Castro Caldelas

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Coordenadas: 42°23′0″N 7°26′0″O / 42.38333, -7.43333

Castro Caldelas
Bandeira de Castro Caldelas
---
Escudo de Castro Caldelas
Concello de Castro Caldelas
Casa do Concello
Situacion Castro Caldelas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación1.224 hab. (2018)
Área87,6 km²
Densidade13,97 hab./km²
Entidades de poboación86
Capital do concelloCastro Caldelas
Política (2019[2])
AlcaldesaSara Inés Vega (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Castro Caldelas
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes71,18%
Na rede
http://www.castrocaldelas.es
info@castrocaldelas.es

Demografía

Censo total 1.224 (2018)
Menores de 15 anos 66 (5.39 %)
Entre 15 e 64 anos 662 (54.08 %)
Maiores de 65 anos 496 (40.52 %)
Evolución da poboación de Castro Caldelas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5441 4934 4330 3430 1833 1572 1533 1486 1412 1376 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra. O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.

Historia

Tense constancia arqueolóxica de poboación humana desde a época do megalitismo, debido á existencia de varias mámoas no burgo e na Serra da Mazaira. Desde entón o territorio non deixou de estar ocupado; na idade de bronce unha comunidade gravou varios petróglifos en Veiga de Sas. Da idade de ferro a cultura castrexa deixou os restos da varios poboados: o castro de Paradela, o castriño da Cerca (Serra de Mazaira) e o Outeiro da Torre (San Martiño), todos eles pertencentes á tribo galaica dos tiburos.

A romanización de Galicia iniciouse entre os anos 137 e 19 a.n.e.. Pola zona pasaba a Vía Nova, calzada romana que unía Braga a Astorga, vía XVIII do itinerario de Antonino. Os romanos erixiron varias instalacións para a explotación do ouro. Na aldea de Burgo situaríase a Mansio Praesidium[5] ("Mansión da Fortaleza" en latín) en San Pedro do Burgo, que servía como parada e lugar de aprovisionamento para os viaxeiros. Existen varios restos romanos no arredores: unha placa honorífica ao emperador Nerva no lugar de San Xoán de Camba e outras dúas en honor de Hadriano e Antonio Pío na igrexa de San Pedro do Burgo.

Trala chegada dos suevos no século V (ano 409) e a formación do reino de Galicia, difundiuse o cristianismo por estas terras (a ribeira do Sil énchese de eremitas cristiáns que colonizan os escarpados canóns do Sil. No ano 573 créase o mosteiro de San Pedro de Rocas.

A primeira referencia escrita co nome actual da poboación data da idade media (século IX). Tense constancia da construción de dous mosteiros, o mosteiro de San Xoán de Camba (fundado no 963 por un bispo ourensán, aínda que nas ruínas hai sarcófagos datados no século VII) e o mosteiro de San Paio de Abeleda (1127). A Terra de Caldelas estivo sempre moi vinculada ás veciñas terras de Trives, sendo as dúas pertencentes ó señorío da Casa de Lemos.

Durante o século X a familia Gutier Menéndez dominou as terras de Caldelas grazas ás doazóns dos reis Sancho Ordóñez, Ramiro II e Ossino. No século XII converteuse en vila de reguengo por mor dos foros concedidos en 1172 por Fernando II e en 1228 Alfonso IX, grazas ós cales a vila comeza a vivir un gran esplendor económico e aséntase na zona unha pequena comunidade de xudeus, dos cales ficaron as súas lápidas funerarias.

En 1326 o rei Afonso XI regalouna a Pedro Fernández de Castro, pasando o territorio a pertencer á casa de Lemos. No século XVIII pasaría á casa de Alba. Desta época data o castelo de Castro Caldelas, derrubado durante a gran guerra irmandiña en agosto de 1467, por mor dos grandes abusos ós que eran sometidos os labregos, baixo o mando de Diego de Lemos, logo derrotados pola coalición señorial (a tradición oral di que o mariscal Pero Pardo de Cela estivo atacando na zona ós irmandiños resistentes), polo que os Lemos volveron ao poder, e o señor Rodrigo Enríquez Osorio fixo reconstruír o castelo, mediante a serventía (pola cal os vasalos estaban obrigados a traballar de balde para o señor feudal) e a suba de impostos (pero a veciñanza a través do concello presentou preito contra o conde na Audiencia de Valladolid, resolvéndose o caso en 1534 a favor do pobo).

