Castro Maior

O castro Maior, Coto da Cerca ou Maior de Vizoño, é un castro situado no lugar de Torreira na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo da idade ferro-romana, duns 150 metros por 160 metros [1]. Está situado no cumio do monte, nunha chaira.

Coordenadas: 43°10′26″N 8°19′46″O / 43.17389, -8.32944

Castro Maior
Castro Maior As Travesas abegondo
ParroquiaVizoño
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001017
Cronoloxía
Estado actualabandono
Extensión estimada1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado consistente nunha croa case circular defendida por un parapeto duns 8 metros de altura e uns 20 metros de anchura. Un foxo rodea todo o recinto, agás polo sueste, onde se abre un acceso a un pequeno antecastro defendido por un parapeto, que agora está deteriorado. Os dous recintos están rodeados completamente por un novo parapeto, amior, que se conserva ata unha altura duns 50 centímetros, non máis por mor de degradación ds traballos forestais.

Obsérvanse tamén restos doutro posible parapeto, que completaría o complexo sistema defensivo.

O conxunto ten unhas dimensións en planta duns 150 por 160 metros.

Conservación

O sistema defensivo foi alterado gravemente por traballos agroforestais que provocaron practicamente a desaparición dalgúns parapetos. No centro da croa unha pa mecánica fixo movementos de terras en 1974. No parapeto da zona noroeste instalouse un vértice xeodésico.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas.

Notas

  1. "Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Atricondo

Atricondo foi unha mansión na antiga Vía Romana XX per loca maritima do itinerario de Antonino entre Glandimiro st. CLXXX e Brigantium m.p.. Descoñécese a súa posición exacta na vía pero suxeriuse que podería estar preto da lagoa de Alcaián antes de Coristanco ou que puidese estar ao saír da vía de Ardemil, Ordes, como no lugar do Castro Maior de Vizoño, Abegondo.

Castromaior

O topónimo galego Castromaior pode referirse a:

Castromaior, parroquia do concello de Abadín;

Castromaior, parroquia do concello de Portomarín;

Castromaior, lugar de dita parroquia.

Figueroa, Abegondo

San Miguel de Figueroa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha extensión de 112 hectáreas e está a unha altitude media de 149 metros. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 204 habitantes (104 mulleres e 100 homes) distribuídos en oito entidades de poboación. Linda cara ao leste coa parroquia de Abegondo, ao oeste coa de Sarandós, ao sur coa de Montouto, todas do concello de Abegondo, e cara ao norte con Cañás, do concello de Carral.

A Torre de Figueroa é un castelo da parroquia que se construíu no século XII, propiedade do marquesado do mesmo nome, e que está protexido e declarado como ben de interese cultural. Figueroa contou co couto de Gundín, fóra dos seus lindes e en Vizoño, entre o século XVII e XVIII. A súa ribeira do Barcés está dentro do ZEC do encoro de Abegondo-Cecebre e ten a carballeira da Chousa declarada como de interese local.

O topónimo oficial Figueroa é unha deturpación de Figueiroa, que xorde do termo latino FĪCĀRĬŎLA (diminutivo de "figueira") entre o século X e o XI.

Vizoño, Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.