Castelo Branco

Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes

Coat of Arms of Castelo Branco
Escudo de Castelo Branco
LocalCasteloBranco
Localización de Castelo Branco en Portugal

Administración

Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte con o concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.

Forma parte da rexión Centro e da subrexión da Beira Interior Sur. É a capital do distrito de Castelo Branco, que contaba con 208.069 habitantes en 2001.

O distrito de Castelo Branco corresponde aproximadamente á antiga provincia da Beira Baixa.

Subdivisións administrativas

As freguesías de Castelo Branco son as seguintes:

  • Alcains
  • Almaceda
  • Benquerenças
  • Cafede
  • Castelo Branco
  • Cebolais de Cima
  • Escalos de Baixo
  • Escalos de Cima
  • Freixial do Campo
  • Juncal do Campo
  • Lardosa
  • Louriçal do Campo
  • Lousa
  • Malpica do Tejo
  • Mata
  • Monforte da Beira
  • Ninho do Açor
  • Póvoa de Rio de Moinhos
  • Retaxo
  • Salgueiro do Campo
  • Santo André das Tojeiras
  • São Vicente da Beira
  • Sarzedas
  • Sobral do Campo
  • Tinalhas

Historia

En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.

O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aqui se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.

No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.

En 1771 é elevada á categoría de cidade polo rei Xosé I, á par que o papa Clemente XIV crea a diocese de Castelo Branco que viría a ser extinta en 1881.

O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.

A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.

Economía

A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.

Patrimonio

O xardín do Pazo Episcopal (1725), o castelo dos templarios e o Museo Francisco Tavares Proença Júnior, localizado no antigo Pazo Episcopal, rico en pezas arqueolóxicas, tapizarías, numismática e pintura quiñentista portuguesa.

Eventos

Quince días despois do Domingo de Pascua festéxase a Feira da Señora de Mércules. Parte da tradición é tamém a Procesión dos Pasos.

1 de xuño

O 1 de xuño é o 152º día do ano do calendario gregoriano e o 153º nos anos bisestos. Quedan 213 días para finalizar o ano.

Beira, Portugal

A Beira foi unha das seis divisións -comarcas, despois provincias- nas que se dividía Portugal até o século XIX. É a área que corresponde, aproximadamente, aos posteriores distritos de Castelo Branco, Viseu, Guarda, Coimbra e Aveiro.

Inicialmente, correspondía á faixa interior do territorio portugués, limitada ao norte polo río Douro e ao sur polo río Texo. Máis tarde, pasou tamén a incluír unha faixa litoral de territorio -entre o Douro e o Mondego- que, antes, pertencía á Estremadura, tornándose a maior provincia portuguesa.

Beira Baixa

A Beira Baixa é unha antiga provincia portuguesa, orixinalmente creada no século XIX, a partir de parte do territorio da anterior Provincia da Beira. Daquela, a Beira Baixa contiña o que é hoxe denominado como Beira Interior Sul, Cova da Beira e parcialmente o Piñal Interior Sul e Norte, englobando gran parte do Castelo Branco.

Na reforma administrativa de 1936 foi novamente creada unha división chamada Província da Beira Baixa Esta nova provincia contiña agora só a parte interior sur da antiga Provincia da Beira, é dicir, aproximadamente o actual Distrito de Castelo Branco. As provincias de 1936 practicamente nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Facía fronteira ao norte coa Beira Alta, ao noroeste coa Beira Litoral, ao suroeste co Ribatexo, ao sul co Alto Alentexo e a leste co Estado español á altura da provincia de Cáceres, na actual comunidade de Estremadura).

Estaba constituída por 13 concellos, integrando a totalidade o distrito de Castelo Branco e tamén un concello do distrito de Coimbra e outro do de Santarém. Tiña a súa capital na cidade de Castelo Branco.

