Castro Lupario

O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca, é un castro galaico que se localiza entre as parroquias de San Xulián de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). Foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009[1]. É de fácil acceso e poden verse restos das murallas.

Esta acrópole castrexa quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. Como aconteceu noutras acrópoles, aquí tamén existiu durante séculos unha parroquia: Santo Antonini de Castro, suprimida a comezos do século XVII.

A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.

Coordenadas: 42°48′48″N 8°37′54″O / 42.81333, -8.63167

Castro Lupario
Castro Lupario
ParroquiaSan Xulián de Bastavales e Ribasar
ConcellosBrión, Rois
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Data da descuberta?
Véxase tamén
Castros de Galicia

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bastavales, Brión

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Luou, Teo

Non confundir con Luohu, en Shenzhen (China)''Santa María de Luou é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 875 habitantes distribuídos en 13 entidades de poboación en 8,7 km², o que supón un aumento importante en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes. Ten unha superficie de 680 hectáreas.

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo de Santiago de Compostela centrado no fenómeno universal da peregrinación (con especial atención á xacobea) e no nacemento e desenvolvemento da cidade de Santiago ó redor da catedral e da peregrinación á tumba de Santiago o Maior.

Foi creado en 1951 e declarado Ben de Interese Cultural en 1985, se ben apenas tivo actividade ata 1996. En 2012 ampliou as súas instalacións grazas á integración no museo do antigo edificio do Banco de España, na praza das Praterías, cambiando o nome e constituíndose nun museo descentralizado: está integrado pola Casa Gótica (o museo orixinal), a Casa do Cabido e este novo edificio.

Raíña Lupa

A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.

Ruta rosaliana

A Ruta rosaliana é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía.

Avelino Abuín de Tembra, escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.