Castrelos, Vigo

Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo. Ten 15 entidades de poboación, 11 lugares e 8.006 veciñas e veciños (2013).

Castrelos
Santa María de Castrelos, Vigo
Situación Castrelos, Vigo
ConcelloVigo
Poboación8.006 hab. (2013)
Entidades de poboación15

Poboación

As súas entidades de poboación son as seguintes: Castreliños (125), A Chantada (220), A Costa (205), A Falcoa (539), A Galindra (150), Macal (295), Pardarilla (200), Pazó (506), Pereiró (4.388), Portoloureiro (257), Pousa (105), Pousa de Abaixo (124), Ribadavia (155), A Telleira (249) e Viloura (331).

Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Alvite, Campiño, A Canicouva, O Cocho, Eixón, A Igrexa, Monte da Serra, Nogueira de Abaixo, Pasales, Seixo e Xiña.

Situación

Limita coas parroquias de Beade, Coia, Freixeiro, Matamá e Sárdoma e pertence ó arciprestado de Vigo-San Andrés.

Historia

Ten a súa orixe na propiedade particular do marqués de Valadares que adquiriu as terras para expansión dos seus dominios e dárllelas en arrendamento a colonos. O granito destas terras constituía a súa principal fonte de riqueza, destacando as canteiras de Serra e Porto Loureiro.

O parque urbano máis grande de Vigo (Parque de Castrelos) está nesta parroquia, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. Nel atópase o Pazo Quiñones de León (reconvertido en museo) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares. O pazo ten a súa orixe na Torre de Lavandeira, abandonada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Orde do Temple, converténdose en torre no século XVI.

No parque de Castrelos tamén se atopa un antigo auditorio ó aire libre (que aproveita a pendente natural do terreo) que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.

Patrimonio histórico-artístico

A igrexa de Santa María de Castrelos (de estilo románico) foi consagrada no 1216. Destaca a rica ornamentación da súa porta occidental. Na zona consérvanse ademais unha ponte medieval e un cruceiro (Cruceiro da Costa) do século XVII. A casa parroquial é unha torre do século XIII.

A ponte de Castrelos atópase xa mergullada pola cidade. Trátase dunha pontiña medieval que atravesaba o río Lagares. Hoxe atópase entre as rúas de Castrelos e Alcalde Portanet, preto do Parque de Castrelos.

Festas

O 2 de febreiro celébrase a romaría da Candelaria e, a derradeira semana de maio, a Festa das Flores, aínda que hoxe por hoxe só se celebra a romaría da Candelaria.

Galería de imaxes

Igrexa en obras.
Igrexa en obras. 
Detalle da xanela da igrexa.
Detalle da xanela da igrexa. 
Keane no auditorio do Parque de Castrelos.
Keane no auditorio do Parque de Castrelos

Lugares e parroquias

Parroquias de Vigo

Véxase tamén

Outros artigos

A Costa, Castrelos, Vigo

A Costa é un lugar da parroquia de Castrelos, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 174 habitantes (86 homes e 88 mulleres).

Airiños do Parque de Castrelos

Airiños do Parque de Castrelos era un grupo de gaitas que interpretaba música tradicional galega, fundado na parroquia de Castrelos (Vigo) en 1943.

Anxo Quintela

Anxo Quintela González, nado en Castrelos (Vigo) o 21 de decembro de 1960, é un escritor e xornalista galego.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Cambados

Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 13.895 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambadés.

Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.

Canteiro

Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.

Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas pola pechazón da sociedade e eran recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza, entre outras razóns pola súa sona de mullereiros. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas.

Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.

En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?

Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.Na literatura popular queda reflectida a sona dos canteiros da comarca de Pontevedra:

Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra

Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña

Cruceiro do Barrio da Costa

O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Igrexa de Santa María de Castrelos

Igrexa de Santa María de Castrelos é un templo románico do século XIII, sede da parroquia homónima, que pertenceu á Encomenda de Beade da Orde Militar de San Xoán de Malta.

Muros

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Olaia Fernández Davila

María Olaia Fernández Davila, nada en Castrelos, Vigo, o 27 de xaneiro de 1954, é unha política galega.

Paio Gómez Chariño

Paio Gómez Chariño, nado cara a 1225 probablemente en Pontevedra e finado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295, foi un poeta e nobre galego. Foi primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia, destacado aristócrata e militar do reino e sobranceiro trobador en lingua galega.

No seu sepulcro, en Pontevedra, consta o nome de Payo Guomez Charino, pero nos seus textos aparecen diferentes nomes, como Pae Gomez Charinho, Paay Gomez Charinho, Pae Gomez ou Pay Gomez .

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Ponte de Castrelos

A ponte de Castrelos é unha pequena ponte medieval que se atopa en Castrelos, hoxe en día na mesma cidade de Vigo. Servía de paso para cruzar o río Lagares no Val do Fragoso. Coñécese tamén coma ponte de Balaídos, ponte do Lagares ou ponte de Pereiró.

Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km². O seu xentilicio é sonense.

No concello de Porto do Son están o castro de Baroña e a vila de Portosín.

Xesús Conde González

Xesús Conde González, nado en Castrelos, Vigo en 1906 ou 1909 e finado na mesma cidade, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.

Xesús Taboada Chivite

Xesús Taboada Chivite, nado en Verín o 22 de setembro de 1907 e finado en Verín o 27 de novembro 1976, foi un arqueólogo, historiador, etnógrafo e ensinante galego.

¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?

¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos? é un álbum recompilatorio da banda viguesa Siniestro Total editado polo selo DRO no ano 2002. Está formado por 3 CDs nos que fai un repaso a toda a súa discografía, inclúense colaboracións da banda a varios discos colectivos, temas en directo e cancións revisadas con outros artistas e músicos.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.