Distrito de Castelo Branco: Belmonte, Castelo Branco, Covilhã, Fundão, Idanha-a-Nova, Oleiros, Penamacor, Proença-a-Nova, Sertã, Vila de Rei, Vila Velha de Ródão.Distrito de Coimbra: Pampilhosa da Serra.Distrito de Santarém: Mação.Para algúns xeógrafos, esta provincia, xunto coa Beira Alta, e por veces até coa Beira Transmontana, formaba unha unidade xeográfica maior: a Beira Interior.

Actualmente, o seu territorio atópase situado na Rexión Centro, dividíndose nas subrexións da Beira Interior Sul, Cova da Beira e Piñal Interior Sul (coas que coincide plenamente), e tamén polo Piñal Interior Norte (por abarcar no seu territorio o concello da Pampilhosa da Serra).

Camilo Castelo Branco

Camilo Ferreira Botelho Castelo Branco, nado en Lisboa o 16 de marzo de 1825 e finado en São Miguel de Seide o 1 de xuño de 1890, foi un escritor portugués.

Tivo unha vida atribulada que lle serviu moitas veces de inspiración para as súas novelas. Foi o primeiro escritor de lingua portuguesa capaz de vivir exclusivamente dos seus escritos literarios. A pesar de ter que escribir para un público, suxeitándose así aos ditames da moda, conseguiu ter unha escrita moi orixinal.

Distrito

O termo distrito (do latín medieval districtus), designa unha división dun determinado territorio, que pode ser de natureza política, administrativa, militar, xudicial, fiscal, policial ou sanitaria.

Entendida como entidade local é parte da visión anarquista de distrito (autónomo e federalista), onde sería o carácter ideal do réxime de autogoberno.

Distrito da Guarda

A Guarda é un distrito de Portugal, pertencente á provincia tradicional da Beira Alta, agás os concellos máis ao norte, que pertencen a Trás-os-Montes e Alto Douro. Limita ao norte co Distrito de Braganza, ao leste con España, ao sur co Distrito de Castelo Branco e ao oeste co Distrito de Coimbra e o Distrito de Viseu. Abrangue unha área de 5518 km², que o converte no 7º maior distrito portugués en extensión. Ten unha poboación residente de 173.831 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade da Guarda.

O distrito da Guarda subdivídese nos seguintes 14 concellos:

Aguiar da Beira.

Almeida.

Celorico da Beira.

Figueira de Castelo Rodrigo.

Fornos de Algodres.

Gouveia.

Guarda.

Manteigas.

Mêda.

Pinhel.

Sabugal.

Seia.

Trancoso.

Vila Nova de Foz Côa.Na división de Portugal en NUTS II, o distrito atópase integrado case na súa totalidade na Rexión Centro, aínda que Vila Nova de Foz Côa pertence á Rexión Norte e á subrexión do Douro. Os restantes concellos forman as subrexións da Beira Interior Norte e da Serra da Estrela, existindo aínda un pertencente a Dão-Lafões. En resumo:

Rexión Norte.

Trás-os-Montes e Alto Douro.

Douro.

Vila Nova de Foz Côa.

Rexión Centro.

Beira Interior Norte.

Almeida.

Celorico da Beira.

Figueira de Castelo Rodrigo.

Guarda.

Manteigas.

Mêda.

Pinhel.

Sabugal.

Trancoso.

Dão-Lafões.

Aguiar da Beira.

Serra da Estrela.

Fornos de Algodres.

Gouveia.

Seia.

Distrito de Castelo Branco

O distrito de Castelo Branco pertence á provincia tradicional da Beira Baixa (metade sur da Beira Interior), en Portugal. Limita ao norte co distrito da Guarda, ao leste con España, ao sur con España, o Distrito de Portalegre e o Distrito de Santarém e ao oeste co Distrito de Leiria e o Distrito de Coimbra. Abrangue unha área de 6675 km² (cuarto maior distrito de Portugal. Conta cunha poboación residente de 208.069 habitantes (2006), e a capital é a cidade de Castelo Branco.