O dominio da terra de Caldelas pasa no século XVIII da Casa de Lemos á casa de Alba. Moita información histórica perdeuse na guerra da independencia en 1809 o xeneral Marchand incendiou a vila e o seu castelo en represalia dun ataque das guerrillas do lugar.

A situación mudou coa desaparición do antigo réxime e a desamortización eclesiástica, as desvinculacións dos morgados, a desaparición da Monarquía Absolutista e a implantación do Liberalismo.

Festas

Festa dos Remedios

FOGOS DENDE O CASTELO
VIRXE DOS REMEDIOS

Unha das festas máis grandes que se realiza nesta vila é a dos Remedios.

DESCRICIÓN

Dende  a noite do 6 de Setembro, «Noite das bandeiras», ata o día 10,sucédense varios festexos.

Destacan dous dos compoñentes máis representativos e que encerran maior interese folclórico: «A noite das bandeiras» e «o Irrio peliqueiro».

NOITE DAS BANDEIRIÑAS

O día 6 de Setembro, os mozos  e non tan mozos que voluntariamente prestan a súa colaboración na organización das festas, que foron realizando os preparativos en días anteriores, reúnense e, ao dar as doce, comezan a colocar as bandeiras.

Dende  as casas, os veciños  obsequian os traballadores con licor café e outras bebidas. Ao acabar consúmese a empanada ao tempo que as primeiras bombas anuncian  a alborada do primeiro día de festa.

As bandeiras adoitan ser de moitas cores . Cómpranse de forma rectangular e despois córtanse, logrando dúas de cada peza: Unha bandeira é unha bandulina. A cola que se emprega é a mestura de auga e fariña.

Na preparación esténdese oito filas de cordeis e,  a continuación vanse colocando as bandeiras alternativamente. Así vanse mesturando as cores

Esta tarefa lévana a cabo os mozos dirixidos por un experto. En equipo, un encárgase de poñer o engrudo, outros trasladan as bandeiras ata os cordeis e uns terceiros dedícanse a colocalas. Ao terminar cada un dos cordeis enrólase  coidadosamente nunha especie de cruz de madeira, á espera da noite da instalación.

Irrio peliqueiro

O IRRIO PELIQUEIRO

O Irrio encarna toda a tradición destas festas, e o elemento máis característico do folclore de Caldelas. Con barbada máscara de madeira e vestido de frac, no que resaltan os grandes botón, vai provisto dunha pelica, ou pel de ovella,  golpea e persigue ao público. Sempre rodeado de gaiteiros, sae na procesión e é moi respectado. Dispón dos seus propios foros.

Uns[quen?] pensan que representa a nobreza ou cando menos, aos seus administradores ou apoderados. Outros, veno como un defensor do pobo fronte aos comerciantes e acomodados. Inda hai quen afirma[quen?] que representa o demo.

«[6]Olegario Sotelo Blanco está de acordo con Vicente Risco en que a súa raíz ha de estar nas mascaradas dos tempos prehistóricos, enraizadas na cultura popular e que a igrexa ao non poder destruílas integrou nos seus rituais durante a idade media».

En pasados  tempos xunto co Irrio saían as Pantasmas, outro tipo de máscaras danzantes. [7]«Conta Risco que o que caracterizaba ás pantasmas era as mans, que viñan ser algo así como guantes recheos  de serraduras suxeitos ás propias mans do portador, o que facían que se balanceasen de modo autónomo nos xiros de baile. Na actualidade saen os xigantes e cabezudos».

De gran beleza e valor folclórico eran así mesmo as danzas de arcos típicas destas festas. Realizábana grupos de oitos mozos, ricamente vestidos. Na actualidade, é necesario acudir á festa Da Luz, en Santa Tecla, cuxas danzas son moi similares.

Castro Caldelas na cultura popular

Vicente Risco recolle a crenza de que, na parroquia de San Pedro de Alais e pola parte de Maceda, gardan o pan que se coce o día de San Bertomeu (24 de agosto). Este pan non podrece nunca, e utilízase para apagar os lumes, botando neles un anaco do pan [8].

Heráldica

Castro Caldelas ten escudo e bandeira de seu. A nova versión, e oficial, do escudo e da bandeira foron aprobados en 2011 no pleno do concello e referendados pola súa publicación pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2012.

