Castrelo do Val

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo[5].

Coordenadas: 41°59′26″N 7°25′27″O / 41.99056, -7.42417

Castrelo do Val
Bandeira de Castrelo do Val
---
Escudo de Castrelo do Val
Concello de Castrelo do Val
Casa do Concello de Castrelo do Val.
Situacion Castrelo do Val
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación1.001 hab. (2018)
Área122,0 km²
Densidade8,2 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeVicente Gómez García (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Castrelo do Val
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,12%
Na rede
http://castrelodoval.gal/

Localización

O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.

A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)

O camiño de ferro de Ourense a Zamora atravesa o concello.

Historia

Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.

Patrimonio

No lugar de Pedra Alta atopouse un petróglifo da Idade de Bronce único en Galiza, representando un ronsel de guerreiro con escudo e un carro tirado por animais[6]. Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.

Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.

Poboación

Censo total 1079 (2015)
Menores de 15 anos 77 (7,13 %)
Entre 15 e 64 anos 545 (50,51 %)
Maiores de 65 anos 457 (42,35 %)
Evolución da poboación de Castrelo do Val   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2975 2913 3227 2455 1239 1199 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo do Val.
Ribas, Castrelo de Val

Lugar de Ribas na parroquia de Pepín.

VILAR (CASTRELO DO VAL)

Nevada no lugar de Vilar na parroquia de Servoi.

San Paio, Castrelo do Val

Lugar de San Paio na parroquia de Servoi.

Lugares de Castrelo do Val

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castrelo do Val". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 45. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Achan por primeira vez en Galicia un ronsel de guerreiro con carro", artigo de Jorge Lamas en La Voz de Galicia, 7 de maio de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Campobecerros, Castrelo do Val

Santiago de Campobecerros é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 133 habitantes (67 homes e 66 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000.

Castrelo do Val, Castrelo do Val

Santa María de Castrelo do Val é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. Segundo o IGE e o INE en 2011 tiña 356 habitantes (178 homes e 178 mulleres), 2 menos ca en 2010 (176 homes e 182 mulleres) e catro menos ca en 2007 (180 homes e 180 mulleres), pero 13 máis ca en 2000.

O lugar de Castrelo do Val é a capital do concello, ao que dá nome.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Estación de Castrelo do Val-Verín

Castrelo do Val-Verín, chamado tamén Campobecerros, é un apeadoiro de Adif, situado en Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Fontefría, Servoi, Castrelo do Val

Fontefría (do latín fontem frigidam 'fonte de auga fría'; hidrotopónimo) é un lugar da parroquia de Servoi, no concello ourensán de Castrelo do Val, na comarca de Verín.

Tiña 26 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 33 eran homes e 23 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 55 habitantes (32 homes e 23 mulleres). En 2009 tiña 55 habitantes.

Gondulfes, Castrelo do Val

Santa Cruz de Gondulfes é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. En 2007 tiña 105 habitantes (51 homes e 54 mulleres), seis menos ca no ano 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Lugares de Castrelo do Val

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Castrelo do Val

Nocedo do Val, Castrelo do Val

Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense. Situada na marxe esquerda do río Támega, os seus habitantes viven da agricultura da pataca, o millo e os cereais. Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas. No outono son abundantes os cogomelos. En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).

Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.

Parada da Serra, A Gudiña

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Veiga de Nostre (en Parada da Serra, Castrelo do Val), forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.

Parada da Serra, Castrelo do Val

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 38 habitantes (20 homes e 18 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos dous lugares da parroquia homónima do concello da Gudiña, forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.

Pepín, Castrelo do Val

San Vicente de Pepín é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (50 mulleres e 40 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 85 habitantes.

Piornedo, Castrelo do Val

Santa Eufemia de Piornedo é unha parroquia do concello de Castrelo do Val, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 86 habitantes (43 mulleres e 43 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Portocamba, Castrelo do Val

San Miguel de Portocamba é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 32 habitantes (16 homes e 16 mulleres) nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Raúl Fernández Fernández

Raúl Fernández Fernández, nado en Castrelo do Val en 1955 e finado o 20 de xuño de 2019, foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

San Paio, Servoi, Castrelo do Val

San Paio é un lugar da parroquia de Servoi, no concello ourensán de Castrelo do Val, na comarca de Verín.

Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres). En 2009 tiña 18 habitantes.

Servoi, Castrelo do Val

Santa María de Servoi é unha parroquia do concello ourensán de Castrelo do Val na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 165 habitantes (97 homes e 68 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 2000.

Vicente Gómez García

Vicente Gómez García, nado en Nocedo do Val (Castrelo do Val) en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Vilar, Servoi, Castrelo do Val

Vilar é un lugar da parroquia de Servoi, no concello ourensán de Castrelo do Val, na comarca de Verín.

Tiña 23 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 9 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 24 habitantes (15 homes e 9 mulleres). En 2009 tiña 31 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.