Castrelo de Miño

Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Coordenadas: 42°17′40″N 8°4′00″O / 42.29444, -8.06667

Castrelo de Miño
Escudo de Castrelo de Miño
Concello de Castrelo de Miño
Casa do concello
Situacion Castrelo de Miño
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.380 hab. (2018)
Área39,7 km²
Densidade34,76 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeEsteban Suárez Méndez (BNG[3] eleccións=Eleccións municipais en Castrelo de Miño)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 3
{{{eleccións}}}
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes69,00%
Na rede
http://www.castrelo.gal/
concello@castrelo.org

Xeografía

Castrelo de Miño limita ó oeste co concello de Ribadavia, ao norte con Cenlle, ó leste con Toén, ó sur con Cartelle e A Arnoia. Abrangue unha superficie de 39,7 km2 nos que acolle unha poboación de 1.490 habitantes (conforme o padrón de 2016), distribuídos nas parroquias de Astariz, Barral, Castrelo de Miño, Macendo, Ponte Castrelo, Prado de Miño e Vide de Miño. A capital municipal é o lugar de Barral, na parroquia de Barral. Está adscrito ó partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.

Evolución histórica[5] 1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2016
Número de habitantes 5.508 5.327 3.605 2.121 2.121 2.008 1.814 1.490

O río máis importante que atravesa o concello é o Miño.

Clima

Climaticamente atópase baixo un microclima mediterráneo. A temperatura media anual é de 14,9 °C e a precipitación anual media é de 790 mm. Distínguese unha área de terras baixas e outra coas montañas que rodean o val.

Historia

A historia de Castrelo de Miño, coñecido na Idade Media como Castrum Minei, estivo ligada a un mosteiro dúplice, que pertenceu sucesivamente ao bispo de Ourense, á Orde de San Xoán de Xerusalén e á encomenda de Quiroga.

A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano 947 era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia Sancho Ordóñez. O rei de León, Sancho o Craso, foi envelenado neste mosteiro no ano 967. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en 1763, en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da Casa de Traba así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de Pena Corneira preso ao rei Afonso VII sendo un neno.

O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a Guerra civil española. A construción do encoro en 1969 por FENOSA que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola UPG. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía Ourense con Portugal converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á Raia en Ponte Barxas.

Cultura

Toponimia

O nome de Castrelo procede do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada"[6]. O xenitivo de Miño fai referencia ó río Miño.

Economía

A economía do concello depende de maneira maioritaria do sector primario (representa aproximadamente o 50% da poboación), máis concretamente do sector vitivinícola, con 23 adegas en produción (2017), o cal corresponde a unha media dunha adega por cada 65 habitantes.[Cómpre referencia] A gandería ten pouco peso no concello e limítase a granxas porcinas provedoras da cooperativa COREN. O sector industrial representa un 20% da poboación activa, onde destaca algunha fabrica téxtil e o encoro de Fenosa. O sector servizos do concello limítase a cubrir as necesidades básicas.

Deportes

O Castrelo Club de Fútbol é o equipo do concello e de creación recente (2010) e compite na Terceira Autonómica de Galicia (Grupo 13 - Ourense) así como tamén compite na Copa da Excma. Deputación de Ourense.

Parque Náutico de Galicia

O Club Náutico Castrelo de Miño[7] é o Centro Náutico de referencia do interior de Galicia grazas á súa gran superficie de auga embalsada e as súas amplas e completas instalacións. Leva funcionando mais de 25 anos (dende 1991) e realízanse actividades deportivas con carácter turístico-recreativo e adestramento-competición, de vela, remo e piragüismo. Ofrécense cursos de iniciación e perfeccionamento todo o ano e realízanse competicións de carácter autonómico e estatal.

Festas

  • Festa de Nosa Señora das Neves: en Barral; 4, 5 e 6 de agosto. Inclúen a celebración da festa gastronómica da anguía.
  • Festas de San Roque: en Macendo; 15 e 16 de agosto.
  • Festas de San Antonio: en Souto; segundo sábado de xullo.
  • Ribeiro Blues: segundo fin de semana de agosto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo de Miño.
Encoro de Castrelo de Miño

Encoro de Castrelo de Miño.

Igrexa de Santa María de Prado de Miño - Castrelo de Miño - Ourense

Igrexa de Santa María de Prado de Miño

Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño

Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño.

Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo, Castrelo de Miño

Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo.

Lugares de Castrelo de Miño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo de Miño vexa: Lugares de Castrelo de Miño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castrelo de Miño". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 07 de agosto de 2017.
  6. Moralejo Lasso, A.: Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela. Editorial Pico Sacro. 1977, páxs. 22, 25 e 281. ISBN 84-85170-20-2
  7. Sitio web do Club Náutico Castrelo de Miño
A Bouza, Macendo, Castrelo de Miño

A Bouza é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 58 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 30 eran homes e 28 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 59 habitantes (31 homes e 28 mulleres).

A Ermida, Macendo, Castrelo de Miño

A Ermida é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 30 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 18 eran homes e 13 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 32 habitantes (19 homes e 13 mulleres).

As Bouzas, Macendo, Castrelo de Miño

As Bouzas é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 47 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 20 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres).

Hai unhas vistas espectaculares ao encoro do río Miño. As Bouzas conta cunha pequena asociación de veciños.

Astariz, Castrelo de Miño

Santa María de Astariz é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 214 habitantes, deles 111 eran homes e 103 eran mulleres.

Barral, Castrelo de Miño

Nosa Señora das Neves do Barral é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 294 habitantes, deles 142 eran homes e 152 eran mulleres.

Casardeita, Macendo, Castrelo de Miño

Casardeita é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 43 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 19 eran homes e 25 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (19 homes e 25 mulleres).

Castrelo de Miño, Castrelo de Miño

Santa María de Castrelo de Miño é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 315 habitantes, deles 154 eran homes e 161 eran mulleres.

Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Fondo de Vila, Macendo, Castrelo de Miño

Fondo de Vila é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 37 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 20 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 34 habitantes (14 homes e 20 mulleres).

Macendo, Castrelo de Miño

Santa María de Macendo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 531 habitantes, deles 259 eran homes e 272 eran mulleres.

Ponte Castrelo, Castrelo de Miño

Santo Estevo de Ponte Castrelo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 254 habitantes, deles 136 eran homes e 118 eran mulleres.

Pousada, Macendo, Castrelo de Miño

Pousada é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 3 eran homes e 4 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres).

Prado de Miño, Castrelo de Miño

Santa María de Prado de Miño é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2017 tiña 198 habitantes (100 homes e 98 mulleres).

Ramiras, Macendo, Castrelo de Miño

Non confundir con Ramirás

Ramiras é un lugar da parroquia de Macendo, no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 77 habitantes (35 homes e 44 mulleres), seis menos ca en 2010 (39 homes e 44 mulleres).

Señorín, Macendo, Castrelo de Miño

Señorín é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 11 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 4 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 12 habitantes (8 homes e 4 mulleres).

Souto, Macendo, Castrelo de Miño

Souto é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 22 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 10 eran homes e 13 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 22 habitantes (9 homes e 13 mulleres).

Tallón, Macendo, Castrelo de Miño

Tallón é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 12 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 6 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres).

Vide de Miño, Castrelo de Miño

San Salvador de Vide de Miño é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 120 habitantes, deles 62 eran homes e 58 eran mulleres.

Vilela, Macendo, Castrelo de Miño

Vilela é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 11 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 8 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 12 habitantes (4 homes e 8 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.