A bandeira ten tres franxas verticais; "a do batente e hasta de azul, perfiladas de branco ao centro; e a terceira, do dobre de largo, de vermello cun castelo de amarelo, aberto, coa porta superada por un escudo de branco cargado de seis roeis de azul, sobre chamas de vermello perfiladas de amarelo". O castelo representa o castelo de Castro Caldelas e o señorío que sobre ela exerceron os señores de Lemos. As labaradas lembran que en 1810 o xeneral francés Loison lle prendeu lume á vila. A bordura de azul alude á tradicional devoción mariana de Nosa Señora dos Remedios[9].

Deporte

Ten un equipo de fútbol no Grupo 3 da Terceira Autonómica de Galicia, o CD Caldelao.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Castro Caldelas.
Castro Caldelas dende o castelo

Castro Caldelas dende o castelo.

Vista desde Santa Tecla de San Paio de Abelenda

Vista desde Santa Tecla do Mosteiro de San Paio de Abeleda.

ForoBoBurgo

Foro do bo burgo de Castro Caldelas, documento máis antigo escrito en galego en Galicia (século XIII).

Festa dos Fachós (Castro Caldelas)

Fachón da festa dos Fachós.

Lugares de Castro Caldelas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro Caldelas vexa: Lugares de Castro Caldelas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castro Caldelas". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Rodríguez Colmenero, Antonio: "Mansiones y mutationes en la Vía Nova" en Cuadernos de Arqueología Serie II 12-13 1995 pp.89-112
  6. Blanco Sotelo, Olegario (1989). Castro Caldelas e a súa comarca. SB edicions.
  7. Sotelo Blanco, Olegario (1989). Catro Caldelas e a súa comarca. SB Edicions.
  8. Vicente Risco 1962, 368.
  9. Decreto 242/2011, do 15 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Castro Caldelas, Diario Oficial de Galicia, 2/1/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alais, Castro Caldelas

San Pedro de Alais é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 114 habitantes, deles 53 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Camba, Castro Caldelas

San Xoán de Camba é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 80 habitantes, deles 43 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.

Castro Caldelas, Castro Caldelas

San Sebastián de Castro Caldelas é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 705 habitantes, deles 338 eran homes e 367 eran mulleres, o que supón unha diminución habitantes en relación ao ano anterior, 2009.

Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Folgoso, Castro Caldelas

Santiago de Folgoso é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 25 habitantes, deles 14 eran homes e 11 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Manuel Castro Rodríguez

Manuel Castro Rodríguez, nado en Castro Caldelas en 1916 e finado en Alcalá de Henares o 20 de febreiro 1946, foi un militar galego.

Mazaira, Castro Caldelas

Santa María de Mazaira é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 99 habitantes, deles 51 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O Burgo, Castro Caldelas

San Pedro do Burgo é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes (28 homes e 29 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Paradela, Castro Caldelas

San Vicenzo de Paradela é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 47 habitantes, deles 23 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pedrouzos, Castro Caldelas

San Mamede de Pedrouzos é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 75 habitantes, deles 41 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Poboeiros, Castro Caldelas

San Xoán de Poboeiros é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 73 habitantes, deles 37 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Paio de Abeleda, Castro Caldelas

San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Santa Tegra de Abeleda, Castro Caldelas

Santa Tegra de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 54 habitantes, deles 28 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 75 habitantes.

Sas de Penelas, Castro Caldelas

San Fiz de Sas de Penelas é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 43 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Serra das Cabanas

A serra das Cabanas é unha serra galega localizada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e mais San Xoán de Río. Está circunvalada ao norte e ao leste polo río Sil. Na vertente sur nacen varios afluentes do río Edo.

O cumio de maior altitude é o Cerengo, con 1.235 metros sobre o nivel do mar.

Trabazos, Castro Caldelas

Santa Olaia de Trabazos é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 61 habitantes, deles 31 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Tronceda, Castro Caldelas

Santiago de Tronceda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 34 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas

Vilamaior de Caldelas é unha das parroquias do concello de Castro Caldelas, pertencente á provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 42 habitantes, dos cales 24 eran homes e 18 mulleres, o que supón unha diminución constante respecto do ano 2009, cando tiña 50 habitantes.

Vimieiro, Castro Caldelas

San Xoán de Vimeiro é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 7 habitantes, deles 4 eran homes e 3 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 13 habitantes .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.