Carme) e a casa da cultura.

Porto do Son ten varias praias, case todas rochosas: o Brañón e a Sagrada; e unha de area: o Cruceiro, aínda que ten nas aforas da vila a praia de Subiglesias e bastante preto as de Cabeiro e Fonforrón, estas tres últimas de area.

Praia das Furnas

A praia das Furnas é unha praia galega situada na parroquia de Xuño, en Porto do Son. Próximas á praia atópanse as lagoas de Xuño e Muro.

Praia de Aguieira

A praia de Aguieira é unha praia galega situada na parroquia de Nebra, en Porto do Son. Ten unha lonxitude de 1.700 metros e unha anchura de 30 metros. Nela desembocan os ríos Cans e Quintáns. Trátase da praia máis longa do concello.

Praia de Area Longa, Porto do Son

A praia de Area Longa, tamén coñecida como praia de Baroña, é unha praia galega, situada na parroquia de Baroña, en Porto do Son, ao pé do castro de Baroña.

Trátase dunha praia fecuentada por nudistas, así como por surfistas (debido ás súas ondas).

Praia de Arnela

A praia de Area Longa é unha praia galega situada na parroquia de Baroña, en Porto do Son. Ten unha lonxitude de 280 metros e unha anchura de 20 metros. Trátase dunha praia de ámbito urbano.

Ría de Muros e Noia

A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.

As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.

A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.

Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización
Lugares e eventos de interese en Porto do Son
Inmobles senlleiros
Arte e cultura
Castros
Instalacións deportivas
Praias
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.