Distrito de Coímbra

O Distrito de Coímbra é un distrito portugués, pertencente na súa maior parte á provincia tradicional da Beira Litoral, aínda que varios concellos da súa parte leste se reparten entre as provincias da Beira Alta e da Beira Baixa. Limita ao norte co Distrito de Aveiro e o Distrito de Viseu, ao leste co Distrito da Guarda e o Distrito de Castelo Branco, ao sur co Distrito de Leiria e ao oeste co Océano Atlántico. Abrangue unha área de 3947 km², sendo así o 12º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 436.056 habitantes (2006), e a súa capital é a cidade de Coimbra.

Fundão, Castelo Branco

O Fundão é unha cidade portuguesa no distrito de Castelo Branco, Centro e subrexión da Cova da Beira, na antiga provincia da Beira Baixa, con cerca de 8.750 habitantes.É sede dun municipio cunha superficie de 700,20 km², e 29.213 habitantes (2011), subdividido en 23 freguesías.O municipio está limitado ao norte polos municipios da Covilhã, Belmonte e Sabugal, ao leste por Penamacor e Idanha-a-Nova, ao sur por Castelo Branco, ao suroeste por Oleiros e ao oeste por Pampilhosa da Serra.

Humberto de Alencar Castelo Branco

O mariscal Humberto de Alencar Castelo Branco, nado o 20 de setembro de 1897 e falecido o 18 de xullo de 1967, foi un militar e político brasileiro, primeiro presidente do réxime militar instaurado polo Golpe Militar de 1964 . Era fillo do xeneral Cândido Borges Castelo Branco e de Antonieta Alencar Castelo Branco, da familia do escritor José de Alencar.

Idanha-a-Nova

Idanha-a-Nova é unha vila portuguesa no distrito de Castelo Branco, rexión Centro e subrexión de Beira Interior Sur, con cerca de 2.500 habitantes.

Nuno Álvares Pereira

Nuno Álvares Pereira, nado en Cernache do Bonjardim ou en Flor da Rosa o 24 de xuño de 1360 e finado en Lisboa o 1 de novembro de 1431, foi un militar portugués, tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria. Desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra o reino de Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém.

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.

Pedro Álvares Cabral

Pedro Álvares Cabral, nado probablemente en Belmonte en 1467 ou 1468 e falecido en Santarém en 1520 ou 1526, foi un fidalgo e navegante portugués a quen xeralmente se atribúe o descubrimento do Brasil, acontecido o 22 de abril de 1500.

Rexión Centro, Portugal

O Centro ou Rexión do Centro (en portugués: Região Centro) é unha Unidade Territorial para Fins Estatísticos de Nivel II (NUTS II) de Portugal, que comprende, integralmente, os distritos de Coimbra, Castelo Branco e Leiria, a maior parte dos distritos de Aveiro e Guarda, e preto dun terzo do Distrito de Santarém. Limita a norte coa Rexión do Norte, a leste co Estado español, a sur co Alentexo, a suroeste coa Rexión de Lisboa e ao oeste co océano Atlántico.

Área: 28 405 km² (31% do Portugal continental). Poboación (2007): 2 385 911 (23,6% do Portugal continental).

Está incluída na Unidade de Nível I (NUTS I) de Portugal Continental e comprende 12 Unidades de Nível III (NUTS III):

Baixo Mondego

Baixo Vouga

Beira Interior Norte

Beira Interior Sul

Cova da Beira

Dão-Lafões

Médio Tejo

Oeste

Pinhal Interior Norte

Pinhal Interior Sul

Pinhal Litoral

Serra da EstrelaA Rexión Centro comprende 100 concellos (25,2% do total nacional).

En boa parte corresponde territorialmente á antiga provincia da Beira. É xeralmente dividida en dúas grandes rexións distintas: a Beira Litoral, correspondente aos distritos de Aveiro, Coimbra, Viseu e Leiria, e a Beira Interior, que comprende os distritos da Guarda e de Castelo Branco.

Sertã

Sertã é unha vila de Portugal, situada na Beira Baixa, a 200 km a norte de Lisboa. A vila conta con 5.500 habitantes e o municipio con 17.200 habitantes aproximadamente.[cando?]

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.