Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Coordenadas: 42°51′56.3″N 08°34′2.1″O / 42.865639, -8.567250

Castriño de Conxo
Castrino de conxo gravado
ParroquiaConxo
ConcelloSantiago de Compostela
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15078041
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónNon escavado
Estado actualAbandono, petróglifos visitables
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Os petróglifos

Nunha rocha pouco elevada sobre o terreo (como é común nos petróglifos galegos) situada no parapeto superior do asentamento castrexo atopamos uns petróglifos gravados na súa superficie que posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas aos modelos británicos datables ao redor do III-II milenio a.C. Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel ou escudos triangulares.

Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira máis á dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas (de representación moi pouco usual nas nosas terras), arma de orixe centroeuropea, e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas.

As armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.

O castro

Petroglifos do Castrinho de Conxo
Vista de varias gravuras

Pese a non ser tido obxecto de estudio, realizáronse diversas prospeccións arqueolóxicas que percibiron un recinto ovalado moi irregular. Nel atopáronse muíños de man e diversos anacos de cerámicas castrexas. Só un muro foi visible, de 5 metros de lonxitude por medio metro de altura.

Estado

Atópase en completo estado de abandono, polo que non é fácil a súa visita, xa que se atopa cuberto de vexetación e arboredo. Está dividido por un aramado que o divide quedando gran parte do sitio en propiedade privada. Por riba disto, en maio de 2019 sufriu unha salvaxe vandalización cando o rascaron remarcando con pedra os sucos do petróglifo [1] [2] [3] [4] [5].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Castriño de Conxo.
Petroglifo do Castriño de Conxo 3
Petroglifo do Castriño de Conxo
Petroglifos de Castrinho de Conxo. Punhal
Petroglifos do Castrinho de Conxo

Notas

  1. Sermos Galiza, ed. (maio de 2019). "Agresión aos gravados do Castriño de Conxo, emblema da arte rupestre compostelá".
  2. historiadegalicia.gal, ed. (maio de 2019). "Novo atentado patrimonial nuns dos petróglifos con representación de armas máis importantes de Galicia".
  3. El Correo Gallego, ed. (maio de 2019). "Agresión vandálica en el petroglifo de Conxo".
  4. La Voz de Galicia, ed. (maio de 2019). "Provocan graves daños en varios grabados del Castriño de Conxo, una joya del arte rupestre gallego".
  5. Colectivo A Rula, ed. (maio de 2019). "O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.".

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Castro de Troña

O castro de Troña é un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa. É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Centro Arqueolóxico do Barbanza

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.

No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes de castros galegos

Galería de imaxes de castros galegos.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Galería de imaxes do Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por petróglifos e un castro prerromano situado en Santiago de Compostela.

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Menhir

Un menhir é un monumento prehistórico, megalítico, que se limita a unha gran pedra ergueita plantada no chan.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Petróglifo

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros
Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.